Información
9463 votos

Cheo na praza da Quintana para presenciar a Xornada de Folclore Galego

Información
;Localidades de Galicia 21 Julio 2015
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Unha das citas tradicionais das festas do Apóstolo, a Xornada de Folclore Galego, volveu reunir a numeroso público na praza da Quintana para ver as actuacións dos grupos tradicionais máis recoñecidos da cidade.

O público puido cantar e bailar da man de Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar e Ultreia, nunha actividade patrocinada polo Centro Comercial As Cancelas.
Tamén este sábado arrancou a programación Artellando con dous espectáculos infantís de teatro e contacontos: A historia de Brancaflor, de Os Sete magníficos máis un, e Pan e auga? Sopas!, de Chus de Xandobela. Ao mediodía houbo unha Sesión Vermú con A Magnifique Bande dos Homes sen Medo e, xa pola tarde, outra sesión infantil con Burromaquia, de Inacio Vilariño.
Dentro de Artellando nos recunchos, a artista portuguesa Dulce Duca abraiou a máis dunha persoa co seu espectáculo de malabares sen mans, danza e linguaxe corporal, nunha proposta de recoñecido talento internacional e moi innovadora.
Artellando na noite pechou a programación do sábado coa actuación musical de Alba María na praza do Toural.