Xulio Ferreiro da plantón a Errejón e Beiras na clausura das Xornadas sobre “Procesos Constituíntes e Plurinacionalidade”

Información
;Localidades de Galicia 18 Julio 2015
  • xulioferreiroplantaaBeirasYErrejonXosé Manuel Beiras, Íñigo Errejón, Gemma Ubasart, Xabier Doménech, Marian Albiol e Ana Luisa Bouza debateron sobre “procesos constituíntes e plurinacionalidade” coa moderación de Antón Gómez-Reino.
  • Errejón sinala que o debate territorial reabre a cuestión da plurinacionalidade do Estado.
  • O acto tivo lugar hoxe sábado 18, na contorna da Praza de Mazarelos en Santiago de Compostela, no marco das xornadas organizadas por Podemos Galicia.

 

Hoxe en Santiago de Compostela rematan as xornadas sobre “Procesos Constituíntes e Plurinacionalidade” organizadas por Podemos Galicia da man de Xose Manuel Beiras e Íñigo Errejón entre outros e outras participantes, que coa súa asistencia foron quen de xerar un espazo de encontro, debate e creación de coñecemento colectivo, cara a reflexionar sobre o modelo de Estado que queremos no futuro e o papel de Galicia desde ese marco.

Abuy Nfubea, Gemma Ubasart, Ramón Gosfroguel, René Fernández, Belén Fernández, María Yañez, entre outros, foron acollidos na Facultade de Filosofía da USC, nun foro no que curiosos e simpatizantes tiveron a oportunidade de participar e interactuar cos relatores nas diferentes palestras.

Mesa “Procesos Constituíntes e Plurinacionalidade”

Na mesa de peche, o Secretario Político de Podemos e candidato nas primarias ao Congreso dos Deputado sinalou que “la crisis del complejo institucional, cultural y político que conocemos como ‘régimen del 78’ y del bloque histórico que configuró tiene diferentes líneas de fractura”. Engadeu que “sin duda, una de ellas es la territorial, que reabre la cuestión de la plurinacionalidad del Estado.”

Errejón trasladou aos asistentes que “el momento actual aparece marcado por dos fuerzas”. Por unha banda, a ofensiva das minorías privilexiadas, que parecen dar por amortizado o anterior pacto de convivencia e avanzar cara un orden máis centralista, autoritario e oligárquico. Pola outra, unha vontade de cambio político en sentido popular e democrático, de maior distribución da riqueza e recuperación da soberanía popular. Esta vontade de cambio se exprésase con fenómenos políticos, ritmos e axendas distintas, que poderían ter nun proceso constituínte un horizonte común para a refundación dun proxecto de convivencia en beneficio das maiorías sociais.

Esta segunda xornada completouse con outras mesas que tiveron lugar ao longo da mañá e da tarde de hoxe. A primeira sesión consistiu nun obradoiro de patrimonio. A continuación, falouse de “experiencias plurinacionais e postcolonialidade”. No terceiro encontro, colocouse sobre a mesa o tema “Galiza aquí e agora. Unha aproximación multidisciplinar con perspectiva técnica.”

Pola súa banda Xosé Manuel Beiras aludindo ao reto das eleccións dixo “que estamos nunha ocasión espléndida de dar un paso adiante”. Neste senso calificou o proceso como “dialóxico e dialéctico”. Falou dun diálogo para permitir un traballo conxunto, unha relación que favoreza a dinámica cara un horizonte de creba democrática”.

Pola tarde, expuxéronse as “visións de presente e futuro” poñendo o foco en Galiza e celebrouse un obradoiro de cultura e lingua, no que se falou sobre a situación actual do galego.

O programa completo das xornadas pódese consultar en: www.procesosconstituintes.gal