O espectáculo multimedia dos Fogos do Apóstolo incluirá tamén proxeccións sobre o Pazo de Raxoi

Información
;Localidades de Galicia 16 Julio 2015

 1437045518image 0001O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o director de Estratexia e Desenvolvemento de Negocio Acciona Producciones y Diseño, Javier Sánchez, presentaron os Fogos do Apóstolo. Nesta edición, as proxeccións repartiranse entre a Catedral e o Pazo de Raxoi, combinadas coa música e a pirotecnia para crear un espectáculo envolvente. Este ano, o fío condutor será a celebración da declaración de Santiago de Compostela como cidade Patrimonio da Humanidade, da que se cumpren 30 años. A principal novidade desta edición é que o espectáculo ocupará diferentes espazos da praza do Obradoiro xerando unha sensación envolvente, xa que as proxeccións multimedia mostraranse sobre as fachadas da Catedral e do Pazo de Raxoi. Ademais, haberá diferentes xogos lumínicos e pirotécnicos noutros espazos da praza, coma o Hostal e o Reitorado.

O espectáculo comporase de sete escenas a través das que se amosarán tradicións arraigadas na cultura galega, elementos icónicos do Camiño de Santiago, e percorreranse os lugares máis emblemáticos da cidade, que levaron a que, hai 30 anos, a UNESCO declarase o casco histórico de Santiago de Compostela como Patrimonio da Humanidade.

Será un espectáculo multimedia no que se empregarán técnicas audiovisuais punteiras coma o warping (proxección de imaxes sobre edificios  aproveitando os seus relevos), efectos especiais, pirotecnia e música. Este ano, o elemento humano cobrará maior importancia e formarán parte da posta en escena un pernilongo que percorrerá a praza, unha banda de gaiteiros e outros músicos que interpretarán en directo a banda sonora do espectáculo.

Esta edición dos Fogos do Apóstolo terá carácter inmersivo, coa utilización, por primeira vez, de varios espazos da praza do Obradoiro dende os que se combinarán proxeccións, efectos lumínicos, xogos pirotécnicos e músicos reais que permitirán ao espectador desfrutar dun escenario de maior amplitude e vivir unha experiencia en 360º. Dáse así unha solución ao problema que supoñen as obras de recuperación da fachada de la Catedral, que obrigan a minimizar as proxeccións sobre a mesma pola dificultade que entraña a lectura de imaxes sobre a estada.

Durante o espectáculo alternarase o protagonismo do fogo e os elementos pirotécnicos con proxeccións sobre as fachadas da praza, que exercerán como pantallas sobre as que emerxerán efectos tridimensionais. Para iso, instalaranse 11 proxectores de vídeo de 22.000 lumens cada un, 36 proxectores móbiles de luz, 6 torres de son envolvente cunha potencial total de 100.000 W e case 5.000 artefactos pirotécnicos.