Foto presentación denuncia Fiscalía 10.07.2015A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta denuncia ante a fiscalía ao
conselleiro de Facenda, ao director xeral de Función Pública e á presidenta do
tribunal dunha oposición polas irregularidades cometidas que poderían ser
constitutivas dos delitos de prevaricación e desobediencia.

Esta
denuncia prodúcese con relación á repetición dun exercicio da oposición da Xunta
de Inspección de Turismo convocada en 2001. Este exercicio repetiuse, 14 anos
despois
, o pasado 17 de xuño, por mandato dunha sentenza do Tribunal Supremo
ante as graves irregularidades acaecidas no desenvolvemento do 4º exercicio.
Aínda que a sentenza é de 2009, non foi ata 2015 cando a Xunta a executa, unha
execución rodeada de novas irregularidades e que a Administración autonómica se
resistiu por máis de 5 anos a levar a cabo ata que houbo un apercibimento de
imposición de multa coercitivas sobre a persoa do director da Función Pública.
Finalmente, trala publicación do resultado do exame, o pasado 3 de xullo,
comprobamos que non se executou nos termos que obrigaba a sentenza.

O de
que non pensaban executar a sentenza nos termos obrigados pola Xustiza era un
segredo a voces en San Caetano tal que un aspirante presentou un acta notarial
uns días antes na que clavaba o número de aprobados (6) e máis a metade dos
nomes das persoas que superarían ese cuarto exame (3).

Algunhas destas
irregularidades foron: a cobertura de únicamente o 50% das prazas convocadas en
contra do indicado pola sentenza, algo inédito na historia dos procesos
selectivos da Administración autonómica, a coincidencia dos aprobados con
persoas que prestan ou prestaron servizos no centro directivo competente en
materia de Turismo ou a designación política do tribunal calificador da
proba.

Para a semana, a Xunta de Persoal ten previsto acudir ao
Parlamento
para poñer o caso en coñecemento dos grupos parlamentares da
oposición co obxecto de que esixan as responsabilidades políticas pertinentes,
entre elas, consideramos que a dimisión do actual director xeral da Función
Pública
.

Todos estes acordos foron tomados por unanimidade no
Pleno extraordinario da Xunta de Persoal
dos Servizos Centrais da Xunta de
Galiza que tivo lugar o 9 de xullo dada a gravidade da situación e ante o
requerimento de varios aspirantes deste proceso selectivo que pertencen aos
servizos centrais e en cumprimento das súas funcións de velar polo cumprimento
da legalidade vixente, máxime en cuestións de emprego público.

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamañoCreado
Descargar este archivo (2015.07.10.Denuncia.Fiscalía.XP.Turismo.pdf)2015.07.10.Denuncia.Fiscalía.XP.Turismo.pdf 572 kB2015-07-10 15:40

Google admite espiar audio masivamente y APEDANICA lo denuncia penalmente al Juzgado Central

Al Juzgado Central de Instrucción de la Audiencia Nacional Denuncia en...

Oficina de Control de la Magistratura OCMA investigó a jueces que favorecieron a César Acuña

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Sueño de una noche de verano en el Teatro Arlequín 13.7.19

Sueño de una noche de verano en el Teatro Arlequín...

CONVOCATORIAS INDEBIDAS DE CARGOS DISCRECIONALES POR EL ACTUAL CGPJ

En consonancia con lo acordado en el 34º Congreso de...

Convenios internacionales de universidades públicas esconden presuntos fraudes en el Perú

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

DICTAMEN sobre VIDEOVIGILANCIA del Banco de Santander sin vídeo en CAUSA CON PRESO EN PRISIÓN PREVENTIVA Dr. (PhD) Migue…

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Historia clínica de fallecidos debe proporcinarse a los hijos inmediatamente

Al Juzgado de 1ª Instancia de Madrid (DEMANDA) SOLICITANDO MEDIDA CAUTELAR...

Otros articulos relacionados.....