Sempre con Nós, ENRIQUE

Este sábado, deixounos para sempre o noso compañeiro e amigo Enrique Casanova. Como non podía ser doutro xeito nel, fíxoo ao pé do canón, traballando polo noso país na extinción dun incendio forestal en Guntín. Todas/os as/os que tivemos a fortuna de coñecelo, sabemos da súa irreparable perda tanto para a nosa organización como para a nosa nación.

Situacións coma esta fan que o noso compromiso medre e na nosa memoria sempre estea presente o compañeiro Enrique. Nunca poderemos esquecer bos e malos momentos pasados ao seu carón desde hai moitos anos pero a realidade fai que teñamos que lembralos para sempre cun sorriso entre dentes como o que el acostumaba a agasallarnos a cotío.

Hoxe é día de choralo pero a partir de mañá, a mellor homenaxe que lle podemos tributar desde a CIG é a de seguir loitando pola mellora das condicións de traballo de todas e todos os traballadoras/es galegas/os. Coa dor que dá unha irreparable perda, mantemos en pé a bandeira de seguir loitando por unha Galiza ceibe e sen explotación.

Sen esquecer nestes duros momentos a toda a súa familia, á que abrazamos con cariño:

Sempre estarás con nós, Enrique.

DESDE A CIG CONVOCAMOS A TODAS AS PERSOAS TRABALLADORAS DA XUNTA DE GALIZA PARA GARDAR UN MINUTO DE SILENCIO DIANTE DOS CENTROS DE TRABALLO AS 12H DO LUNS 29 DE XUÑO

Nota: os actos de acompañamento terán lugar o luns 29 ás 18h da tarde na capela do tanatorio (Velatorios Lucenses) e o enterro ás 18:30h no cemiterio parroquial de San Xián de Rubiás (Lugo).


Falta de medios para a loita contra os incendios forestais no Condado-Paradanta

A CIG denuncia a falta de medios para a loita contra os incendios forestais no distrito forestal XVII, o Condado-Paradanta. O persoal laboral deste distrito forestal estaba recibindo formación, mentres os seus montes estaban a ser debastados polas lapas.

Nula organización dentro do centro de traballo, é decir, falta de previsión por parte da Xefatura do Distrito Forestal XVII. O Condado – Paradanta, e dos seus superiores xerárquicos, Xefe do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais máis Xefe Territorial de Pontevedra da Conselleria do Medio Rural e do Mar, foi suficiente para que o Xoves, 25 de Xuño de 2015, tivesen que desprazarse brigadas e motobombas de outros distritos forestais, tanto de Pontevedra coma de Ourense, ata a comarca de Ponteareas a traballar en labouras de extinción de incendios forestais, dado que na citada comarca de Ponteareas non había medios humáns NINGÚN para facerlle frente aos incendios que estaban debastando o monte.

A CIG, constata que no momento en que os medios de extinción máis próximos a comarca de Ponteareas chegaron as inmediacións do incendio forestal para o cál foron chamados, xa iban queimadas máis de 2 hectáreas.

A CIG, demanda sensatez aos responsábeis de Medio Rural e do Mar, para que o persoal laboral teña que recibir formación de cara a prestar un mellor servizo, noutra época do ano, onde as condicións climatolóxicas sexan as axeitadas, é decir, con un índice de risco diario baixo.

Dado as altísimas temperaturas que estamos a sufrir na zona do Baixo Miño, non é de recibo que a totalidade do persoal que ven a loitar contra o lume do Distrito Forestal de Ponteareas teña que ser desprazado da súa comarca para recibir formación, polo que a CIG insiste na necesidade de mantér operativo con todos os medios posibles, as diferentes comarcas do Distrito Forestal XVII de Ponteareas, deixando para outra ocasión a formación dos traballadores.

A CIG pon en coñecemento da opinión pública, que o acontecido o pasado Xoves, 26 de Xuño na comarca de Ponteareas, pode chegar a acontecer en calquer Distrito Forestal da provincia de Pontevedra, xa que tódolos traballadores e traballadoras do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais deberán ter acreditado o curso de formación para o cál están sendo convocados.


Borrador do temario para oposicións de persoal veterinario

A Dirección Xeral da Función Pública achéganos borrador do temario para o proceso selectivo do corpo de veterinarios e veterinarias, dándonos un prazo ata o xoves 2 de xullo para que presentemos as nosas alegacións. Podes enviarnos as túas consideracións ao correo institucional da CIG-Autonómica, en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

A comunicación de Función Pública non especifica se o temario corresponde coa oferta do 2014 (6 prazas), do 2015 (47+1 de consolidación), ou ambas ofertas. Tampouco temos mais información que a manifestada polo Director de Función Pública fai un mes, que se limitaba a afirmar que "a programación" se aprobaría en xuño (algo xa incumprido), e que o primeiro exame non sería antes de abril do 2016. En canto haxa novas, informaremos.

Descargar borrador dos temarios.

Rosa Quintana gasta el dinero de personal de incendios en ...

pladesemapesga.com/Article52018.phtml
4 abr. 2015 - Pladesemapesga denuncia a la Xunta por la contratación irregular de ... La Xunta vende por 12 millones sus dos helicópteros de rescate
  • Mar Sánchez Sierra adjudica millons de euros para presuntamente preparar sua recolocación tras ser expulsada da Xunta nas eleccions autonómicas.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    Mar Sánchez Sierra adjudica millons de euros para presuntamente preparar sua recolocación tras ser expulsada da Xunta nas eleccions autonómicas. As decenas de millons de euros públicos e europeos que Mar Sanchez Sierra "tira-regala en forma de adxudicacións publicitarias literalmente no peto das editoriais " cantidades de fondos públicos e europeos que podría sobrepasar o millón de euros por editorial, estarían enfocadas a súa recolocación tras ser expulsado o PPdeG da Xunta e consecuentemente da multitud de cargos a dedo que lle regalou Feijóo, perdendo tamén a multitud de viaxes institucionais por todo o Mundo que se nega a explicar quen os paga e en condición de que acompañando a Feijóo as 24 horas do día nos que asisten a comilonas de empresarios e viaxan en avión privado " é o que mais dor lle pode causar e a perda de como alto cargo do PPdeG..+. Retegal.+, AMTEGA..+, Secretaría de Medios..+,EXPOURENSE-FORO DE LA COMUNICACIÖN..+, CONSELLO ASESOR AUDIOVISUAL GALICIA..+, Porto de A Coruña...+, Directora de Comunicación Partido Popular de Galicia..+, Fundación Camilo José Cela..+, é responsablidade da imaxen das webs www.ppdegalicia.com y www.feijoo.gal del PP de Galicia e a multitude de viaxes gratis a Madrid..+  O[…]

CITA CON EL RECUERDO PARA VOLVER AL PASADO

Por José Antonio Sierra CITA CON EL RECUERDO es un...

La compañía eléctrica que merecemos para nuestro hogar y negocio

La correcta gestión de los recursos que disfrutamos a diario...

¿Cuáles son los servicios que están más en auge en internet?

Trabajar con especialistas es indispensable en todas las áreas de...

Proponen que el Aula de Mayores de la UMA también vaya a La Térmica

El Consejo Social de la Universidad y las federaciones Cívilis...

La Unión de Guardias Civiles –UniónGC– denuncia a los CDR.

 JOSÉ PIÑEIRO GONZÁLEZ  - 13 Nov 2019 - 08:59 CEST Archivado en: Gobierno | Política   La organización profesional también...

5 alternativas al amigo invisible para jugar en la oficina

 Se acercan las Navidades y, con ellas, la época de...

Tienen un plan contra España.

05 Nov 2019 - 20:18 CEST   Archivado en: Partidos Políticos | Política   Nacionalistas, comunistas y bastantes socialistas...

«Si tu mal tiene remedio, ¿por qué te afliges? Y si no lo tiene, ¿por qué te afliges?» No os aflijáis en vano. AUGC Vale…

JOSÉ PIÑEIRO GONZÁLEZ  - 05 Nov 2019 - 19:38 CEST   Florencio Garrido , tercero por...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi