Dende a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia cuestionamos a aplicación dos protocolos de activación dos servizos profesionais de bombeiros por parte do 112, por supoñer unha demora na súa activación ou mesmo a súa ausencia en emerxencias nas que poden resultar vitais para a seguridade e vida dos afectados.

Segundo comunicaban nunha nota de prensa previa os compañeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento do Deza e Tabeirós - Terra de Montes, o seguimento dos protocolos de activación de medios do 112, dependente da AXEGA, propiciou que non fosen alertados do accidente ocorrido o pasado 4 de novembro na parroquia de Prado, no concello de Lalín. Remarcaban entón que a localización do sinistro era a 2 quilómetros do parque, e que provocou a evacuación de dúas persoas con diversos traumatismos.

Si se mobilizou pola contra ao GES de Lalín, grupo situado a aproximadamente o triplo de distancia e non equipado para intervir no caso de ser precisa excarceración. É evidente que o tempo é unha cuestión prioritaria en caso de accidente, e dispoñendo dos medios profesionais para a atención da emerxencia, o razoable é cando menos activalos para minimizar consecuencias, e non obvialos para dotar de función a un corpo inventado ad hoc no seu día, en contra da homoxeneización propugnada pola lei 5/2007 de Emerxencias de Galicia.

Esta situación volve a por en cuestión (como vimos facendo dende a MIB recollendo unha situación xeneralizada en todo o país) o modelo de xestión das emerxencias en Galicia, nas que non só non se xestionan ben os medios profesionais nin as necesidades de persoal, se non que incluso leva a que se infrautilicen e se obvien os dispoñibles, en detrimento da seguridade da cidadanía.

Curiosamente, na edición de O Faro de Vigo de hoxe, venres 13, dende a AXEGA defenden que avisan aos bombeiros tras valorar se é precisa a súa intervención. Sen embargo, é evidente que dende a sala 112 a información da que dispoñen é unicamente a que se lles transmite nas alertas, que pode ser mais ou menos completa ou confiable, e que un previsión optimista das necesidades leva a unha demora na atención necesaria e un agravamento das consecuencias, con posibles implicación mesmo para a vida dos afectados. Non non é viable polo tanto agardar a unha avaliación in situ por parte de outros intervenientes previa á activación dos medios profesionais de rescate. O principio de precaución obriga a activar os medios que previsiblemente poden ser precisos nun accidente de tráfico, con independencia de que poida graduarse a urxencia ou gravidade da alerta en función dos datos dispoñibles. Non se sustenta tampouco a escusa tendo en conta que si consideraron preciso mobilizar a un servizo ao que a priori lles outorgan similares funcións e que se atopa a maior distancia do sinistro.

Non se trata polo tanto dun caso puntual ou illado, senón dunha práctica relativamente común que ten dado lugar a situacións graves, con consecuencias importantes para os bens e mesmo para a seguridade e vidas dos nosos veciños. Non cabe polo tanto escusa para esta fuxida cara adiante por parte do organismo que precisamente debera velar por dar impulso á lei que lle deu nacemento, e que ten a competencia de organizar e coordinar axeitadamente e da forma mais efectiva os servizos de bombeiros profesionais dispoñibles, como tampouco debera caber para os políticos responsables de aplicala e facela aplicar, que seguen a ignorar as nosas peticións de de establecer un mesa na que debater e solucionar esta e outras eivas da xestión das emerxencias en Galicia.

Por todo isto, e por entender que a atención ás súas reivindicacións redundaría unicamente no beneficio dos veciños aos que serven, dende a MIB apoiamos a petición dos compañeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento do Deza e Tabeirós - Terra de Montes.{jcomments on}

¡COÑO, EL TEJERO! / JOAN LLOPIS TORRES

Días atrás, me quejaba yo de que en estas páginas...

TERRORISMO Y SECESIONISMO (De mu puño y tecla)

Posiblemente, en opinión de un amplio colectivo de ciudadanos, calificar de...

A contracorriente. El himno español de Marta Sánchez. Enrique Arias ­Vega

Como todo el mundo sabe, el himno español no tiene...

RAJOY Y SU EXTRAÑO ABANDONO DE LA POLÍTICA (De mi puño y tekla)

Hace escasos meses, en diversas ocasiones y cuando el auditorio...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi

  Guía de Empresas Españolas. Guía de Empresas Españolas      Noticias de empresas en Xornal Galicia...+. Noticias de empresas en Xornal Galicia...+     Guía de Empresas Españolas. Empresas o Personas en el BORME         Guía de Empresas Españolas.  Turismo de Galicia

Blogspot Agencia Noticias AI    -  Blogspot Xornal Galicia  -     Blogspot Pladesemapesga  -  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Aceso a Socios (+)  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Unirme desde la Web (+)    -  © Xornal Galcia, 2013 -  Síguenos en Google Noticias.+
banners

www.pladesemapesga.com  - www.actualidadiberica.com  - www.accionytransparenciapublica.com - www.xornalgalicia.com  - www.xornaldegalicia.es  - www.xornalgaliciasur.com  - www.xornalgalicianorte.com -  - www.diariomaritimo.com   - www.redacuicola.com www.redacuicultura.com 

Wayback Machine es un servicio y una base de datos que contiene copias de una gran cantidad de páginas o sitios de Internet. Si por alguna razón este sitio no está disponible momentáneamente o por orden judicial o ha sido borrado del servidor de origen, es posible consultar una réplica vía "Wayback machine".  Wikipedia- saber más.+

Este diario tiene copias de seguridad históricas desde el año 2002 almacenadas en www.web.archive.org  y en www.archive.is  Bajo licencia GNU para su libre consulta y disposición. Mapa web.+

  © Copyright R.L. 2012/016402 Nif G-70321807 Impreso D.L: C 47-2015 -Directiva Europea de Privacidad Legal UE.(+)