XSG: “Rajoy é o mecenas dun patriarcado totalmente institucionalizado e alentado polos seus intereses retrógrados”

As Xuventudes Socialistas consideran un ataque ós dereitos de todas as mulleres o feito de que o TC avale a negativa dun farmacéutico de ter á venda a pílula poscoital

Dende a Organización xuvenil denuncian que se antepoña a obxección de conciencia ao cumplimento dun dereito básico, facendo do seu acollemento ideolóxico unha demostración máis da súa teima para tutelar os corpos das mulleres

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2015

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) tachan de inxustificado que o Tribunal Constitucional avale o dereito á obxección de conciencia dun farmacéutico de Sevilla que se negou a dispensar no ano 2008 a coñecida como “pílula do día despois”, segundo una sentenza feita pública esta semana.

Tal e como vén de afirmar o Secretario Xeral da Organización, Aitor Bouza, “asistimos novamente a un ataque frontal á dignidade das mulleres, posto que esta sentenza vulnera un dos dereitos máis esenciais: a plena decisión sobre os seus corpos”, asegurando tamén que “é intolerable que dito tribunal afirme que o dereito desta muller á saúde sexual e reprodutiva non se viu afectado coa súa resolución”.

Non obstante, o TC rexeitou outro motivo de amparo plantexado polo mesmo farmacéutico, que tamén se tiña negado a vender preservativos no seu establecemento. Bouza sinalou que “a discriminación do xénero feminino chega a sobrepasar todos os límites do sentido común, ao consideraren que no caso dos preservativos non existe ningún conflito de conciencia con relevancia constitucional”.

As mozas e mozos socialistas ven reflictido nesta sentenza “o machismo estrutural que se mantén soterrado e normalizado, auspiciado polas políticas do Partido Popular”. “Mentras sigan a gobernar os mecenas dun patriarcado totalmente institucionalizado e alentado polos seus intereses retrógrados, continuaremos vendo estes ataques aos dereitos de todas as mulleres”, afirmou o Secretario Xeral

A Organización concluíu aseverando que “nos manteremos firmes ante as discriminacións por causa de xénero, especialmente aquelas que afectan ás rapazas máis novas, pois só desde unha plena crenza nunha sociedade igualitaria se pode facer fronte a estas ofensivas e loitar para que se erradique dunha vez por todas este machismo rancio e decrépito”.

APEDANICA pide al Ministerio de Defensa todo sobre el criptosistma TrueCrypt

CRIPTÓLOGO Dr. (PhD) Miguel Gallardo Tel.  902998352 Email apedanica.ong@gmail.com Asociación APEDANICA...

CNI e INCIBE deben publicar datos y costes de descifrar para el Juzgado

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

REVERENDO & THE NEW PREACHERS + LA GUERRERO en El Junco 5.9.19 RESEÑA en www.miguelgallardo.es/reverendo.pdf

Comentada en https://twitter.com/miguelgallardo/status/1169902496539561984 El Reverendo es…. inefable, es decir, que no...

DEFICIENTES CONTROLES ESTATALES EN SUS PROPIOS MODIFICADOS DE OBRAS ENTRE 2014-2016

 Preocupante el Informe nº 1328, del Tribunal de Cuentas, respecto...

Concierto benéfico "Música contra la Corrupción"

Ilmo Sr. D. Alfredo Canteli. Alcalde de Oviedo    Nos dirigimos a...

Inmigración ilegal, derechos humanos

Sánchez Fornet 28 de agosto de 2019 Un náufrago tiene que ser...

Mar Sánchez Sierra CONVIERTE LA PRESIDENCIA DE LA XUNTA con su cargo y acciones en una pirámide de acoso judicial, persecución institucional, amenazas y coacciones utilizando altos cargos de la Xunta contra Miguel Delgado Director de Xornal Galicia y Presidente de Pladesemapesga.


Otros articulos relacionados.....