A Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública ante a información de que o SERGAS pretende destinar á Cidade da Xustiza de Vigo a Torre do edificio do antigo Hospital Xeral de Vigo xunto co Anexo II do mesmo, queremos comunicar:

1.- Que a superficie da Torre, de 36.717 metros cadrados, é máis que suficiente para cubrir as necesidades da Cidade da Xustiza,  xa que excede en 10.000 m2 aos edificios actuais dos xulgados, polo que non precisa utilizar o Anexo II. Sabemos tamén que a Xunta contempla destinar o devandito Anexo a aparcamento en altura (un bo negocio para as concesionarias privadas afíns, pero que aumentaría o deterioro e degradación urbana da zona).

2.- Consideramos que a atención sanitaria do área de Vigo precisa adicar a uso sanitario os Anexos I (12,672 m2) e II (8,022 m2), para situar neles servizos moi necesarios: Un potente Servizo de Urxencias Extrahospitalario vinculado a un Centro de Alta Resolución; manter o Bloque Cirúrxico xa existente no Anexo II para Cirurxía Minimamente Invasiva; manter o Bloque de Consultas Externas e os Gabinetes de Exploracións e Probas Funcionais para mellorar a accesibilidade dos pacientes e reducir as listas de espera; abrir un novo Centro de Atención Primaria que remate coa masificación dos actuais; manter o Servizo de Rehabilitación; trasladar o Centro de Orientación Familiar; e crear unha Unidade de Saúde Mental que substitúa ás pechadas na Dobrada e Coia.

O Anexo I é o edificio que da á rúa Pizarro (recientemente construído e onde se situaba oncoloxía, rehabilitación,  otorrino etc.)  . O Anexo II  dá a rua Pai Feijóo onde se situaba o servizo de urxencias e toda a zona de consultas incluídos quirófanos esterilizacion  e o salón de actos. O Anexo II quérese converter nun aparcamiento polo que seria  preciso demoler todo o que está agora construído (en perfectas condicións de uso), algo intolerable tendo en comta a falta de equipamiento sanitario

Dende a nosa Asociación esiximos que se manteña o uso sanitario dos Anexos I e II do antigo Hospital Xeral, especialmente tralos recortes introducidos no Novo Hospital pola Concesionaria coa complicidade do SERGAS, o peche de dispositivos no Hospital Meixueiro, Hospital Municipal e os centros de Coia e a Dobrada, e o abandono de servizos básicos para a área pola actual Consellería, que incrementaron o deterioro sanitario e afastan á poboación dos servizo asistenciais.

Para facer fronte á indignación social pola privatización e desmantelamento dos servizos sanitarios a Xunta pretende agora utilizar o señuelo de trasladar a Nova Cidade da Xustiza ao antigo Hospital Xeral, pero a costa dos espazos para servizos sanitarios que Vigo necesita con carácter urxente.

A pregunta do millón¿quen sae beneficiado de perpetuar os déficits sanitarios en Vigo e a súa área”?

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

Estrella Galicia explota el potencial de la inteligencia artificial

El desarrollo de la Inteligencia Artificial (IA) toma cada vez...

El mejor tarot telefónico de España

Puede que te encuentres en la búsqueda de la mejor...

The Chieftains actuará en el Teatro Cervantes de Málaga

El Círculo Cultural Irlandés de Málaga incluye entre sus fines...

Residencia de mayores CONCESOL deniega historia clínica de fallecida a un hijo ilegalmente

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Ideas para decorar, desde hormigón impreso hasta luces LED

El hogar es un espacio de refugio para las personas...

Un abogado especializado para hacer frente a cualquier conflicto familiar

En el día a día, nos exponemos a situaciones y...

Salud y Belleza

Dos aspectos que muchas veces están muy relacionados. En cada época...

Estrategias y herramientas de marketing digital para una tienda online

El marketing digital es un concepto fundamental que cualquier tienda...

Otros articulos relacionados.....