“Os medios públicos agochan as siglas cando hai un caso de corrupción que afecta ao PP”, asegura a deputada socialista María Quintas

O PSdeG lamenta tamén “a censura política” dos telexornais nas manifestacións do 1º de maio

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2015. Os socialistas galegos lamentaron hoxe a ausencia de “dinamismo e pluralidade crítica” nos servizos informativos da Televisión de Galicia, derivada do control político dos medios públicos por parte do Partido Popular.

En resposta a unha comparecencia en comisión do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, para presentar o informe de xestión do medio público no ano 2014, a deputada socialista María Quintas denunciou unha vez máis que “os telexornais agochan as siglas cando hai un caso de corrupción que afecta ao Partido Popular”.

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG acusou ao director xeral do ente de ofrecer “información sesgada e cómplice coas directrices” marcadas polo gabinete do presidente da Xunta con relación aos casos de corrupción do PP e do goberno galego.

“O control político marcado polo presidente da Xunta a este ente o ten convertido nun medio decadente ao servizo do goberno, que nin informa, nin entretén nin é competitivo”, engadiu, “volvendo aos peores tempos da manipulación informativa”.

Os socialistas denuncian tamén que o PP non demostra ningún interese en cumprir coa Lei dos Medios Públicos de Comunicación, aprobada a finais de 2011. Demóstrase mais interesado, engadiu Quintas, en “deixala morrer pouco a pouco e reducila á mínima expresión”.

O resultado desta manipulación e a constante perda de calidade na súa programación ten provocado a caída da audiencia dende o 15,5% acadado en 2008 a tan só o 10%. Mentres, diminúen os seus ingresos por publicidade, reducen a produción propia e encetan un ERE encuberto deixando sen cubrir as xubilacións de persoal e reducindo as contratacións.

Na mesma comisión, a deputada socialista Concepción Burgo denunciou “a censura” nos telexornais das manifestacións do pasado 1 de maio, “obviando a presenza nas mobilizacións do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e outros cargos do partido”.

Mr. Moon de Snowapple en Café Berlín el 15.8.19

RESEÑA en www.miguelgallardo.es/snowapple.pdf      Comentada en https://twitter.com/miguelgallardo/status/1162146318699159553 Si se tuviera que resumir en dos palabras el...

Empresas contratadas por Google para transcribir audio espiado deben conocerse pese a contratos confidenciales ilegales

Juzgado Central de Instrucción 3 de la Audiencia Nacional  Diligencias Previas...

Los policías liberados sindicales, ¿son corruptos?

Archivado en: Política Analizar la historia siempre es aprender un poco. La...

¿Quieres ser un ganador nato en CodyCross?

Existen portales web que te dan las respuestas para completar...

Te contamos los beneficios de los cursos homologados online

Durante los últimos años la calidad del empleo ha sufrido...

La extraña pareja ESTRENO en Teatro Amaya 19.7.19

RESEÑA en www.miguelgallardo.es/la-extrana-pareja.pdf     Comentada en https://twitter.com/miguelgallardo/status/1152522864345718784  ¿Es distinto el humor masculino del...

La Guadaña ha emitido su número dos. Resultados electorales en las elecciones sindicales en la Policía. Por José Manuel …

Perfil de sanchezfornet   José Manuel Sánchez Fornet @sanchezfornet       Tweets José Manuel Sánchez Fornet @sanchezfornet Polic. Nal...

Paul Anka en el Teatro Real de Madrid el lunes 15.7.19

Paul Anka en el Teatro Real de Madrid el lunes...

Otros articulos relacionados.....