As traballadoras e os traballadores de El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa, DxT Campeón e Diario de Bergantiños volvían este martes á folga en demanda do cobro dos seus salarios, por unhas condicións laborais dignas, contra os despedimentos e para reclamar á empresa (Editorial La Capital) un plan de viabilidade que garanta a continuidade dos empregos e a existencia de cada un dos xornais que edita.

Traballadoras/es de El Ideal Gallego realizaron hoxe un reparto pola zona do Obelisco da Coruña para informar da súa situación laboral.

Esta é a oitava xornada de folga que realiza o persoal do grupo Editorial La Capital (a décima no caso do Diario de Arousa) neste 2015 e o segundo paro en menos de tres días, pois o pasado domingo 20 de decembro, coincidindo co proceso de eleccións xerais, os traballadores e traballadoras tamén estiveron en folga.

Mais nin a convocatoria de folga en dúas datas tan relevantes para os medios de comunicación, como as eleccións xerais ou o sorteo da lotaría de nadal, levaron á dirección da empresa a abrir unha vía de diálogo na procura de resolver os problemas laborais e salariais que se veñen arrastrando dende hai anos.

Pola contra, a empresa persevera na súa “desastrosa xestión” e na actitude inmobilista habitual, non garantindo o pago das nóminas adebedadas (setembro e outubro), nin o seu abono regular, a fin dos despedimentos ou a presentación dun plan de viabilidade “que minimice a total incerteza que pesa sobre todos e todas nós e as precarias condicións nas que estamos traballando”.

A representación do persoal denuncia que até o momento, e logo da aplicación de dous EREs consecutivos de redución de xornada, as únicas medias que a empresa soubo aplicar foron os “recortes de persoal a través dunha política de despedimentos mesquiña e rastreira”. Pero o máis indignante, engaden, é que a compañía está a destinar os cartos dos salarios que non paga "para afrontar as indemnizacións por despedimento dos compañeiros e compañeiras que bota á rúa".

Cómpre lembrar que nos últimos meses houbo dous despedimentos no Diario de Arousa, cinco no Diario de Ferrol e un en El Ideal Gallego, deixando os cadros de persoal das distintas cabeceiras en condicións moi precarias para sacar adiante os xornais coa calidade e o rigor informativo que se espera da prensa. De feito, no Diario de Arousa un departamento básico como o de fotografía fica cun só membro, “e polo tanto directamente sen fotógrafos/as cando este traballador estea de vacacións ou nos seus correspondentes días libres”.

Así as cousas, os traballadores e as traballadoras continuarán incansábeis a loita pola defensa dun traballo digno, aínda as manobras da empresa tentando boicotear cada unha das convocatorias de folga.

 

Ver tamen;

 

CORRUPCIÓN INFORMATIVA Y ÉTICA DEL PARTIDO POPULAR: Feijóo y Rosa Quintana deciden "en función de lo que publican" que medios decomunicación cobran y los que nó

Foto; Pastora Charlin, Xefa de Prensa de Rosa Quintana, se agencia dinero público de la Xunta (campaña publicitaria, http://deondesenon.xunta.es/es/ ) para una página web que gestiona ella misma, aparte, subvenciones de la Diputación de Pontevedra por más de 80 mil euros al año..Ver anuncio; http://www.canalriasbaixas.com/index.php/component/search/?searchword=pastora%20charlin&searchphrase=all&Itemid=789

Na actualidade forma parte do equipo de redactores de TVSB CANAL RÍAS BAIXAS, tamén guioniza vídeos sectoriáis e institucionáis e se encarga da supervisión desta páxina web

http://www.canalriasbaixas.com/index.php/component/k2/item/86-Pastora%20Chargo

El Gobierno de Feijóo (PP), inserta campañas publicitarias a través de medios locales utilizando para ello convenios sin concurrencia pública, o lo que es lo mismo, por designación "caprichosa directa".

Conflictivo trabajo de Pastora Charlin "Xefa de Prensa de Medio Rural e do Mar": decidir en qué medios pone publicidad la consellería "dinero público" al ser su responsable de Comunicación; O lo que es igual en qué medios el PP al ser quien gobierna la Xunta y en qué medios se reparte la tajada subvencionista

 

Ideas para decorar, desde hormigón impreso hasta luces LED

El hogar es un espacio de refugio para las personas...

Un abogado especializado para hacer frente a cualquier conflicto familiar

En el día a día, nos exponemos a situaciones y...

Salud y Belleza

Dos aspectos que muchas veces están muy relacionados. En cada época...

Estrategias y herramientas de marketing digital para una tienda online

El marketing digital es un concepto fundamental que cualquier tienda...

El proceso contable en la empresa

El proceso contable en la empresa es un factor imprescindible...

La acusación dice que Toni Pérez pretende invalidar pruebas por posible acoso laboral

 Toni Pérez. Foto: PEPE OLIVARES.  22/05/2019 -  BENIDORM, (EFE). La acusación contra el...

Otros articulos relacionados.....