A deputada lembrou que o BNG denunciou, de maneira reiterada, os “escándalos” da Fundación Cela a costa do erario público e agora a Fiscalía corrobora estas denuncias.

Manter a Dositeo Rodríguez no Consello de Contas é “unha indecencia” e un descrédito para este organismo.

Ana Pontón

Ana Pontón

Pleno.- A deputada do BNG, Ana Pontón formulou unha pregunta ao Goberno sobre a investigación xudicial en relación coa xestión da Fundación Camilo José Cela á que , “Feijóo regalou dous millóns de euros de todos e todas as galegas”.

A parlamentaria principiou a súa intervención amosando o auto no que o Ministerio fiscal, en relación co ex-xerente da Fundación Cela, Tomás Cavanna, asegura que non foi despedido senón que el mesmo solicitou o seu cese nunha reunión celebrada o 30-11-2009, xuntanza na que entre outras persoas se atopaban: Marina Castaño, Jesús Vázquez Abad, Roberto Varela Fariñas e Dositeo Rodríguez.

Ana Pontón pide a dimisión de Dositeo Rodríguez no Consello de Contas “por decencia”

Para a deputada, manter a Dositeo Rodríguez no Consello de Contas é “unha indecencia e descrédito para este organismo” polo que pediu a súa dimisión por pertencer ao Padronato da Fundación e membro do organismo que debe fiscalizar as contas da Fundación.

A Fiscalía define a carta de despido como “esperpento xurídico” e afirma que foi escrita polo propio Cavanna. Para máis inri dixo a deputada, foi pactada unha indemnización por 150.000 euros procedentes de fondos públicos e “cun trato fiscal de dietas para non pagar retencións”.

Ana Pontón

Ana Pontón

A Fiscalía, engadiu, cre que estamos ante un caso de “malversación de fondos públicos” e imputa a Marina Castaño, a Tomás Cavanna, Luís Delso, Covadonga Rodríguez e a Dositeo Rodríguez.

Ante estes feitos, o BNG quer saber se a Xunta considera que está a reforzar a credibilidade do Consello de Contas manter a un membro imputado por malversación de fondos públicos, se é legal o nomeamento de Dositeo Rodríguez no Consello de Contas ao tempo que forma parte do Padroado dunha Fundación pública que debe auditar e que, “ademais dirixe a súa propia filla” e se o Partido popular que defende que cargos públicos dimitan polos seus comentarios nun twet qué vai facer con persoas acusadas pola Fiscalía de “malversacións de fondos públicos, estafa, apropiación indebida, e fraude fiscal”.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez respondeu á deputada que a Fundación naceu no ámbito privado para defender o legado de Camilo José Cela e o mantemento dese legado fixo que a administración pública  o asumira. Román Rodríguez asegurou que o coste era “descomunal” e cando se produciu  a asunción pública tamén se elaborou un plan de viabilidade. O conselleiro afirmou que o xerente tivo o mesmo trato que o resto dos traballadores polo que  “non houbo trato de favor”. Román Rodríguez eludiu responder ás preguntas formuladas pola deputada nacionalista.

Mr. Moon de Snowapple en Café Berlín el 15.8.19

RESEÑA en www.miguelgallardo.es/snowapple.pdf      Comentada en https://twitter.com/miguelgallardo/status/1162146318699159553 Si se tuviera que resumir en dos palabras el...

Empresas contratadas por Google para transcribir audio espiado deben conocerse pese a contratos confidenciales ilegales

Juzgado Central de Instrucción 3 de la Audiencia Nacional  Diligencias Previas...

Los policías liberados sindicales, ¿son corruptos?

Archivado en: Política Analizar la historia siempre es aprender un poco. La...

¿Quieres ser un ganador nato en CodyCross?

Existen portales web que te dan las respuestas para completar...

Te contamos los beneficios de los cursos homologados online

Durante los últimos años la calidad del empleo ha sufrido...

La extraña pareja ESTRENO en Teatro Amaya 19.7.19

RESEÑA en www.miguelgallardo.es/la-extrana-pareja.pdf     Comentada en https://twitter.com/miguelgallardo/status/1152522864345718784  ¿Es distinto el humor masculino del...

La Guadaña ha emitido su número dos. Resultados electorales en las elecciones sindicales en la Policía. Por José Manuel …

Perfil de sanchezfornet   José Manuel Sánchez Fornet @sanchezfornet       Tweets José Manuel Sánchez Fornet @sanchezfornet Polic. Nal...

Paul Anka en el Teatro Real de Madrid el lunes 15.7.19

Paul Anka en el Teatro Real de Madrid el lunes...

Otros articulos relacionados.....