Concepción Burgo reclama a restitución dos dereitos dos traballadores, que viron diminuídas as súas nóminas entre 100 e 700 euros mensuais durante cinco anos

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 15. A deputada socialista Concepción Burgo denunciou hoxe a “neglixencia contable” da dirección da CRTVG ao incorrer unha suposta fraude á Seguridade Social de entre 4 e 15 millóns de euros. Burgo presentou unha pregunta pola denuncia presentada por un sindicato diante da Inspección de Traballo por reducir as cotizacións dos traballadores entre 100 e 700 euros mensuais dende 2010.

A responsable socialista interveu na Comisión de control da CRTVG celebrada hoxe no Parlamento para reclamarlle ao director xeral da compañía que “asuma a súa responsabilidade, explique cómo puido pasar isto, a cánto ascenden as perdas e cómo vai restituír os dereitos dos traballadores”.

Advertiu as importantes diferenzas entre a estimación do custe feito pola compañía, dun máximo de 400.000 euros anuais, e o sindicato, que eleva a contía ata un máximo de 15 millóns de euros en total.

Sinalou que os afectados, ademais de deixar de percibir importantes contías económicas por un erro nas cotizacións, agora teñen que restituír unha débeda coa Seguridade Social pola rebaixa nas nóminas e que agora están a ser investigados pola inspección de traballo.

Burgo advertiu que ademais das contías que terá que afrontar o ente, esta situación pon en dúbida o discurso elaborado polo actual director xeral da CRTVG, que “sempre puxo o acento na estabilidade orzamentaria, no saneamento económico da compañía e no equilibro orzamentario”. Sentenciou que “temos serias dúbidas de que boa parte dese suposto equilibro se acadara a costa de vulnerar os dereitos dos traballadores”.

Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE

Manter cotizacións como dereito traballadores menos dano posible a traballadores, non rebaixada salvo retribucións mais altas, non é o caso maior parte traballadores; cotizacións entre 100 e 700€ da nómina de cada traballador, cantidades non aportadas á SS de entre 4M€ mínimo fixado polo sindicato e posibilidade de ata 15M€, moi importante magnitude; denuncia aceptada pola inspección de traballo, designado subinspector, causa suficiente abrir investigación

Falla de cotizacións moi grave, vulnera dereitos traballadores, mantidas durante 5 anos, dende 2010 ata 2015, repercusión moi importante sobre traballadores, sobre algúns dobremente importante, despedidos nestes anos; mulleres que tiveron dereito permiso de maternidade, xubilados nestes anos, a todos lles afecta, algúns mais que outros, situacións difícil reverter este problema

Moi grave dende importancia económica de infracotizacións, 4-15 M€ que deixa de percibir SS, consecuencia colectiva importante para todos, importancia política primeira magnitude, empresa pública que manexa diñeiro público e manter conduta intachable respecto á lei, exemplarizante dende punto de vista de ente público, render contas da súa xestión, vostede debe render contas este feito moi importanet, transcendencia política que tampouco se lle escapa

Como director CRTVG sempre puxeron acento da súa boa xestión en estabilidade orzametnaria, saneamento económico da compañía, sen endebedamento, equilibro orzamentario, debido, din, ao control do gasto

Seria dúbida de si boa parte deste equilibro e contención gasto se fixo a costa de trabalaldores e vulnerando dereitos de traballadores

Memoria xestión 2015 e 2014 ponse o acento nestes custes laborais; importante magnitude, recoñece problema, pero como mínimo hai problema de neglixencia contable

Non comprender cómo compañía que ten que ser seria, RRHH moi especializados, non se decata desta situación durante 5 anos

Responsabilidade, vostede maior responsable da compañía, ten que dar conta de todo isto e explicar con absoluta claridade denuncia moi grave cómo puido pasar isto, a canto ascende, cómo restituír dereitos trabalaldores e cal é a súa responsabilidade como director do ente.

---

Non progresou nada dende fai unhas semanas deputado PP dixo exactamente o que dixo vostede

Erro técnico, mala interpretación, non son un pequeno autónomo cun pequeno comercio que deriva nunha xestoría, teñen suficientes recursos para saber o que pasa, erro mantido 5 anos

Din que detectouse e regularizouse dende xaneiro 15, pero pregunto polos anos anteriores, non din si o erro mantense dende 2010 e fan de 5 anos

Qué pasa cos catro anos anteriores

Non dixo quén paga o custe da regularización, se a compañía ou o traballador, que tamén ten un erro na súa cotización, tampouco dixo nada

Se fixeron todas as contas, cómo é posible que nos diga aquí dende marzo a agora unha soa cantidade do que isto representa, ten que dicilo e saber que é a cantidade que ten que manter despois

A canto afectou, cómo se van restituír os dereitos dos traballadores, con ou sen erro, de maneira voluntaria ou non, foron provocados, están sendo investigados pola inspección de traballo

En canto á política laboral delegacións deriva de época de MF e do PP

Si vostede ten que recorrer á Andalucía para xustificar o que pasou, encéndeme todas as alarmas, iso é que aquí hai mais do que está contando

Queremos respostas con cifras, números e responsabilidade {jcomments on}

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamañoCreado
Descargar este archivo (41403-POC Denuncia sindicato CRTVG.pdf)41403-POC Denuncia sindicato CRTVG.pdf 121 kB2015-10-29 12:58

Un abogado especializado para hacer frente a cualquier conflicto familiar

En el día a día, nos exponemos a situaciones y...

Salud y Belleza

Dos aspectos que muchas veces están muy relacionados. En cada época...

Estrategias y herramientas de marketing digital para una tienda online

El marketing digital es un concepto fundamental que cualquier tienda...

El proceso contable en la empresa

El proceso contable en la empresa es un factor imprescindible...

La acusación dice que Toni Pérez pretende invalidar pruebas por posible acoso laboral

 Toni Pérez. Foto: PEPE OLIVARES.  22/05/2019 -  BENIDORM, (EFE). La acusación contra el...

APEDANICA denuncia a Fiscalía y Agencia de Protección de Datos el espionaje detectado en WhatsApp

ANEXO 2 documentos en PDF ("NOTITIA CRIMINIS") http://www.miguelgallardo.es/whatsapp-espionaje-registrado.pdf  http://www.cita.es/whatsapp-espionaje.pdf  Elvira Tejada, Fiscal de Sala de Criminalidad...

Otros articulos relacionados.....