EXPEDIENTE DE REPOSICIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA NO CONCELLO DA LARACHA INCOADO POLA AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

No día de onte, venres 16 de outubro, publicábase no DOG un anuncio da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, polo que se empraza a unha persoa para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/264/2014-RP1, en relación coas obras de parcelación urbanística e execución de 8 construcións, que se levan a cabo no lugar de Ribela-Vilaño, no termo municipal da Laracha: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151016/AnuncioG1096-051015-0001_gl.pdf.

Así pois, estamos ante unha presunta irregularidade urbanística que levou á Axencia a abrir un expediente de reposición da legalidade urbanística. Desde o Grupo Municipal do BNG da Laracha preguntaremos ao goberno municipal se é coñecedor desta situación, se coñeceu esa presunta irregularidade urbanística e se tomou algunha medida ao respecto. Lembramos que o concello da Laracha non está adherido á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, e polo tanto ten que exercer as súas propias competencias no que respecta á inspección urbanística (independemente das actuacións que a Axencia poida desenvolver por iniciativa propia ou por denuncia de terceiras persoas).

Á vista do que no día de hoxe se puido ver nalgún medio de comunicación que se fixo eco desta situación, no que segundo aparece na noticia desde o concello indican que se trata dunha cuestión persoal entre a Axencia e a persoa emprazada neste anuncio do DOG, semella que a cousa non vai con eles. Pero como vai ser unha cuestión persoal entre a Axencia e a persoa á que se lle abriu este expediente de reposición da legalidade urbanística? Como non vai afectar ao concello a existencia de presuntas irregularidades urbanísticas no termo municipal da Laracha? Acaso non ten a obriga o concello da Laracha de velar polo cumprimento da legalidade no seu termo municipal? E tendo en conta, ademais, que o concello da Laracha non está adherido á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, é o propio concello quen ten que velar polo cumprimento da normativa urbanística. Por qué se nega o Partido Popular a que A Laracha se adhira a esta Axencia?

A Laracha, 17 de outubro de 2015

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha{jcomments on}

Ideas para decorar, desde hormigón impreso hasta luces LED

El hogar es un espacio de refugio para las personas...

Un abogado especializado para hacer frente a cualquier conflicto familiar

En el día a día, nos exponemos a situaciones y...

Salud y Belleza

Dos aspectos que muchas veces están muy relacionados. En cada época...

Estrategias y herramientas de marketing digital para una tienda online

El marketing digital es un concepto fundamental que cualquier tienda...

El proceso contable en la empresa

El proceso contable en la empresa es un factor imprescindible...

La acusación dice que Toni Pérez pretende invalidar pruebas por posible acoso laboral

 Toni Pérez. Foto: PEPE OLIVARES.  22/05/2019 -  BENIDORM, (EFE). La acusación contra el...

Otros articulos relacionados.....