1feijoohospitalpublicodevigoalaventaA conselleira mentiu cando negou o caso de aspergillus, esiximos garantías de seguridade no traslado”, asegurou o deputado socialista Abel Losada

“O hospital é un activo no balance dunha empresa privada, pero o vicepresidente da Xunta prefire chamar ‘carroñeros’ aos 200.000 vigueses que protestaron na rúa”, afirmou

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014. Os socialistas galegos cualificaron hoxe de “inmoral e inhumano o capitalismo de amiguetes do Partido Popular aplicado á sanidade, o negocio privado meteu o bocado no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo”.

En resposta á comparecencia da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, para falar do novo hospital, o deputado socialista Abel Losada díxolle que “vostede mentiu cando negou o caso de aspergillus, hoxe soubémolo e esiximos garantías de seguridade no traslado”. Esixiulle á conselleira que explique por qué o xerente hoxe afirma que si había o fungo no hospital de Vigo.

feijoohospitalpublicodevigoalaventa

“O hospital estrela de Feijóo non é mais que un activo no balance contable dunha empresa privada, pero o vicepresidente da Xunta prefire chamar ‘carroñeros’ aos 200.000 vigueses que protestaron na rúa polas deficiencias do centro e volverano a facer”, afirmou.

“Detrás da propaganda e o negocio hai un cambio no modelo de financiamento, a Xunta avalou un crédito a unha empresa privada cunha taxa de crecemento anual do 10% nos seus beneficios”, apuntou Losada, que lamentou “os emails ameazadores do equipo técnico do hospital aos profesionais”. Cualificou de “obsceno” e “depredatorio” o marxe de beneficios “a conta da saúde dos cidadáns de Vigo”.

O representante do PSdeG censurou “os recortes asistenciais, no número de camas, nos servizos da UVI e a ausencia dun laboratorio central, que está a once quilómetros do centro sanitario” cunha privatización na que “perden os cidadáns, pero gañan as empresas amigas do PP”.

O deputado vigués considera tamén “inaudito que o seguimento das obras se adxudicara a unha sociedade unipersoal dunha persoa vinculada ao PP de Madrid”, en alusión á empresa de Ana Sánchez, ex-viceconselleira de Asistencia Sanitaria do Goberno de Esperanza Aguirre.

Acusou ao goberno galego de “actuar de maneira vergoñenta como axentes comerciais de Acciona”, ao buscarlles financiamento do BEI “cando o que tiñan que facer é cobrarlles polo retraso, e non poñer en marcha o traslado de maneira precipitada porque queren comezar a cobrar o canon canto antes”.{jcomments on}

Salud y Belleza

Dos aspectos que muchas veces están muy relacionados. En cada época...

Estrategias y herramientas de marketing digital para una tienda online

El marketing digital es un concepto fundamental que cualquier tienda...

El proceso contable en la empresa

El proceso contable en la empresa es un factor imprescindible...

La acusación dice que Toni Pérez pretende invalidar pruebas por posible acoso laboral

 Toni Pérez. Foto: PEPE OLIVARES.  22/05/2019 -  BENIDORM, (EFE). La acusación contra el...

APEDANICA denuncia a Fiscalía y Agencia de Protección de Datos el espionaje detectado en WhatsApp

ANEXO 2 documentos en PDF ("NOTITIA CRIMINIS") http://www.miguelgallardo.es/whatsapp-espionaje-registrado.pdf  http://www.cita.es/whatsapp-espionaje.pdf  Elvira Tejada, Fiscal de Sala de Criminalidad...

Los sellos personalizados siguen siendo imprescindibles para las empresas

El avance de las tecnologías y el uso, especialmente de...

Otros articulos relacionados.....