IMG 3025Tendo unha dedicación exclusiva, que segundo dita a Lei non permite o cobro por outras actividades profesionais, Candia cobrou comisións por facer seguros durante os case 4 anos que foi voceira do PP e polo menos o primeiro mes como Presidenta da Deputación

 

¿Estivo a Presidenta Comisionista durante todo este tempo, no que ocultou as relacións de bens e actividades dos Deputados, arranxando este escándalo e reiterado fraude a través da constitución dunha sociedade da que ten participación e o mesmo obxecto social e dirección que a oficina de Mapfre en Mondoñedo, da que segue a figurar como responsable?

 

“Candia ten que dar moitas explicacións aos lucenses. Ten que devolver aos veciños desta provincia todo o que cobrou e que sabía que non podía cobrar durante todos este anos. Só lle cabe dimitir, posto que era consciente de todo o que facía”, reclaman os socialistas

 

Despois dunha semana na que o PSOE demostrou que a constitución do Goberno Provincial do Partido Popular é contraria á Lei, que os nomeamentos dos Vicepresidentes non se axustan á legalidade, ao igual que tampouco o do Deputado de Medioambiente, e que ata a constitución da Xunta de Goberno é irregular; hoxe os socialistas revelaron un “novo escándalo con maiúsculas” que afecta directamente a Elena Candia.

Candia é a Presidenta Comisionista que defraudou aos lucenses dende que é a máxima representante do PP na Deputación, posto que, mentres recibe unha dedicación exclusiva que, tal e como dita a lexislación vixente, o seu recibo non permite o cobro por outras actividades profesionais, Candia tamén cobrou comisións por facer seguros. Isto fíxoo, polo menos, dende xaneiro de 2012 (data na que comeza a cobrar unha dedicación exclusiva do organismo provincial) ata o 22 de xullo de 2015 (cando se constitúe unha sociedade da que ten participación). É dicir, cobrou ilegalmente sendo voceira do Partido Popular e sendo Presidenta da Deputación.

O vicevoceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, acompañado por Deputados do PSOE, salientou que “custounos moito que Candia publicase a relación de bens patrimoniais e actividades dos Deputados, cumprindo coa lexislación vixente. Pero agora entendemos porque non fixo pública esta información ata onte, cando puidemos descubrimos que Elena Candia defraudou á Deputación de Lugo e aos lucenses”.

1º FRAUDE SENDO VOCEIRA: Tal e como se pode comprobar no Boletín Oficial da Provincia de onte, Candia cobrou unha dedicación exclusiva de 50.693,04 euros ao ano do erario público da Deputación dende xaneiro de 2012 e ata xuño de 2015; ao mesmo tempo que cobraba polo menos 34.180 euros ao ano en comisións por facer seguros, como máxima responsable da oficina de Mapfre en Mondoñedo. Todo isto, sen a obrigatoria declaración de compatibilidade, que se debe propoñer e aprobar no Pleno Provincial. “Nada dixo”.

O artigo 75 da Lei de Bases de Réxime Local, no seu apartado A sobre dedicacións exclusivas di textualmente: Los miembros de las Corporaciones locales percibirán retribuciones (...) En el supuesto de tales retribuciones, su percepción será incompatible con la de otras retribuciones con cargo a los presupuestos de las Administraciones públicas y de los entes, organismos o empresas de ellas dependientes, así como para el desarrollo de otras actividades

Artigo 14 da Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administración Públicas di textualmente: ... El ejercicio de actividades profesionales, laborales, mercantiles o industriales fuera de las Administraciones Públicas requerirá el previo reconocimiento de compatibilidad.

“Polo tanto, esta ilegalidade por parte de Candia é contrastable no BOP de onte, onde ela mesma confirma que cobra, polo menos, 34.180 euros anuais como comisionista. É mais, ela mesma fai ostentación disto nos anuncios que fixo nos medios de comunicación como responsable da oficina de Mapfre en Mondoñedo, e na propia páxina web oficial desta compañía, onde segue a figurar como responsable da mesma”, salientou Santos Ramos. PODES COMPROBALO NA SEGUINTE LIGAZÓN: http://bit.ly/1KHvKEf

Facendo referencia ao BOP este xoves, o vicevoceiro engadiu “por se isto fora pouco, no Boletín tamén descubrimos que cobra por unha actividade agraria-gandeira, a lo menos por 17 cabezas de gando de carne. Candia tamén deberá explicar estes ingresos porque, non vaia ser, que tamén cobre a PAC, como facía a Duquesa de Alba ou Mario Conde”, ironizou.

“Trampa”

“Pero o peor non é que Candia sexa unha Presidenta Comisionista, posto que podemos aseverar, e temos probas, que hoxe segue a intervir polizas de seguros e, polo tanto, continuará a cobrar comisións; senón que sospeitamos que a señora Candia, consciente de que o que estaba facendo non era nin ético, nin moral, nin moito menos legal, así como que algún día o podíamos descubrir; decidiu facer unha trampa, digamos, “legal”, entre comillas. ¿E con que obxectivo?, pois para seguir cobrando unha dedicación exclusiva e comisións dos seguros”, subliñou Santos Ramos.

2º FRAUDE SENDO PRESIDENTA: O 14 de xullo de 2015, data da celebración do Pleno de Organización, Candia aprobou unha dedicación exclusiva como Presidenta da Deputación de 63.502,46 euros, que comezou a cobrar xa dende a súa toma de posesión, é dicir, o 24 de xuño de 2015. “Todo isto, mentres é responsable da oficina de Mapfre de Mondoñedo, fai seguros e cobra comisións. Seguiu ocultando esta actividade ilegal e nunca propuxo levar ao Pleno a aprobación da obrigatoria declaración de compatibilidade”, apuntou.

Tal e como recolle a acta do Pleno do 14 de xullo de 2015, establécese como condición indispensable para recibir a dedicación exclusiva da Presidenta da Deputación a non dedicación á calquera outra actividade. Do mesmo xeito, a Lei de incompatibilidades, no seu artigo 11, di textualmente: ... el personal comprendido en su ámbito de aplicación no podrá ejercer, por sí o mediante sustitución, actividades privadas, incluídas las de carácter profesional, sean por cuenta propia o bajo la dependencia o al servicio de Entidades o particulares que se relacionen directamente con las que desarrolle el Departamento, Organismo o Entidad donde estuviera destinado.

Datas destacadas

“Consciente de que, por segunda vez, estaba defraudando á Deputación e a todos os lucenses, e mentres mantiña oculta as relacións de bens patrimoniais e actividades dos Deputados, culpando disto ao funcionariado; Candia decidiu facer dita, entre comillas, a “trampa legal” para adaptar a súa situación”, engadiu o socialista.

 

O 22 de xullo de 2015, é dicir, case un mes depois da toma de posesión e 8 días despois do Pleno de Organización no que Candia aprobou unha dedicación exclusiva de máis de 63.000 euros que comezou a cobrar dende que é nomeada Presidenta da Deputación, constituíse unha nova sociedade, chamada Mondoñedo Xestión S.L, da que Candia ten participación. “Precisamente, foi a creación desta nova sociedade, que antes non existía, e da que nos enteramos tras a publicación do BOP o xoves, o que nos fixo sospeitar e facer todas estas averiguacións nas últimas 24 horas, ata confirmar que Candia é unha Presidenta Comisionista que defraudou aos lucenses durante os case 4 anos que foi voceira do grupo provincial do PP e durante, polo menos, o primeiro mes como Presidenta da Deputación”.

Concretamente, dende o 24 de xuño que toma posesión, data na que tamén comeza a cobrar a dedicación exclusiva como Presidenta, tal e como se aprobou no Pleno de Organización; e ata o 22 de xullo que se constitúe a nova sociedade.

Tal e como se pode comprobar na documentación pública, Mondoñedo Xestión S.L constituíse o 22 de xullo de 2015. “Isto é tan escandaloso que o obxecto social desta nova sociedade coincide co exercicio de actividade de mediación de seguros, que Candia exercía en Mapfre. De feito, o domicilio desta sociedade é exactamente o mesmo que a oficina de Mapfre en Mondoñedo, da que Candia é responsable. Ademais, a persoa que agora figura como administradora única desta nova sociedade é a mesma que atende ao público na oficina mindoniense de Mapfre, da que Candia é responsable”. PODES COMPROBAR ISTO NA SEGUINTE LIGAZÓN: http://bit.ly/1VRoszC

Casualidades?

Ante todos este feitos, Samos Ramos preguntou: 1.- “¿Consideran unha casualidade as coincidencias entre a oficina de Mapfre en Mondoñedo, da que Candia é responsable, e esta nova sociedade, da que Candia ten participación? ; 2.- ¿É unha casualidade que Mondoñedo Xestión S.L se constitúa tan só un mes despois da súa toma de posesión como Presidenta e 8 días despois de que Candia aprobase a súa dedicación exclusiva, así como que teña o mesmo domicilio e o mesmo persoal que na oficina de Mapfre de Mondoñedo, da que Candia é responsable?; 3.- ¿É casualidade que o 28 de agosto se publique só na web da Deputación as relación de bens patrimoniais dos Deputados, pero non a relación de actividades?; 4.- ¿Estivo a Presidenta Comisionista tentando arranxar este escándalo con maiúsculas e reiterado fraude á Deputación e aos lucenses durante todo este tempo, no que non quixo publicar na web provincial e no BOP as relacións completas de bens e actividades dos membros da Corporación ata onte mesmo, culpabilizando disto ao funcionario de turno?; 5.- ¿É tal a ambición económica de Candia ou desexaba tanto o pastel da Deputación, que non lle chega coa dedicación exclusiva como Presidenta e con ser Alcaldesa de Mondoñedo, que tamén fixo todo o posible para seguir cobrando comisións por seguros?; 6.- ¿É casualidade que Candia publique onte que ten participación nunha sociedade recén creada, é dicir, que faga esta actualización na súa relación de actividades, e, sen embargo, non actualice os seus ingresos con cargo ao sector público, apuntando que recibe unha dedicación exclusiva como Presidenta?. Pódese ver no BOP, que Candia se limitou a apuntar que cobrou esta dedicación ata o 23 de xullo. Non engadiu que o segue a facer como Presidente e cunha retribución de máis de 63.000 euros.

Dimisión, devolver os cartos e explicacións

“Ante este escándalo sen precedentes e cunha Presidenta Comisionista, Candia ten que dar moitas explicacións aos lucenses. Ten que devolver aos veciños desta provincia todo o que cobrou e que sabía que non podía cobrar durante todos este anos. “Só lle cabe dimitir, posto que era consciente de todo o que facía. ¿A caso non sabe o que fai unha señora que, tal e como publica no BOP, ten como actividade privada por conta propia a avogacía e a xestión de administración?; ¿Non coñece de leis unha avogada e xestora administrativa?. Se ten algo de vergoña, hoxe mesmo, na rolda de prensa da xunta de goberno -que por certo vai totalmente baleira porque encima non fai nada máis que paralizar e destruír proxectos de futuro- Candia debería presentar a súa dimisión. O silencio é imperdoable. Explicacións xa”, reclamaron os socialistas.  {jcomments on}

Salud y Belleza

Dos aspectos que muchas veces están muy relacionados. En cada época...

Estrategias y herramientas de marketing digital para una tienda online

El marketing digital es un concepto fundamental que cualquier tienda...

El proceso contable en la empresa

El proceso contable en la empresa es un factor imprescindible...

La acusación dice que Toni Pérez pretende invalidar pruebas por posible acoso laboral

 Toni Pérez. Foto: PEPE OLIVARES.  22/05/2019 -  BENIDORM, (EFE). La acusación contra el...

APEDANICA denuncia a Fiscalía y Agencia de Protección de Datos el espionaje detectado en WhatsApp

ANEXO 2 documentos en PDF ("NOTITIA CRIMINIS") http://www.miguelgallardo.es/whatsapp-espionaje-registrado.pdf  http://www.cita.es/whatsapp-espionaje.pdf  Elvira Tejada, Fiscal de Sala de Criminalidad...

Los sellos personalizados siguen siendo imprescindibles para las empresas

El avance de las tecnologías y el uso, especialmente de...

Otros articulos relacionados.....