OS SOCIALISTAS DENUNCIAN “ENDOGAMIA” ENTRE A XUNTA E PROSEM, INVESTIGADA POR FRAUDE EN CURSOS DE FORMACIÓN

Marisol Soneira advirte que “tódalas persoas que traballan aí teñen un vencello co PP, Novas Xeracións ou algún concelleiro do PP de a Estrada”, incluíndo presuntamente á directora xeral de Xuventude

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 15. A deputada socialista Marisol Soneira denunciou “endogamia” entre a Xunta de Galicia e a empresa de Lalín Prosem, investigada por fraude en cursos de formación. A responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión Institucional do Parlamento na que advertiu dos vencellos que teñen os traballadores e responsables da empresa co PP, Novas Xeracións ou o Concello da Estrada.

Preguntou se a actual directora xeral de Xuventude e Voluntariado formou parte previamente da plantilla daquela empresa, “pasando de prestar asistencia técnica a dirixir precisamente aquilo sobre o que estaba asesorando”, sen obter ningún tipo de resposta por parte do Goberno galego.

Salientou que esta “pequena empresa dunha pequena vila galega” teña sido “tratada estremadamente ben” polos gobernos do PP, acadando contratos en Madrid, Valencia, Estremadura, e por suposto no goberno galego.

Despiste

Salientou ironicamente o “despiste” na inspección e os controis do goberno galego coa actuación irregular desta empresa, que “como mínimo supón unha neglixencia gravísima”. O xulgado está a investigar agora a celebración de cursos ficticios que os propios alumnos descoñecían, a pesares de ter certificada a súa asistencia, e con profesores impartindo clase “en dous sitios distintos os mesmos días e ás mesmas horas”.

Sorprendentemente, dixo, estas irregularidades non foron detectadas polo goberno galego, e preguntou “cómo é que a Consellería de Traballo e Benestar carece de instrumentos para detectar estas irregularidades”. Un caso semellante, dixo, ao que sucedeu coa Operación Zeta, que tivo que ser denunciada por unha traballadora, e que hoxe está bloqueada á espera dun informe da Axencia Tributaria.{jcomments off}

Estrella Galicia explota el potencial de la inteligencia artificial

El desarrollo de la Inteligencia Artificial (IA) toma cada vez...

El mejor tarot telefónico de España

Puede que te encuentres en la búsqueda de la mejor...

The Chieftains actuará en el Teatro Cervantes de Málaga

El Círculo Cultural Irlandés de Málaga incluye entre sus fines...

Residencia de mayores CONCESOL deniega historia clínica de fallecida a un hijo ilegalmente

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Ideas para decorar, desde hormigón impreso hasta luces LED

El hogar es un espacio de refugio para las personas...

Un abogado especializado para hacer frente a cualquier conflicto familiar

En el día a día, nos exponemos a situaciones y...

Salud y Belleza

Dos aspectos que muchas veces están muy relacionados. En cada época...

Estrategias y herramientas de marketing digital para una tienda online

El marketing digital es un concepto fundamental que cualquier tienda...

Otros articulos relacionados.....