Méndez Romeu advirte de “conflito de intereses” logo de que o auto xudicial apunte á conivencia entre Rodríguez, unha familiar directa cargo no ente e o anterior xerente para incrementar a indemnización deste último

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 15. O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo hoxe que a imputación de Dositeo Rodríguez por malversación, estafa e apropiación indebida como membro do Padroado da Fundación Cela cuestiona a súa imparcialidade como conselleiro de contas. Méndez Romeu presentou unha pregunta oral na Comisión de Economía na que alertou dun “conflito de intereses amplamente documentado” que afecta ao ex conselleiro.

O responsable socialista denunciou que a día de hoxe o goberno galego non se teña pronunciado sobre a situación na que se atopa este cargo histórico do PP, que terá que fiscalizar a Fundación na que presuntamente ten delinquido. Esta está agora xestionada pola súa filla, que xa era alto cargo cando acordou con Rodríguez simular o despido improcedente do seu predecesor para aumentar a indemnización en 54.000 euros.

Amosou a súa “sorpresa” por que o goberno galego leve un mes “sen dicir absolutamente nada”, que vai “contra o criterio básico de transparencia na administración”, máxime cando a reforma do Consello de Contas que quere aprobar o PP inclúe unha cláusula ad hoc para salvagardar o cargo de Dositeo Rodríguez logo da súa xubilación.

Méndez Romeu sinalou que lle corresponde ao goberno galego explicar “cómo pensa abordar a fiscalización das contas da entidade, declarada pública en 2010, por parte de quen está imputado pola súa xestión.

O goberno tampouco se ten pronunciado polo rosario de imputacións que pesan sobre os antigos membros do Padroado, como o ex conselleiro de Cultura Roberto Varela. Outros deles ocupan a día de hoxe sinalados cargos no PP, como o actual conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, ou o ex conselleiro de Cultura e hoxe investido alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Xestión irrelevante

O portavoz socialista lembrou que a Fundación ten sido declarada pública en 2010, se ben non foi asignada aos orzamentos da Xunta ata 2013, e “dende ese momento non se pode dicir que teñamos un exceso de información”. Criticou así que a información orzamentaria dos anos 13, 14 e 15 sexa “exactamente o mesmo, unha fotocopia do documento anterior que a Xunta da por válido sen obstáculo”.

Sinalou que a xestión da Fundación conseguiu un “desplome dos ingresos propios” e ten como “único obxectivo declarado” na súa Memoria acadar as 3.000 visitas anuais, o que cualificou de “peor que simbólico, é irrelevante” para o ente que custodia o legado do nobel galego.

A Xunta aporta a día de hoxe o 80 por cento dos orzamentos da Fundación, da razón de 250.000 euros, mentres o resto recae na Deputación Provincial e o Consello de Padrón. O 70 por cento do seu orzamento está dedicado a custes de persoal, nos que figuran 7 empregados declarados nos seus orzamentos, malia que a Consellería de Presidencia tan só recoñecera un traballador nunha resposta remitida ao PSdeG o pasado 22 de maio.

Un abogado especializado para hacer frente a cualquier conflicto familiar

En el día a día, nos exponemos a situaciones y...

Salud y Belleza

Dos aspectos que muchas veces están muy relacionados. En cada época...

Estrategias y herramientas de marketing digital para una tienda online

El marketing digital es un concepto fundamental que cualquier tienda...

El proceso contable en la empresa

El proceso contable en la empresa es un factor imprescindible...

La acusación dice que Toni Pérez pretende invalidar pruebas por posible acoso laboral

 Toni Pérez. Foto: PEPE OLIVARES.  22/05/2019 -  BENIDORM, (EFE). La acusación contra el...

APEDANICA denuncia a Fiscalía y Agencia de Protección de Datos el espionaje detectado en WhatsApp

ANEXO 2 documentos en PDF ("NOTITIA CRIMINIS") http://www.miguelgallardo.es/whatsapp-espionaje-registrado.pdf  http://www.cita.es/whatsapp-espionaje.pdf  Elvira Tejada, Fiscal de Sala de Criminalidad...

Otros articulos relacionados.....