O xornalista e presentador Jordi Évole recolle hoxe en Ferrol o XI Premio José Couso de Liberdade de Prensa. O galardón está organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social ‘la Caixa’.
 
Nunha rolda de prensa posterior á recepción institucional no Concello da cidade departamental, celebrada esta tarde, Jordi Évole expresou a súa honra por recibir o premio que leva o nome o camarógrafo ferrolano, mais tamén a súa tristeza porque teñan que existir premios que lembren a compañeiros asasinados. Évole asegurou sentirse un "privilexiado" no sector, "dada a precariedade da profesión", e prometeu loitar, "desde a miña posición de forza" pola dignidade do xornalismo.
O presentador de Salvados fixo un alegato en defensa dun xornalismo incómodo para o poder, para o que lembrou as palabras de Josep Maria Huertas que "sempre dicía que un xornalista o que tiña que facer é da súa mesa unha trincheira". Así, afirmou que cando lle preguntan por que no seu programa trata temas polémicos nestes momentos, sempre responde que "o cidadán necesita ter información e ter respostas a preguntas incómodas".
Como método para conseguir este xornalismo, fronte á actual situación da profesión, Évole propuxo que a "redistribución da riqueza que hai nos medios" chegase ás redaccións para permitir aos xornalistas buscaren temas propios. "O xornalista debera marcar á súa axenda e evitar que llela marquen outros, declarou.
Xosé Manuel Pereiro, decano do CPXG, quixo facer un chamamento á solidariedade con Ali Lmrabet, primeiro galardoado co Premio José Couso, que está actualmente a sufrir acoso por parte das autoridades de Marrocos para que non exerza a súa profesión. Lmrabet fora xa privado do seu dereito a exercer como xornalista por decisións xudiciais gravemente inxustas e agora éo por decisións gobernativas, ao negarense as autoridades a expedirlle un certificado de residencia.
No acto tamén estiveron presentes o presidente do Club de Prensa de Ferrol, Siro López, quen fixo mención, un ano máis, á loita da familia de José Couso por conseguir xustiza tras a morte do camarógrafo; o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, quen reiterou "o agradecemento da cidade" porque Ferrol sexa sede do premio; e o director territorial de "la Caixa" en Galicia, Marc Arthur Benhamou, que afirmou que é "un orgullo" para "la Caixa" participar na organización do galardón, que este ano chega xa á súa undécima edición.
O premiado
Jordi Évole Requena (Cornellá de Llobregat, 1974) é xornalista, presentador, guionista de televisión e tamén escribe artigos de opinión. Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade Autónoma de Barcelona, UAB, comezando a traballar como locutor de partidos de fútbol no programa Carrusel Catalunya, de Radio Barcelona. Seguidamente, traballou nos Informativos de Telecinco, da Cadena SER e como videoxornalista na televisión local Viladecans Televisió.
No ano 2000 entra na produtora El Terrat como guionista do programa La Cosa Nostra, de Andreu Buenafuente. Logo foi subdirector do programa Buenafuente, en La Sexta, onde destacou interpretando ao seu personaxe máis famoso: El Follonero.
En 2008 estrea Salvados, un programa que mestura reporteirismo atrevido cunha perspectiva irónica e que foi evolucionando cada vez máis cara á información-denuncia. Ao longo da súa traxectoria viuse en ocasións ameazado, e noutras presionado para non emitir determinadas reportaxes.
O seu estilo particular e o éxito de audiencia fíxoo merecedor de diversos Premios (Ondas, Iris, Antena de Ouro, Premio Internacional de Xornalismo Manuel Vázquez Montalbán, entre outros moitos).
Jordi Évole sumase este ano á lista de gañadores do Premio José Couso de Liberdade de Prensa: Ali Lmrabet; Le Monde Diplomatique; Jon Lee Anderson; José Vidal-Beneyto; Rosa María Calaf; Daniel Anido e Rodolfo Irago; WikiLeaks; o Consejo de Informativos da RTVE; Mónica García Prieto; e Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas.
Acto de entrega e concerto no Teatro Jofre
A xornada continuará a partir das 20:00 horas, cando o Teatro Jofre acolla o acto de entrega do galardón, conducido pola xornalista Xulia Díaz. No acto, Lorena Bustabad fará a tradicional ofrenda e María Xesús Rico Iglesias, do Diario de Ferrol, lerá un texto en nome da organización do premio.
A continuación, Jordi Évole recibirá o galardón desta XI Edición do Premio José Couso de mans de Marc Arthur Benhamou, , Director Territorial de "la Caixa" en Galicia. Tras a entrega, ás 20:30, dará comezo o tradicional Concerto da Liberdade, interpretado este ano a cargo polo quinteto Hércules Brass.
Jordi Évole sumase así á lista de gañadores do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Ali Lmrabet (2005); Le Monde Diplomatique (2006); Jon Lee Anderson (2007); José Vidal – Beneyto (2008); Rosa María Calaf (2009); Daniel Anido e Rodolfo Irago (2010); WikiLeaks (2011); o Consejo de Informativos da RTVE (2012); Mónica García Prieto (2013) e Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas (2014) foron ata agora os galardoados coa estatuiñas das ‘Ás Ceibes’
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, creado pola Lei do Parlamento Galego 2/1999 do 24 de febreiro, e o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social ‘la Caixa’ organizan o premio co obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.

A contracorriente. Por qué puede ganar Corbyn. Enrique Arias Vega

El reiterado terrorismo islámico ha evidenciado las carencias del Gobierno...

Business Over Tapas 20 August 2015 Nº 126

Editorial: The eventual national elections – we still don’t have a...

Artículo Periodístico 1.544º: “Cuestiones sociohumanas y socioculturales, III”.

La veintena de ciencias o disciplinas que entran dentro de...

Radicalidade democrática fronte a fundamentalismoultra-liberal

Entre as características máis específicas do actual proceso de mundialización...

El feminismo es pacifista y una propuesta. Por Domingo Sanz

A punto de cumplirse un mes desde el 8 de...

¿Por qué los préstamos online son más accesibles?

Los préstamos online son más solicitados que los créditos bancarios...

Artículo Periodístico 1.528º: “Cuestiones sobre la crisis de la Filosofía, IV”.

Hay multitud de temas y cuestiones que todavía el método...

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi

  Guía de Empresas Españolas. Guía de Empresas Españolas      Noticias de empresas en Xornal Galicia...+. Noticias de empresas en Xornal Galicia...+     Guía de Empresas Españolas. Empresas o Personas en el BORME         Guía de Empresas Españolas.  Turismo de Galicia

Blogspot Agencia Noticias AI    -  Blogspot Xornal Galicia  -     Blogspot Pladesemapesga  -  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Aceso a Socios (+)  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Unirme desde la Web (+)    -  © Xornal Galcia, 2013 -  Síguenos en Google Noticias.+
banners

www.pladesemapesga.com  - www.actualidadiberica.com  - www.accionytransparenciapublica.com - www.xornalgalicia.com  - www.xornaldegalicia.es  - www.xornalgaliciasur.com  - www.xornalgalicianorte.com -  - www.diariomaritimo.com   - www.redacuicola.com www.redacuicultura.com 

Wayback Machine es un servicio y una base de datos que contiene copias de una gran cantidad de páginas o sitios de Internet. Si por alguna razón este sitio no está disponible momentáneamente o por orden judicial o ha sido borrado del servidor de origen, es posible consultar una réplica vía "Wayback machine".  Wikipedia- saber más.+

Este diario tiene copias de seguridad históricas desde el año 2002 almacenadas en www.web.archive.org  y en www.archive.is  Bajo licencia GNU para su libre consulta y disposición. Mapa web.+

  © Copyright R.L. 2012/016402 Nif G-70321807 Impreso D.L: C 47-2015 -Directiva Europea de Privacidad Legal UE.(+)