OS SOCIALISTAS ACUSAN AO PP DE FACER DA CRTVG “UN GABINETE DE PRENSA AO GRANDE”
María Quintas lamenta a renuncia á pluralidade, a defensa do idioma e a competitividade a costa de controlar o ente e garantir a súa privatización. A CRTVG apesta a corrupción institucionalizada dende a Xunta de Galicia.
Santiago de Compostela, 04 de novembro de 15. A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG, María Quintas, acusou hoxe ao PP de facer do ente “un gabinete de prensa ao grande” en beneficio do seu partido. Así o dixo na comparecencia do director xeral da CRTVG en Comisión parlamentaria para presentar os orzamentos para o ano 2016, un 4 por cento menos que en 2015 e un 28 por cento menos que en 2009.
A responsable socialista acusou ao goberno galeo de renunciar á pluralidade, a defensa da lingua e a competitividade, principios fundadores deste medio público de comunicación, co obxectivo de “telo totalmente controlado”. Ao mesmo tempo, dixo, o goberno galego “prepara a privatización” da televisión autonómica a costa de reducir a produción propia, que actualmente é do 50 por cento cando debera supor o 70.
Quintas sinalou a “folla de ruta” da privatización deste servizo, a costa de forzar o empeoramento da calidade reducindo os orzamentos, provocando que os traballadores deixen de ser eficientes e “a fin de contas desvirtuar un servizo para que os axentes externos veñan solucionalo e encetar a continuación a súa privatización absoluta”.
Advertiu que a falla de obxectividade, veracidade e imparcialidade, unido á caída da calidade, está a provocar o desplome das audiencias, que pasan do 24,3 por cento de share total e 15,5 en prime time de 2009 aos 9,4 e 9,1, respectivamente rexistrados en maio de 2015.
Nomeamento
A deputada socialista sinalou que o PP pretenda modificar a Lei dos medios públicos de comunicación audiovisuais, sen aplicar dende a súa aprobación en 2011, para garantir o mantemento do director xeral sine die. Lembra que a aprobación do mandato marco implicaba a renovación dos órganos de dirección e escollelos por maioría cualificada, un estremo que será alterado a través da Lei de Acompañamento aos Orzamentos da Xunta.
Sinalou que “introducir esta coletilla pola porta de atrás non beneficia ao PP, nin ao director da CRTVG, nin por suposto á CRTVG”, que sacrifica un medio de comunicación fundamental para “sometelo ás directrices de goberno do PP”, perpetuándoo no cargo e poñelo a salvo do resultado das próximas eleccións autonómicas.
A Mesa propón ás forzas parlamentares a inclusión de 26 medidas do PXNLG no Mandato Marco da CRTVG
A CUT denuncia unha fraude da CRTVG á Seguridade Social que estima por riba dos 4 millóns de euros
{jcomments on}