Méndez Romeu advirte da dificultade de xustificar o “alto custe por espectador” mentres acusa á dirección de marxinar a oferta cultural en favor da “oferta costumbrista que non se corresponde co perfil da cidadanía galega”

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 15. O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, alertou hoxe que a perda de audiencia da TVG nos últimos anos provoca un aumento do custe por espectador que “debulla unha liña que remata coa desaparición da Compañía”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de control da CRTVG do Parlamento, na que censurou o desbotamento de posibles audiencias interesadas na oferta cultural.

Méndez Romeu criticou que a dirección do ente marxine a programación específica dedicada á cultura e á súa audiencia en favor dunha “oferta costumbrista que non se corresponde co perfil da cidadanía galega”. En opinión do responsable socialista, a TVG está a centrar a súa oferta nun espectador máis semellante ao electorado do partido político dominante renunciando a outras potenciais audiencias.

Advertiu que a cultura, as artes plásticas e escénicas, a ciencia e a tecnoloxía, hoxe obxecto de canais monográficos de recoñecido éxito de audiencia, son esquecidos da oferta da canle audiovisual pública de Galicia. Sinalou que na propia grella do ente para esta semana existe apenas un programa de cociña, un concurso de coñecementos culturais, un microespazo de un minuto diario sobre libros e música tan só na madrugada.

Preguntou polo límite entre o elevado custe da canle e a baixa de espectadores, que provocan unha canle “progresivamente máis cara, máis restritiva e con menos audiencia”, que ademais se vería satisfeita cunha programación dun custe relativamente baixo en comparación con outra oferta de ocio ou entretemento.

Lembrou que a oferta da programación da TVG hoxe “non se corresponde co perfil dos cidadáns” de Galicia, maioritariamente urbanos, co 70 por cento da poboación residindo en áreas urbanas ou conurbacións urbanas, e que demandan un ocio e un consumo netamente urbano. Apuntou que atender a esta audiencia permitiría tamén incrementar os ingresos publicitarios con novos anunciantes.{jcomments on}

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamañoCreado
Descargar este archivo (090042033-poc-obxectivos programación cultura e educativa RTVG.pdf)090042033-poc-obxectivos programación cultura e educativa RTVG.pdf 116 kB2015-10-29 13:00

APEDANICA pide al Ministerio de Defensa todo sobre el criptosistma TrueCrypt

CRIPTÓLOGO Dr. (PhD) Miguel Gallardo Tel.  902998352 Email apedanica.ong@gmail.com Asociación APEDANICA...

CNI e INCIBE deben publicar datos y costes de descifrar para el Juzgado

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

REVERENDO & THE NEW PREACHERS + LA GUERRERO en El Junco 5.9.19 RESEÑA en www.miguelgallardo.es/reverendo.pdf

Comentada en https://twitter.com/miguelgallardo/status/1169902496539561984 El Reverendo es…. inefable, es decir, que no...

DEFICIENTES CONTROLES ESTATALES EN SUS PROPIOS MODIFICADOS DE OBRAS ENTRE 2014-2016

 Preocupante el Informe nº 1328, del Tribunal de Cuentas, respecto...

Concierto benéfico "Música contra la Corrupción"

Ilmo Sr. D. Alfredo Canteli. Alcalde de Oviedo    Nos dirigimos a...

Inmigración ilegal, derechos humanos

Sánchez Fornet 28 de agosto de 2019 Un náufrago tiene que ser...

Mar Sánchez Sierra CONVIERTE LA PRESIDENCIA DE LA XUNTA con su cargo y acciones en una pirámide de acoso judicial, persecución institucional, amenazas y coacciones utilizando altos cargos de la Xunta contra Miguel Delgado Director de Xornal Galicia y Presidente de Pladesemapesga.


Otros articulos relacionados.....