A consellaría comprometérase a telos dispoñibles para comezar o seu uso no verán de 2015
A sección sindical da CIG na consellaría de Traballo e Benestar da Coruña vén de pedir o cese da conselleira, Beatriz Mato, por “incompetencia e deixadez de funcións”, ao non ter efectuada a compra de material e equipamentos necesarios para as residencias da terceira idade. A sección sindical considera que Traballo e Benestar incumpre así o seu compromiso de adquisición dos guindastres de elevación e bipedestación imprescindibles para estas residencias, que debían comezar a usalos este verán.
 

A sección sindical da CIG lembra que a dotación de guindastres, camas articuladas e padiolas foi un compromiso adquirido pola consellería de Traballo e Benestar nas negociacións con representantes sindicais, despois de numerosas mobilizacións e denuncias destas graves carencias nas Residencias de Maiores dependentes da Xunta de Galicia.

Sinala que o orzamento aprobado, segundo representantes políticos de Traballo e Benestar, é de 650.000 euros, co compromiso de envío aos centros con estas necesidades para o seu uso no verán. “A mala xestión de Beatriz Mato é a máxima responsable de non ter capacidade para solucionar as graves carencias destes centros que pasan os meses e continúan sen o material necesario para manter as prestacións e a atención debida aos usuarios residentes destes centros de persoas maiores. A compra dos guindastres non se vai efectuar para que estean operativos no verán de 2015”, denuncia a representante da sección sindical Mar Peteira.

Asegura ademais que esta compra, demandada dende hai anos polo persoal dos centros, “é urxente e imprescindible” para evitar sobre esforzos e condicións de traballo que causan accidentes laborais, lesións e baixas pola enorme carga de traballo que se acumula nos centros agravándose o deterioro do servizo de atención directa aos usuarios.

Peteira afirma que “a deixadez de funcións e a inoperancia da conselleira Beatriz Mato é notoria e manifesta na duración e mantemento desta situación, que lonxe de tomar medidas efectivas, recréase na burocracia deixando desertas licitacións de adquisicións de compras ou como no caso da paralización das obras da Residencia de Maiores de Ferrol, aplica directamente o non sabe non contesta, para manter paralizadas as obras de remodelación sen  visos de continuidade”.

A sección sindical denuncia que a falta de compromiso de Beatriz Mato coa toma de medidas para solucionar os problemas dos centros, afecta tamén á Residencia de Maiores de Volta do Castro en Santiago de Compostela, onde a maquinaria de lavandería e a de fregado de louza ten avarías continuas e “está en tal mal estado que mesmo hai moi poucos días produciuse un incendio nunha das lavadoras do Centro (coa situación de perigo que conleva manter una maquinaria obsoleta e inservible para as necesidades da Residencia), que quedou fóra de uso coa conseguinte merma do servizo que se presta de lavado de sabas e roupa dos residentes”.

Diante desta situación, a sección sindical da CIG en Traballo e Benestar da Coruña, solicita ao Presidente da Xunta que adopte as medidas necesarias para solucionar a grave situación que se padece nas Residencias de Maiores de Traballo e Benestar.

¿Qué productos elegir para cada tipo de piel?

Para el cuidado de la salud, la belleza, el cuidado...

¿Quieres emprender? Fíjate en estas ideas de negocio originadas en mentes españolas

La decisión de emprender cada vez es adoptada por una...

Vinosofos.com, mucho más que una tienda de vinos online de confianza

A día de hoy no es fácil encontrar tiendas online...

BOLETIN DE LA FEDERACION DE SINDICATOS DE PERIODISTAS Nº 264

Boletín de la Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP). Año...

DESARROLLO Y EMPLEO EN LA REPÚBLICA FEDERAL DE NIGERIA / JOAN LLOPIS TORRES

Cualquier opinión –se entiende una opinión sincera-, como todas las...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi

  Guía de Empresas Españolas. Guía de Empresas Españolas      Noticias de empresas en Xornal Galicia...+. Noticias de empresas en Xornal Galicia...+     Guía de Empresas Españolas. Empresas o Personas en el BORME         Guía de Empresas Españolas.  Turismo de Galicia

Blogspot Agencia Noticias AI    -  Blogspot Xornal Galicia  -     Blogspot Pladesemapesga  -  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Aceso a Socios (+)  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Unirme desde la Web (+)    -  © Xornal Galcia, 2013 -  Síguenos en Google Noticias.+
banners

www.pladesemapesga.com  - www.actualidadiberica.com  - www.accionytransparenciapublica.com - www.xornalgalicia.com  - www.xornaldegalicia.es  - www.xornalgaliciasur.com  - www.xornalgalicianorte.com -  - www.diariomaritimo.com   - www.redacuicola.com www.redacuicultura.com 

Wayback Machine es un servicio y una base de datos que contiene copias de una gran cantidad de páginas o sitios de Internet. Si por alguna razón este sitio no está disponible momentáneamente o por orden judicial o ha sido borrado del servidor de origen, es posible consultar una réplica vía "Wayback machine".  Wikipedia- saber más.+

Este diario tiene copias de seguridad históricas desde el año 2002 almacenadas en www.web.archive.org  y en www.archive.is  Bajo licencia GNU para su libre consulta y disposición. Mapa web.+

  © Copyright R.L. 2012/016402 Nif G-70321807 Impreso D.L: C 47-2015 -Directiva Europea de Privacidad Legal UE.(+)