DSC 0168 2 grandeFeijóo entrega a xestión pública dunha residencia de ancianos a Estilo y Moda Dos Andando, S.L., unha empresa que nin figura inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, requisito do servizo. "Acabaran facendo prendas de roupa para incrementar o negocio privado"...As multinacionais como Inditex, EXTERMINARON a profesión dos sastres e da costureiras...Academias de Corte e Confección que supoñían mais de 30 mil postos de traballo. Agora Feijóo pretende darlles cartos públicos para que xestiones a terceira idade.

Ás múltiples irregularidades denunciadas pola CIG, desde hai anos, arredor da xestión da Residencia da Terceira Idade Valle Inclán de Vilanova de Arousa súmase agora unha máis. E é que para sorpresa da central sindical, “Estilo y Moda Dos Andando, S.L., unha empresa que nin figura inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, é a que está a prestar agora o servizo nesta Residencia. Unha situación que, ao igual que as anteriores, xa se puxo en coñecemento da consellaría, sen que esta dera resposta algunha.

Así o explica Xoán Xosé Bouzas, representante da CIG do Salnés, que lembra que o pasado 29 de outubro se rexistrou un escrito dirixido ao Conselleiro de Política Social no que se poñían no seu coñecemento os feitos que estaban a ocorrer na Residencia Valle Inclan de Vilanova de Arousa e que veñen xa do ano 2013. Un centro que tiña até o de agora dous concursos de acredores, está en fase de liquidación, cos seus administradores inhabilitados xudicialmente e xestionada por empresas non inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (NURTIME, SLU e Residencia de Mayores 2013, SL).

A isto engádese agora que o pasado 30 de outubro, 20 das traballadoras que prestaban o servizo para NURTIME, SLU pasaran a ser contratadas por unha nova empresa denominada SERVICIOS INTEGRALES DOS ANDANDO S.L. , que segundo explica Bouzas “ten un CIF B-27777267 que no Rexistro Mercantil de Pontevedra corresponde coa empresa ESTILO Y MODA DOS ANDANDO, S.L, cuxo obxecto social é a venda de roupa, zapatos e complementos de vestir e que tampouco figura inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais”.

O representante da CIG subliña ademais que o administrador único desta sociedade é Jesús Pedro Arribas Moratalla; que a súa vez tamén era da entidade EURO CONSULTORES SOCIOSANITARIOS, S.L.. Unha empresa que o representante da CIG no Salnés lembra que “xa se presentara hai aproximadamente un ano para a contratación de prazas aportando para o expediente documentación que non se correspondía coa realidade, xa que non tiña nin traballadores a cargo, nin instalacións coñecidas para facerse cargo dos residentes e estaba actuando en representación desta empresa ‘coñecida como Residencia Valle Inclán de Vilanova de Arousa’”.

Así as cousas, neste intre seguen a prestar servizos neste centro de traballo as dúas empresas RESIDENCIA DE MAYORES 2013, SLU e ESTILO Y MODA DOS ANDANDO, SL. Por iso a CIG inquire ao conselleiro de Política Social para que explique se os cambios nas entidades titulares e xestoras da residencia Valle Inclán foron comunicados.

Denuncia os incumprimentos da consellaría en conivencia coa empresa que, “por deixadez ou desidia están a afectar o persoal e usuarios do centro” e por non pór as medidas necesarias polos reiteradas incumprimentos normativos e exixe, xunto coa adopción urxente de medidas por mor deste cúmulo de irregularidades, unha inmediata actuación no referido aos desperfectos, que cualifica como “graves” nas instalacións, tanto no edificio principal como no traseiro, onde as estancias interiores están sen reparar.

Para a CIG é especialmente urxente que se retire ás 17 persoas adultas que están baixo a tutela da Fundación Pública Galega desta residencia, xa que “pola súa especial situación requiren dun correcto tratamento do punto de vista social e humano e nesta residencia entendemos que non o teñen”.

Preséntanse nos hospitais do CHUS novas empresas do servizo de limpeza cando aínda non se fixo pública a resolución do concurso

A CIG-Compostela denuncia a falta de transparencia da Xerencia do complexo hospitalario no relativo a este procedemento
A CIG-Compostela considera rechamante que cando aínda non se fixo pública a adxudicación do concurso do servizo de limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) xa haxa representantes de dúas empresas presentándose en dous dos catro hospitais como novas concesionarias do servizo.
15-11-13 contrata limpeza CHUS
 

Segundo explica o secretario comarcal da CIG de Compostela, Anxo Noceda, hoxe mesmo, ás 11:30 horas, aínda non había ningunha información referida á adxudicación da contrata do servizo de limpeza dos hospitais, no perfil de contratante. Porén, sinala que “pola información que nos trasladan as traballadores e traballadores puidemos constatar que xa onte nun dos hospitais e hoxe, antes das dez da mañá, noutro, presentáronse representantes de dúas empresas preguntando polos encargados/as”.

Noceda explica que a curiosidade dos traballadores/as levou a preguntarlles quen eran, obtendo como resposta que eran representantes das novas adxudicatarias deste servizo de limpeza. “Cómpre salientar que hai aproximadamente unha semana, na xuntanza entre representantes dos comités deste servizo e da Xerencia, preguntouse por esta cuestión e como única resposta obtivemos que o concurso non se resolvería ata, como moi pronto, o 1 de decembro” lembra.

O secretario comarcal da CIG-Compostela cualifica esta situación como “cando menos, rechamante” e sinala que isto “vense a sumar a prácticas que pouco ou nada teñen que ver coas mínimas demandas de transparencia, xa que, por exemplo, en todo este proceso de adxudicación, por parte da Xerencia do CHUS, non se colgou no perfil do contratante nin acta da xuntanza da Mesa B, nin da Mesa C, celebrada, a última delas, a finais do mes de agosto”.

Para o secretario comarcal da CIG de Compostela esta situación “choca coa práctica habitual doutras administracións”, entre as que sinala a propia Xunta de Galiza ou a USC, “que no teñen ningún tipo de problema por colgar, no seu perfil de contratantes, as actas das mesas”.

Lembra que xa no mes de xuño, por parte dos comités de empresa, procedeuse a rexistrar perante a Fiscalía un escrito no que se puñan en coñecemento desta, presuntas irregularidades na contrata vixente, ao que sabemos, até o día de hoxe.

A CIG agarda que se explique de inmediato o que está ocorrendo e se aclare se efectivamente estas empresas son as novas adxudicatarias ou non e “de non producirse estas ou non ser realmente aclaratorias, a central sindical valorará, se legalmente procede, demandar a nulidade do concurso”,afirma Noceda.

A CIG-Ensino esíxelle á Consellaría de Educación que recupere a xestión directa de todos os comedores escolares

O departamento autonómico anunciou a rescisión do contrato e a convocatoria urxente da contratación dos novos servizos
A CIG-Ensino vén de esixirlle publicamente á Consellaría de Educación que recupere a xestión directa de todos os comedores escolares do país despois das graves deficiencias detectadas nalgúns centros da Coruña e de Pontevedra en canto a calidade e cantidade. O departamento autonómico acaba de anunciar a rescisión do contrato e a convocatoria por procedemento de urxencia da contratación dos novos servizos de comedor.
10-04-08 Comedor escolar
 

Tras os gravísimos feitos acaecidos nos comedores escolares das localidades pontevedreses de Cuntis, Carril, Rubiáns e Vilaxoán, xestionados pola empresa malagueña Cátering Perea Rojas, a Consellaría de Educación vén de anunciar na súa páxina web a rescinsión do contrato. A decisión afecta tamén á compañía Col-Servicol, concesionaria do servizo en varios centros escolares da comarca coruñesa, que rexistraron problemas semellantes en canto a calidade (comida en mal estado) e cantidade.

Dende a federación de Ensino da CIG lembran que un comedor escolar é un servizo básico que garante o dereito dos nenos/as ao ensino, que axuda na conciliación da vida laboral e familiar e que se debe manter e extender a todos os centros, pero sempre desde unha perspectiva de servizo público e non de negocio. “Non podemos seguir a ter unha Consellaría que se dedica a privatizar servizos e a desviar parte do diñeiro dos comedores a beneficio de empresas privadas que os xestionen”, sosteñen.

Así, denuncian que a Consellaría de Educación rectifica peo persevera no erro, convocando por procedemento de urxencia a contratación na vindeira semana dos novos servizos de comedor. “Estamos unha vez máis ante unha mostra evidente dunha privatización de servizos públicos que atentan contra a saúde dos nosos/as fillos/as”.

Diante disto, a CIG-Ensino reclama que se tomen as medidas oportunas e que a Administración pase a xestionar directamente este servizo, con persoal específico, en todos os comedores de Galiza. “O criterio primordial debe ser a calidade da comida nos centros de ensino e non o beneficio para as empresas privadas”, rematan.

{jcomments on}

  • EDITORIAL¡ BASTA YA ¡ INTERVENGAN LA CRTVG

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    EDITORIAL¡ BASTA YA ¡ INTERVENGAN LA CRTVG Todas las mañanas y durante todo el día en nuestro confinamiento escuchamos delante de la imagen del amado líder del Frijolismo, los floridos partes patrióticos de la TVGA, RTGA, y medios subvencionados afines; el Gran Timonel ( O talibán según se mire) del Noroeste nos ilusiona con sus grandes realizaciones en la lucha contra el coronavirus …..la Culpa es del Gobierno Central de su Presidente Pedro Sánchez , y de sus compinches.Ponemos de manifiesto nuevamente a nuestros lectores y fieles seguidores que los informativos de la CRTVG , en concreto el de ayer al mediodía y a la noche están llegando a la más burda manipulación, sectarismo, descalificaciones , y desligitimaciones al gobierno del Estado en momentos de emergencia nacional. Lo que hace en Galicia el Sergas es lo que critica en Madrid la TVG (Cerrar centros de salud para concentrar médicos y sanitarios en otros mayores); comparar con estadísticas Galicia-España , y presumir ante toda la audiencia que somos[…]

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi

  Guía de Empresas Españolas. Guía de Empresas Españolas      Noticias de empresas en Xornal Galicia...+. Noticias de empresas en Xornal Galicia...+     Guía de Empresas Españolas. Empresas o Personas en el BORME         Guía de Empresas Españolas.  Turismo de Galicia

Blogspot Agencia Noticias AI    -  Blogspot Xornal Galicia  -     Blogspot Pladesemapesga  -  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Aceso a Socios (+)  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Unirme desde la Web (+)    -  © Xornal Galcia, 2013 -  Síguenos en Google Noticias.+
banners

www.pladesemapesga.com  - www.actualidadiberica.com  - www.accionytransparenciapublica.com - www.xornalgalicia.com  - www.xornaldegalicia.es  - www.xornalgaliciasur.com  - www.xornalgalicianorte.com -  - www.diariomaritimo.com   - www.redacuicola.com www.redacuicultura.com 

Wayback Machine es un servicio y una base de datos que contiene copias de una gran cantidad de páginas o sitios de Internet. Si por alguna razón este sitio no está disponible momentáneamente o por orden judicial o ha sido borrado del servidor de origen, es posible consultar una réplica vía "Wayback machine".  Wikipedia- saber más.+

Este diario tiene copias de seguridad históricas desde el año 2002 almacenadas en www.web.archive.org  y en www.archive.is  Bajo licencia GNU para su libre consulta y disposición. Mapa web.+

  © Copyright R.L. 2012/016402 Nif G-70321807 Impreso D.L: C 47-2015 -Directiva Europea de Privacidad Legal UE.(+)