sendbinaryA Área de Persoas Maiores organiza unha nova edición dos obradoiros “Activa o corpo, activa a mente” co obxectivo dirixido a vilagarciáns de idades comprendidas entre os 55 e os 70 anos co obxectivo de previr a dependencia e mellorar a calidade de vida dos participantes a través dunha vida activa que prolongue a súa autonomía persoal. Haberá actividades de adestramento físico e cognitivo que se impartirán dende mediados de setembro a mediados de decembro. Os interesados xa poden inscribirse.
09.09.2015.- A Área de Persoas maiores oferta un total de 40 prazas para esta nova edición dos obradoiros “Activa o teu corpo, activa a túa mente”. O prazo de inscrición abriuse o luns, 8 de setembro e remata o día 17 deste mesmo mes, xa que está previsto que as actividades comecen xa o día 18.
Persoal técnico cualificado do grupo Sacendi será o encargado de impartir e desenvolver os obradoiros que se celebrarán un día a semana en sesións de dúas horas de duración. Habilitaranse dous grupos de 20 persoas cada un para traballar con máis comodidade. O programa desenvolverase a partir todos os venres, a partir do 18 de setembro e ata o 18 de decembro, con horario de 16 a 18 para un grupo e de 18 a 20 para outro.
Para esta nova edición, Sacendi deseñou un programa a realizar en tres fases. A primeira con actividades cognitivas, a segunda con actividades físicas e a última será unha fase dual que combinará ambos aspectos.
As terapias cognitivas son como o “ximnasio da memoria”. Con elas preténdese adestrar a memoria, a atención, o cálculo, a linguaxe, o razoamento ou as reminiscencias para que os usuarios manteñan a mente ben esperta. Neste bloque traballaranse aspectos como a concentración, a orientación, e a estimulación sensoria le usaranse ferramentas como a musicoterapia ou o uso das novas tecnoloxías.
Na fase de terapias físicas tratarase de manter o corpo en forma, exercitando e mellorando aspectos que contribúen na autonomía das persoas maiores, como a forza, resistencia, equilibrio ou flexibilidade; ademais de educar na prevención de lesións. Entre os puntos a tocar están a hixiene postural, fortalecemento do solo pélvico, reeducación da marcha prevención de caídas e de esteoporosis. E entre as ferramentas a usar botarase man da fisioterapia respiratoria e da kinesiotaping.
Na terceira e última fase do programa, a de terapias duais, farase un enfoque integral para combinar o traballo cognitivo coas áreas física e emocional. Neste tramo, a actividade enfocarase dende o punto de vista lúdico e relacional co obxectivo de potenciar as capacidades funcionais e emocionar das persoas, permitíndolles deste xeito acadar o pleno benestar. Nesta etapa traballarase a auto estima e farase risoterapia, acupuntura, reiki, square- step e ramachandran
{jcomments on}

Un abogado especializado para hacer frente a cualquier conflicto familiar

En el día a día, nos exponemos a situaciones y...

Salud y Belleza

Dos aspectos que muchas veces están muy relacionados. En cada época...

Estrategias y herramientas de marketing digital para una tienda online

El marketing digital es un concepto fundamental que cualquier tienda...

El proceso contable en la empresa

El proceso contable en la empresa es un factor imprescindible...

La acusación dice que Toni Pérez pretende invalidar pruebas por posible acoso laboral

 Toni Pérez. Foto: PEPE OLIVARES.  22/05/2019 -  BENIDORM, (EFE). La acusación contra el...

APEDANICA denuncia a Fiscalía y Agencia de Protección de Datos el espionaje detectado en WhatsApp

ANEXO 2 documentos en PDF ("NOTITIA CRIMINIS") http://www.miguelgallardo.es/whatsapp-espionaje-registrado.pdf  http://www.cita.es/whatsapp-espionaje.pdf  Elvira Tejada, Fiscal de Sala de Criminalidad...

Otros articulos relacionados.....