OS SOCIALISTAS CONSIDERAN “UNHA FELONÍA” A DECISIÓN DA XUNTA DE “LIQUIDAR” O CENTRO GALEGO DE BOS AIRES

Información
;América Latina 11 Noviembre 2015 Sección; Especiales

Feijóo renega dos que queren e senten Galicia, ningún presidente fíxoo antes”, asegura Marisol Soneira

“Os galegos de Bos Aires perderán o coidado asistencial e afectivo, así entende o presidente da Xunta o patriotismo”, sostén

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2015. Os socialistas galegos consideran “unha felonía” a decisión da Xunta de “liquidar” o Centro Galego de Bos Aires, o que demostra que “Feijóo renega dos que queren e senten Galicia, ningún presidente fíxoo antes”.

“No último Debate do Estado da Autonomía, Feijóo emocionouse falando de Galicia, de patria e de principios, pero a realidade é que os galegos de Bos Aires perderán o coidado asistencial e afectivo que recibían no centro galego, así entende o presidente da Xunta o patriotismo”, asegurou na presentación nunha proposición non de lei a deputada socialista Marisol Soneira.

A iniciativa, rexeitada polo PP, tiña como obxectivo garantir a permanencia do Centro Galego de Bos Aires como referente hospitalario, cultural e social da cidadanía galega residente na República Arxentina, así como a súa presenza nos órganos de representación política de OSPAÑA.

O Boletín Oficial da República Arxentina publicou unha resolución pola que da conta da decisión da Xunta e do Goberno central de substituír ao Centro Galego da xestión da Obra Social dos Inmigrantes Españois e os seus Descendentes Residentes na República Arxentina –Ospaña-, para substituílo por unha mutua privada creada ad hoc.

Ospaña foi creada en colaboración co goberno central, a Xunta e as autoridades arxentinas para dar cobertura sanitaria a tódolos inmigrantes españois e descendentes en Arxentina a través do Hospital do Centro Galego. Con esta decisión, explica o PSdeG, o Centro Galego, que formaba parte dos órganos de dirección de Ospaña, “deixa de ter voz nin voto na toma de decisións”, polo que Ospaña “convértese nunha Obra Social máis das tantas que hai na Arxentina”.

Esto pon en perigo, dixo Soneira, a supervivencia do propio Hospital e do Centro Galego, que ten un patrimonio composto por obras de tódolos artistas galegos no exilio, unha biblioteca de 20.000 volumes e a fonoteca coas intervencións dos “pais da patria galega”, ademais do patrimonio inmaterial do Hospital no que finou o propio Castelao, e que hoxe está “pendente dun fío”.

Os socialistas galegos reclámanlle á Xunta que preste “todo o apoio político, técnico e económico que fose necesario para que o Centro Galego de Bos Aires siga sendo uns dos sinais de identidade de Galicia”.

Marisol Soneira reiterou na quenda de réplica que “ningún presidente de Galicia atreveuse nunca a tanto” como Feijóo por autorizar “a desaparición do Centro Galego”, unha entidade á que consideran “como inimigos” logo de que o candidato “oficialista” a presidila perdera as eleccións internas.

El chamuyo del pp en Argentina

Feijóo y Alfonso Rueda destinan el dinero de la Xunta de Galicia para montar mítines políticos en Argentina en los que obligan a participar a los subvencionados del programa “Conecta con Galicia 2015”

Ante la publicación por Xornal de Galicia alertando del "chiringuito" pagado con dinero público de la Xunta de Galicia "105.000 euros" que Feijóo envió a en Argentina, fue suspendido.

Pladesemapesga denuncia que Feijóo envía 105.000 mil euros de la Xunta de Galicia hace un mes a Argentina para que le monten una fiesta el día 9 de Octubre y en plena campaña electoral del PP.

  • Decenas de fuerzas de seguridad evitaron que Feijoo fuese apaleado y saliera ileso de un falso montaje de un mítin en Galicia.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    Decenas de fuerzas de seguridad evitaron que Feijoo fuese apaleado y saliera ileso de un falso montaje de un mítin en Galicia. FEIJOO TRASLADADO A MÁS DE 60 KILÓMETROS DE VERIN POR LAS FUERZAS DE SEGURIDAD PARA QUE PUDIESE SALIR ILEPSO.La última "farolada de Feijoo" llega al esperpento y circo de pesonajes dignos de una serie de los muertos vivientes, el PPdeG y su asesora no han visto nada mejor que ir a "cagarse" en las narices de la comarca de Verin-Monterrey en Ourense, trasladando hasta alli, a cuatro personajes de fuera de la comarca que se prestaron a hacer de público de la zona en un campo de fútbol, lo que ocasionó la crispación, enfado de los vecinos de la comarca que fueron directos a provocar " LA CAÍDA DEL IMPERIO MARRANO ", refiriéndose a todo lo que representa Feijóo, en una campaña de TROLS, PERFILES FALSOS, entre las "cagarrutas de cabra o fantasmas digitales" que deambulan por la red, Feijóo y Mar Sánchez llevan más de 4 meses que no se atreven a viajar a América por miedo insuperable a[…]

Otros articulos relacionados.....