- O alegato contra o machismo que o actor Carlos Blanco fixo no seu paso polo instituto foi o xermolo da campaña
- #homesconsaia reivindica a necesidade de irse desprendendo dos roles e estereotipos aos que os homes están atados
Un grupo de alumnos da Área de Lingua e Cultura Galega do IE Cañada Blanch de Londres decidiron participar dun xeito moi especial nos actos do centro para conmemorar o Día Internacional Contra aViolencia de Xénero: levando unha saia. No vídeo que recolle a súa iniciativa, as fotos de dez rapaces que levan posta unha saia e amosan un cartel co hashtag#homesconsaiapreceden á reflexión que Carlos Blanco fixo sobre o machismo na súa recente visita ao instituto londinense.
Blanco e o debuxante Luis Davila O Bichero aproveitaron a xira do espectáculo ‘Menú do día’ por terras do Reino Unido para achegarse ata o instituto para conversar cos alumnos da materia de Galego. Mentres o actor falaba cos estudantes e respondía as súas preguntas, O Bichero ilustraba a conversa con debuxos pero nun momento dado, Carlos Blanco púxose serio para falar sobre o machismo e o maltrato. Tras compartir cos rapaces as súas ideas ao respecto, reivindicou a saia que ambos os dous levan no seu espectáculo como un xeito “de loitar contra ao machismo, contra esa imposibilidade que os homes temos de chorar, manifestar a nosa sensibilidade ou de usar saia se nos apetece”.
Inspirados polas palabras de Blanco e ante a proximidade do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, os alumnos de 3º da ESO matriculados en Galego fotografáronse vestindo unha saia e facendo seu o lema #homesconsaia. Tamén saen no vídeo as rapazas do curso, o que fai un total de 17 alumnos que con esta campaña queren facer fincapé na necesidade da liberación masculinada que falou Carlos Blancoe de como irse desprendendo dos roles e estereotipos aos que os homes están atados.
Vídeo #homesconsaia: https://youtu.be/tb2tkHrGArM
Web:http://galegoenlondres.gal/falalondres/homesconsaia/{jcomments on}