"actriz, cómica e titiriteira e agora Xograresa" Susana Dans, como ela mesma se definiu, recolleu onte nun ateigado Pazo da Cultura o Xograr de Outono 2015, un galardón que concede o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) a persoas ou entidades que desenvolvan un papel activo na promoción e desenvolvemento do teatro en Galicia. Moi emocionada e moi aplaudida polo público, Dans quixo dedicarlle o premio especialmente aos espectadores, así como ao propio festival polo seu traballo ano tras ano "para fidelizar clientes", xa que "habendo teatro, todo tempo pode ser calquera tempo". Recolleu o premio de mans do Deputado provincial de Cultura, Xosé Regueira, e do Vicepresidente da Asociación Telón e Aparte, Antón Guitoi, precedida polas verbas doutro Xograr de Outono, Cándido Pazó, que leu a súa muller e presidenta de Escena Galega, a carballesa Belén Pichel. Pazó subliñou o agarimo que lle ten toda a profesión á actriz coruñesa, xa que Dans "enche os personaxes de vida e de sangue", enriquecéndoos "con delicados e pequenos matices", converténdose "nunha actriz que sabe ser grande no pequeno, e pequena no grande". A traxectoria de Susana Dans tamén fala por ela, tendo visitado Carballo en numerosas ocasións, así como o FIOT, formando parte do elenco que representou "Noite de Reis" (2007-2009), do Centro Dramático Galego, proposta que recibiu o Premio do Público do festival. Conta con cinco premios María Casares, a máis alta distinción do teatro galego, o último recibido no ano 2014 por "As do peixe", de Abrapalabra Producións Escénicas, como mellor actriz protagonista. Parabéns! Dans únese aos outros doce Xograres de Outono do FIOT, que son Roberto Vidal Bolaño (2002), Artur Trillo (2004), Celso Parada (2005), Víctor Mosqueira (2006), Quico Cadaval (2007), Dorotea Bárcena (2008), Cándido Pazó (2009), Paula Carballeira (2010), Marcelino de Santiago "Kukas" (2011), Alberto Gende (2012), Xosé Manuel Olveira "Pico" (2013) e Eduardo Rodríguez Cunha "Tatán" (2014). Entrando no seu currículo máis polo miúdo, Susana Dans recibiu os premios María Casares como mellor actriz protagonista en "A Piragua" (2008) co Centro Dramático Galego e "O cerco de Leningrado" (2000) de Teatro do Atlántico, e como mellor actriz secundaria en "O ano do cometa" (2005) e "Rosalía" (2002) co Centro Dramático Galego. Ademais foi galardoada co Premio Mestre Mateo 2011 á mellor interpretación feminina protagonista por "Emilia Pardo Bazán, a Condesa Rebelde", e co Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva en 2003 polo seu traballo en "Rosalía, ou mulleres". Susana Dans (A Coruña, 1965) comezou a súa andaina profesional nos anos 80 da man de Manuel Lourenzo, e a partir de aí foi dirixida por figuras moi importantes da escena galega como Roberto Vidal Bolaño, Quico Cadaval, Xan Cejudo, Xúlio Lago, Cándido Pazó, Eduardo Alonso, Ánxeles Cuña, Vicente Montoto ou Marcelino de Santiago "Kukas", entre outros, este último presente onte no auditorio do Pazo da Cultura.

Como actriz de teatro destaca pola súa longa e exitosa participación en importantes espectáculos en recoñecidas compañías como en "As do peixe" (2014) dirixida por Cándido Pazó en Abrapalabra Creacións Escénicas, "E.R. (Algún día traballemos xuntas)" (2011) e "O Cerco de Leningrado" (1999) de Teatro Atlántico, "As dunas" (2009), "Noite de reis" (2007-2009 e Premio do Público do FIOT), "A Piragua" (2007), "O ano do cometa" (2004), "Rosalía" (2001), "A burla do galo" (2000) ou "Nau de amores" (1995), do Centro Dramático Galego, "O Club da calceta" (2008) de Teatro do Morcego, con Teatro do Aquí representou "O Cabodano" (2002) e "Saxo Tenor" (1993), "A casca dunha árbore" en Kukas Producións (1992), "Fedra Gómez "(1989) de Uvega Teatro, "Aquela historia de Bly" (1987) da Compañía Luís Seoane, etc. Tamén ten unha importante experiencia tanto en cine como en televisión. Participou en series de televisión de grande éxito en Galicia, como en "Os outros feirantes" (1990), "Pratos combinados" (2000), "A vida por diante" (2007) ou "Hospital Real" (2015). No cine traballou nas longametraxes "Divinas palabras" (1987) de José Luís García Sánchez, "Martes de carnaval" (1991) de Fernando Bauluz e Pedro Carvajal e "Blanca Madison" (1998) de Carlos Amil, así como na curtametraxe "Cabeza de boi" (1996).{jcomments on}

“CORONAVIRUS”, UN INDESEABLE LEVIATAN MITOLÓGICO-POLÍTICO PARA GOBERNANTES

La reciente madrugada nos ha traído la noticia sobre el...

APEDANICA propone a fotocopiadoras y cibercafés cuentas en participación

 Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

ESPAÑA SE QUIEBRA ANTE LO DESCONOCIDO

A propósito, manifestaba Marco Aurelio en sus Meditaciones, Libro X...

Agarrotar a Sánchez, el plan A tras el 28 de abril.

La demoscopia proclama que Pedro Sánchez será el líder que...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi

  Guía de Empresas Españolas. Guía de Empresas Españolas      Noticias de empresas en Xornal Galicia...+. Noticias de empresas en Xornal Galicia...+     Guía de Empresas Españolas. Empresas o Personas en el BORME         Guía de Empresas Españolas.  Turismo de Galicia

Blogspot Agencia Noticias AI    -  Blogspot Xornal Galicia  -     Blogspot Pladesemapesga  -  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Aceso a Socios (+)  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Unirme desde la Web (+)    -  © Xornal Galcia, 2013 -  Síguenos en Google Noticias.+
banners

www.pladesemapesga.com  - www.actualidadiberica.com  - www.accionytransparenciapublica.com - www.xornalgalicia.com  - www.xornaldegalicia.es  - www.xornalgaliciasur.com  - www.xornalgalicianorte.com -  - www.diariomaritimo.com   - www.redacuicola.com www.redacuicultura.com 

Wayback Machine es un servicio y una base de datos que contiene copias de una gran cantidad de páginas o sitios de Internet. Si por alguna razón este sitio no está disponible momentáneamente o por orden judicial o ha sido borrado del servidor de origen, es posible consultar una réplica vía "Wayback machine".  Wikipedia- saber más.+

Este diario tiene copias de seguridad históricas desde el año 2002 almacenadas en www.web.archive.org  y en www.archive.is  Bajo licencia GNU para su libre consulta y disposición. Mapa web.+

  © Copyright R.L. 2012/016402 Nif G-70321807 Impreso D.L: C 47-2015 -Directiva Europea de Privacidad Legal UE.(+)