A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou o programa das festas dos Apóstolo, que arrancarán o venres 17 de xullo co pregón da futbolista santiaguesa Verónica Boquete. Serán 15 días de actividades, todas de balde, as que compoñen un programa marcado por tres eixes: a diversidade, a descentralización e a apertura. Segundo Branca Novoneyra, serán unha festas diversas en canto a estilos. "Poderemos escoitar dende o reagge de Gentelman and the Evolution e o rockabilly de Imelda May ata a revisión da canción tradicional mexicana de Lila Downs, sen esquecer o hip hop, o soul, o funk, o jazz, o gospel, a música electrónica, o tango, o rock e o folk; sen esquecer espazos de produción propia como a Banda e a Real Filharmonía, ou espazos tradicionais das festas coma o Día do Traxe e a Xornada do Folclore Galego", indicou.
Tamén se referiu á forte presenza no programa das artes escénicas, con teatro, circo, danza ou monicreques, intentando que "a arte volva á rúa" grazas a unhas festas "participadas, creativas e inclusivas, orientadas a un público amplo de idades".
Serán tamén unhas festas "de todos e para todos", cunha programación "expandida no territorio". Proba disto é que as actividades chegan a case 20 puntos do municipio, entre eles os barrios de Fontiñas, Sar, Vite, Conxo, Santa Marta, Nemenzo, Figueiras ou A Gracia, entre outros. Ademais, dixo, "quixermos recuperar espazos emblemáticos das festas como a praza do Toural, achegarnos ás prazas da cidade e volver polas rúas e recunchos escondidos que coñecemos os veciños da cidade e que queremos compartir cos miles de visitantes que recibimos nestas datas".
Artellando A concelleira referiuse tamén á aposta por "recuperar o pulso e vitalidade da cidade" a través dunhas festas nas que todas as actividades serán abertas e de balde. Ademais, engadiu, "quixemos abrir as prazas -tamén a da Quintana, tantas veces pechada nestes anos- e unha forte presenza de artistas que viven na cidade e constrúen a nosa cultura e unilos nun proxecto orixinal: Artellando".
Artellando é un proxecto que implica a máis de 130 artistas "traballando en rede, construíndo sobre o territorio un tecido cultural orientado a todos os públicos, con actuacións musicais e escénicas coas que queremos provocar experiencias novas", dixo. Esta proposta vivirase entre os días 18 e 23 de xullo, vencellada tamén á programación dos centros socioculturais.
Especiales +
Compostela terá unhas festas do Apóstolo diversas, descentralizadas e abertas, con todas as súas actividades de balde
- Detalles
- Categoría: Localidades de Galicia
- Visto: 7931
- Información
- 7931 votos
Compostela terá unhas festas do Apóstolo diversas, descentralizadas e abertas, con todas as súas actividades de balde
- Información
- ;Localidades de Galicia 10 Julio 2015
-
Rosa Quintana tiene montado un auténtico circo en la Consellería do Mar que representa cualquier cosa menos al sector pesquero y ya estudia contratar un buque turco para Galicia.
Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]Rosa Quintana si no le cuaja ser ministra de pesca en Turquía ya tiene preparado con fondos Europeos contratar un buque turco para vigilar las costas gallegas....Con bandera de aquel país. "Total como decía el alcalde del PP les prometo una playa en el centro del pueblo y los muy gilipollas se lo creen ", solo que en Galicia las realidades van mucho más allá de lo esperpéntico , de adicción a la impunidad con los juzgados y fiscalías mirando para otro lado. 5.000 euros de fondos europeos para unos prismáticos térmicos de visión nocturna para el jubilado de Caión. Subvenciones a su hijo de forma ilegal. Coches oficiales de la Xunta practicando el furtivismo con lo requisado.Xornal Galicia puede probar como el Servicio de Inteligencia de Turquía gracias a Rosa Quintana GALICIA se encuentra entre los documentos a los que ha tenido acceso y prueban que estas operaciones se han llevado a cabo, también, en...+ Estados Unidos, Alemania y Grecia,[…]