A proba celebrarase no Monte do Gozo.

Máis de 1.900 corredores procedentes de España e Portugal participarán este sábado 27 de xuño en Santiago na Gladiator Race, unha carreira que na súa primeira edición aspira a converterse nunha das competicións máis espectaculares no verán galego.

O Monte do Gozo, punto de partida do tramo urbano que conduce aos peregrinos ata o final do Camiño, converterase durante unhas horas nun circuíto de 9 quilómetros no que se mesturará a práctica do trail running coa superación de 26 obstáculos naturais e artificiais. Nun mesmo evento combinaranse o deporte, a emoción, a aventura, a competitividade e, sobre todo, grandes doses de diversión.
A Gladiator Race será unha experiencia única que se poderá vivir de forma individual ou conxunta. Esta última modalidade foi a elixida por máis de 100 equipos, que oscilan entre os 5 compoñentes (mínimo esixido polo regulamento) e os máis de 80 que integrarán o equipo Gladiator Box 004 Pontevedra. Todos os gladiadores terán que superar obstáculos nos que deberán mostrar a súa forza, equilibrio, resistencia ou destreza. Arrastrarse polo barro, trepar por ramplas de madeira, correr sobre coches, camiñar entre pneumáticos, saltar pequenas cacharelas ou enfrontarse a cubas con xeo serán algúns dos desafíos cos que se encontrarán os deportistas antes de alcanzar a meta. Aínda así, coñecer a totalidade dos obstáculos non será posible antes da cita. Con iso, a organización busca que o factor sorpresa sexa outra das características desta aventura.
Pinchadiscos, grupos de animación, unha afección entregada e unha festa final complementarán un evento que nace coa intención de converterse nun referente das carreiras de obstáculos celebradas en España. Aqueles que se quedaron sen inscrición ou queiran repetir experiencia terán unha nova oportunidade o 24 de outubro en Pontevedra.
Doce quendas máis unha quenda VIP Dende as 16:30 horas, cada 15 minutos, darase a saída a grupos de 150 persoas aproximadamente, ata completarse as 13 quendas previstas. Na última quenda correrán rostros coñecidos coma o piragüista e medallista olímpico Carlos Pérez "Perucho", o actor e humorista Marcos Pereiro, o boxeador Xesús Ferreiro "Cachorro", o humorista Carlos Tresandí ou o físico Jorge Mira. Estes formarán parte dos equipos dos programas Galicia por Diante, A Tarde, Somos Quen e Galicia en Goles, da Radio Galega. Entre os seus rivais, o equipo de Antena 3 Galicia, capitaneado pola xornalista María Cheda. Todos eles enfrontaranse nesta quenda VIP a un dos grupos favoritos: o formado por militares da BRILAT de Pontevedra.
Dispositivo de máis de 130 persoas Colaborará coa organización da Gladiator Race un dispositivo formado por máis de 130 persoas. Militares da BRILAT de Pontevedra achegarán duchas móbiles, carpas e un hospital de campaña. Ademais, tres médicos, cinco ATS e tres ambulancias prestarán asistencia sanitaria se fose precisa. Efectivos de Protección Civil e da Policía Local tamén formarán parte do dispositivo especial do evento.
A organización poñerá a disposición dos usuarios un autobús para trasladar os participantes dende o Monte do Gozo ata o Estadio de San Lázaro, onde se poderán utilizar as súas duchas grazas á colaboración da Concellaría de Deportea. A outra zona de duchas fixas localizarase no albergue Centro de Peregrinación.

  • Presentan denuncia por presunto Delito Electoral contra Feijóo y Mar Sánchez Sierra usando dinero público para panfletos del PPdeG

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    Presentan denuncia por presunto Delito Electoral contra Feijóo y Mar Sánchez Sierra usando dinero público para panfletos del PPdeG Que ha observado que los altos cargos de confianza del Partido Popular en la Xunta con responsabilidades públicas en comunicación están realizando publicidad jactándose de los logros obtenidos con su gestión pública..[1]La Junta Electoral ya dispone de varias resoluciones que condenan al PPdeG y a la misma María del Mar Sánchez Sierra por usar los dineros públicos para campañas del PPdeG y en curso la investigación por uso ilegal de latrados públicos para defenderse a si misma de las tropelías políticas utilizando los recursos públicos.Como prueba de lo manifestado, adjuntamos diversas capturas-captura actuales del Diario local de A Coruña ( La Voz de Galicia) de A Coruña de los días 1 de Junio de 2020 página en su hoja 7 de la derecha de la sección Galicia.. Sábado 30 de Mayo de 2020, página 13, y 30 de Mayo anunciando la apertura de las visitas a las residencias de la tercera edad, cuya información no solo es errónea, si no[…]

Otros articulos relacionados.....