Por Eduardo Prieto CasaresOs feitos que se van a debullar a continuación sucederon na ribeira do Sil. Desto xa medraron os carballos, claro. Disque Benedito recibira este nome de elixido na  pía bautismal de San Mamede de Forcas, aínda que fora máis coñecido na contorna de Caldelas, con chufa entre os veciños e amigos, polo alcume de "Benita".  

-E logo de quen era? -preguntou Marta, a miña neta, fitándome cos luceiros de nena inqueda. Coido que era fillo dunha familia de xudeus maragatos, daquela á procura da vida co trasfego do peixe das Rías Baixas a Castela ou coas mulas da serra de San Mamede a Estremadura. Home moi recatado á hora de cumprir os domingos, nos funerais e cabodanos, malia de ter unha fea costume, iso si, de andar ás voltas cos carallos, tirando deles como comodíns, en contrapunto coa voz devota de muller agarimosa que lle saía do caletre femia, disfrazado de compadre por fóra feito un entroido, un figurante meco de trapo.

Recurso da linguaxe que o habería de sacar de moitos apuros: disque Bendito para enfiar á xeito tres palabras seguidas, cumpríalle unha liña de bosquexo, a cada puntada, unha pausa até articular o seguinte vocábulo, enchendo os ocos mudos da cadea da fala, mentres procesaba, cun 'carallo' que lle cubría a espera.

Un modo de falar que non casaba co nome de Benedi de primeiras, parecía que lle pintaba ben, que soa a home santo e pulido de fala; porén, non era así no desenrolo dunha pequena conversa, na que pronto quedaba desvelada a pobreza de léxico nos dicires, incluso de uso diario: home ambiguo, a medio levedar, que fora derivando dende a conflitiva puberdade, acariñando sabas de desvelos de azul turquesa, de Bendito a "Benita".

elementales ninfasLavandeiras

Emporiso, disque unha veciña de Miranda, educada nas monxas clarisas de Monforte, un día de coresma, á saída da misa, recriminou a Bendito no atrio de igrexa de ser un larafuzas na fala, ó pé do cruceiro de pedra, que se ergue á beira da parroquia de Forcas, prédicas que caeron como auga no cu dunha cesta:

-Ai, Bendito, como botas tantos esgarros por esa boquiña, que aínda o demo vai rubir do inferno a cortarche a lingua! -díxolle dona Emérita.   -Boto os carallos que me saen da cona, dispensando -replicoulle con voz de gata prosmeira, estoupando de risa os nenos e mailos vellos que estaban ollando a escena ó redor nunha roda de chufa.

Entón, o crego de Forcas, tras permanecer un cacho mudo, acochado dentro da sotana da que amosaba o nariz colorada de can gardián, desapareceu nun amén, desexoso o seu corpo, sacrificado, das augas arrefrías da vaira que alimentaba o vello muíño no Mao, voando coma un lóstrego cara á ponte Conceliñas, afastando os ouvidos do corro que arrodeaba a Bendito, aquel mozo que amosaba cara fóra donaires de femia lúbrica dentro dun corpo que, abofé, non lle cadraba:

"Ai, che digo vivo sin vivir en mí... como Santa Teresa de Ávila...!", repetía polo baixiño.

Historias paralelas da natureza caprichosa que anda ó seu, acó e mais acolá, dende os albores: Un día, de cando neno, fun coas vacas para o monte e, co gallo de matar os tempo mentres pacían no lameiro de Caborriba, estiven lendo un libro de lendas antigas. Unha delas falaba de Troco, un personaxe mitolóxico; con este nome atendía tamén o can do Tres de Castro, mentres ía tralos pasos dun profesor emérito nos seus andares de soidades polos camiños de ferradura, hoxe abandonados... cumpríame a compaña de Barrabás, que lembraba de cando mestre substituto, non vaia ser o demo de amosaren os lobos por un portelo: de ventaren preto a Barrabás, con sona de ser máis malo cós piollos, fuxirían tres leguas á redonda, pensou para os seus adentros.

E disque o Tres, irmán de Barrabás, que saíra cedo un día sen veda, atopara un cadeliño nun niño de fentos, á beira da fonte das tres ninfas lavandeiras, no río Mao, á altura do vello canle da fábrica da luz, na tarefa de retorceren as sabas de liño á dereita e que alí mesmo o bautizara como "Pitusa", dado que lle vira a cousa, por debaixo do rabo, mais logo seica a fenda estiñara axiña ó tempo de brotarlle unha minga, como resultas de se trocar o Tres coas ninfas torcendo os lenzos do revés.

Por causa do contrasentido en retorceren a roupa da colada das fadas, dende entón o can non coordinaba o siso co sexo: ás veces, tiraba ó monte como un lobicán; outras, pola contra, laiábase coma unha coitada cadela. Así que o Tres decidira quitarlle o meigallo, que o deixara co xénero indefinido, na fonte da ninfa Sálmacis, un lugar inzado de caracois, máis coñecido pola fervenza das Tres Figueiras.

A lenda conta que tres caracois -Troque, Andróxino e mais Hermafrodito- botaran unha carreira rubindo unha póla dunha figueira, que alternaba cada ano as béveras cos figos. E como corolario do enredo da competición, Troque, o caracol con máis gónadas varudas, coas que estarricaba o corpo, deixando un camiño de babas, seica resultara gañador. Polo que se pode deducir que o can do Tres mudara trala metamorfose de Troque, con dous cornos, a Troco con catro patas. Parada de Sil, terra meiga. 

Eduardo Prieto Casares

Referencia foto; Hadas lavanderas.

Habitan en Rusia, Bulgaria y Polonia. Sólo pueden verse en Semana Santa. Tienen relación con las Hadas Lavanderas.

http://www.jorgeolguin.org/enigmas/los_elementales.htm

 

Más artículos de Eduardo Prieto Casares..:

  Guía de Empresas Españolas. Guía de Empresas Españolas      Noticias de empresas en Xornal Galicia...+. Noticias de empresas en Xornal Galicia...+     Guía de Empresas Españolas. Empresas o Personas en el BORME         Guía de Empresas Españolas.  Turismo de Galicia

Blogspot Agencia Noticias AI    -  Blogspot Xornal Galicia  -     Blogspot Pladesemapesga  -  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Aceso a Socios (+)  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Unirme desde la Web (+)    -  © Xornal Galcia, 2013 -  Síguenos en Google Noticias.+
banners

www.pladesemapesga.com  - www.actualidadiberica.com  - www.accionytransparenciapublica.com - www.xornalgalicia.com  - www.xornaldegalicia.es  - www.xornalgaliciasur.com  - www.xornalgalicianorte.com -  - www.diariomaritimo.com   - www.redacuicola.com www.redacuicultura.com 

Wayback Machine es un servicio y una base de datos que contiene copias de una gran cantidad de páginas o sitios de Internet. Si por alguna razón este sitio no está disponible momentáneamente o por orden judicial o ha sido borrado del servidor de origen, es posible consultar una réplica vía "Wayback machine".  Wikipedia- saber más.+

Este diario tiene copias de seguridad históricas desde el año 2002 almacenadas en www.web.archive.org  y en www.archive.is  Bajo licencia GNU para su libre consulta y disposición. Mapa web.+

  © Copyright R.L. 2012/016402 Nif G-70321807 Impreso D.L: C 47-2015 -Directiva Europea de Privacidad Legal UE.(+)