A Terceira División da Liga Galega de Clubs arrinca en Carballo

O vindeiro sábado día 3 de novembro de 2018, desde as 15:30 hs; a Piscina Municipal Carballo Calero da Zona Bergantiños en Carballo, será por terceiro ano consecutivo a sede que acolla a primeira das tres Xornadas Preliminares da Liga Galega de Clubs na súa Terceira División. Para a organización da proba os da AD.Fogar contamos coa colaboración da Federación Galega de Natación,

O Concello de Carballo e Carballo Deporte. Os nosos nadadores, que a pasada campaña asegurábanse a permanencia ao finalizar terceiros, medirán este ano as súas forzas cos equipos da ADN.Narón, ADT.Oleiros, CN.Monforte, CN.Mos e Universitario de Santiago co obxectivo de loitar polo título, e acadar o ascenso a segunda división. Nesta primeira rolda concursaremos como locatarios con 21 dos nosos nadadores, 9 da categoría feminina e outros 11 da masculina, entre os que se repartirán as probas individuais dos 50, 100 e 400 metros libres, os 100 braza e bolboreta e os 200 costas e estilos; ademais das remudas por equipos dos 4x50 estilos e os 4x100 e 200 libres. Os 3 primeiros clasificados desta fase preliminar loitarán polo título e tan só os 2 primeiros consumarán o ascenso á segunda división. A normativa ligueira e a clasificación da tempada pasada están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web, ademáis como documentación anexa a esta noticia podedes consultar tamén a lista de saídas e o sumario de participantes da xornada carballesa.

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi