A xuntanza informativa, prevista para mañá ás 21 h, está acompañada dunha edición especial do boletín informativo do BNG para o barrio onde as nacionalistas repasan os trámites seguidos polo goberno local sen facelos públicos en ningún momento e as afeccións que a estación de servizo pode ter na vida do barrio, no camiño seguro escolar que por alí pasa, no tránsito na circunvalación e no patrimonio a curto e medio prazo.

 

Ningún grupo da Corporación apoiou a moción do BNG no Pleno que pedía informar á veciñanza e buscar a vía de paralizar a construción da estación de servizo na zona onde o goberno local prevé que se expanda o casco urbano.

Betanzos, 7 de agosto de 2018.  O BNG celebrará mañá unha asemblea informativa na Condesa para facilitar á veciñanza información sobre a gasolineira que o goberno local autorizou a construír pegada á pista deportiva do barrio. A cita será ás 21:00 h na praza Enrique Riego, no centro do barrio.

As nacionalistas trasladaron o asunto ao último pleno, por medio dunha moción na que se pedía que o goberno local informase do proxecto á veciñanza e que explorase todas as vías para revisar a licenza outorgada na xunta de goberno local o 28 de xuño pasado. “Un goberno leal coa veciñanza á que se debe informa dun tema como este, en lugar de xogar ao despiste e ocultalo até que non ten volta”, explicou o edil do BNG, Henrique del Río, na sesión. Ningún grupo da Corporación apoiou esta demanda de informar á veciñanza e buscar a vía de paralizar a construción da estación de servizo na zona onde o goberno local prevé que se expanda o casco urbano.

“En todas partes a tendencia e a sacar estas instalacións da beira das casas e instalalas nas aforas, menos en Betanzos, que como noutras cousas parece que imos cara atrás”, afirmou Henrique del Río, portavoz do BNG.  As nacionalistas cuestionan que se permita construír a 200 metros doutra gasolineira, a carón do barrio da Condesa e na zona de protección do Pasatempo e de outros bens de interese patrimonial, como o Convento de Donas ou o Camiño Real de Infesta.

A xuntanza informativa, prevista para mañá ás 21 h, está acompañada dunha edición especial do boletín informativo do BNG para o barrio onde as nacionalistas repasan os trámites seguidos polo goberno local sen facelos públicos en ningún momento e as afeccións que a estación de servizo pode ter na vida do barrio, no camiño seguro escolar que por alí pasa, no tránsito na circunvalación e no patrimonio a curto e medio prazo.

  • Feijoo y Mar Sánchez Sierra convierten el viaje a Argentina en una burla a los gallegos/as y "cortinas de humo" para losastilleros de Galicia.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    Feijoo y Mar Sánchez Sierra convierten el viaje a Argentina en una burla a los gallegos/as y "cortinas de humo" para losastilleros de Galicia. En países donde la política se parece mas a la “cosa nostra” como México, país que bien conocen Mar Sánchez Sierra y Feijóo  por sus idas y venidas relacionadas con los contratos navales de PEMEX, donde las cortinas de humo se utilizaron como  distractores para "mentir" a Galicia y los Gallegos/as que ahora no solo investiga la Fiscalía de Mexico, si no que también  se sumó la Fiscalía de EE.UU en la que aparecen presuntamente implicados los altos cargos de la Xunta según diversos medios  de comunicación... El líder gallego lanza su "última carta marcada como clavo ardiendo " con el único propósito de afianzarse 4 años más en el  poder de la Xunta de Galicia, ( Feijóo según las encuestas pierde la Xunta..+) burlándose literalmente no solo de Galicia y lo que representa, también de sus ciudadanos/as  que nunca en sus 10 años de gobierno han visto cumplir una sola promesa desde que llegó al poder, destruir sí, comenzó por la sanidad-sergas y así está...+Solo[…]

Mar Sánchez Sierra CONVIERTE LA PRESIDENCIA DE LA XUNTA con su cargo y acciones en una pirámide de acoso judicial, persecución institucional, amenazas y coacciones utilizando altos cargos de la Xunta contra Miguel Delgado Director de Xornal Galicia y Presidente de Pladesemapesga.