DEBATE DO ESTADO DA AUTONOMIA 14-10-2015

Intervención do portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Luis Méndez Romeu

ESTE DISCURSO É UN BORRADOR QUE PODE ESTAR SOMETIDO A VARIACIÓNS

Sr. Presidente:

Hai un ano dixemos que o goberno estaba esgotado. A semana pasada deunos a razón cambiando a metade da Xunta. Hoxe recoñeceu ter escoitado o clamor da xente e anunciou un paquete social. Benvida sexa a rectificación. Durante seis anos destrozaron a esperanza de tantisimas persoas golpeadas pola crise, agora reclama fe no futuro mentres ofrece caridade en forma de subsidios múltiples. Moi eclesiástico, tanto como o ataque á igualdade que exemplifica este goberno. 4 mulleres de 11.

Con todo o respecto debo dicirlle que a súa credibilidade está perdida. Demasiadas promesas incumpridas, de creación de emprego, de investimento, de recuperación. Tendo maioría absoluta en case tódalas institucións do Estado e de Galicia, decidiron escoitar pouco e mandar moito. Aprobaron sen dificultades as leis e normas que querían. Durante anos vostedes dixeron que viviamos por riba das nosas posibilidades. Agora moitos viven por debaixo das súas necesidades.

BALANCE

A fenda entre unha minoría beneficiada e unha maioría prexudicada, é maior que antes. Empobreceron as clases medias por primeira vez na historia moderna. Racharon co principio de que cada xeración debe mellorar en rendas e oportunidades. Moitos galegos viven hoxe peor cos seus pais sabendo que os seus fillos poderán empeorar, con salarios insuficientes, traballo precario, con pensións en risco e prestacións sociais minguantes.

Hoxe esforzarse no estudo, non é garantía de traballo. Nin traballar garante un salario suficiente para vivir. Nin pagar impostos garante servizos públicos de calidade. Logo destes anos, a situación económica segue sendo incerta. A situación laboral, lamentable. O retroceso da calidade de vida, enorme. Teño que dicirlle unha vez máis que a recuperación ou é xusta para a maioría ou non é recuperación. É falso que teñamos que elixir entre economía e benestar como é falso que non podamos garantir dereitos sociais conquistados.

FRACASO DA AUSTERIDADE

Rajoy, vostede, e o Partido Popular, decidiron unha estratexia económica, que chamaron austeridade. Dixeron que a economía do país era como unha familia que tiña que pagar débedas reducindo gastos, esquecendo que o gasto público xera ingresos para as persoas, directos e indirectos. A crise foi pagada polos asalariados e os autónomos. Por unha dobre vía: a devaluación salarial e a restrición das prestacións do Estado de Benestar, xa foran pensións, subsidios, menciñas ou becas. Os resultados son notorios. Neste momento o beneficio bruto das empresas é máis elevado que antes da crise, máis incluso que antes da entrada no euro. Polo contrario os salarios retrocederon 20 anos.

Ofreceron ás empresas condicións laborais máis laxas e baixada de impostos, mentres os salarios sufrían a presión fiscal. Por cada cen euros de valor engadido producido, o factor traballo perdeu nove. A produtividade mellorou pola devaluación salarial, non polo investimento de capital, conxelado ata este ano.

A devaluación interna é insostible. Non hai futuro competindo con salarios baixos e precariedade laboral. Sobran países competidores con custos inferiores. Nin é sostible fialo todo ás exportacións e ó saldo comercial favorable sen unha aposta máis forte polo valor engadido, algo que non está ocorrendo. Nin cabe confundirse cos efectos conxunturais de políticas alleas como a depreciación do euro, a caída do prezo do petróleo ou as axudas do Banco Central Europeo

PARO + PRECARIEDADE

Vostede, logo de seis anos, é o Presidente do paro. Temos 250. 000 parados, un cuarto de millón. 90.000 máis que no 2009. Porcentualmente nestes anos o paro aumentou o dobre que en España mentres perdemos o dobre de empregos. Temos menos poboación activa, menos poboación ocupada, menos cotizantes á Seguridade Social. Perdemos a cuarta parte dos empregos industriais e do emprego agrario. En 90000 fogares, un de cada dez, so viven parados. Ese é o seu retrato e o seu balance.

Non son datos. O paro ten rostro. Son persoas que necesitan vivenda, alimentación e vestido, con cargas familiares. Teñen dereitos e deberían de ter unha esperanza que vostedes lles negan. Seis de cada dez non cobran desemprego. Máis da metade son crónicos de longa duración, perderon as prestacións. A Risga chega a unha minoría. Vostede creou unha nova clase social de excluídos. En lugar de afrontalas causas consagran a exclusión asistencialismo a grande escala. Máis axudas e máis xente estigmatizada coa pobreza.

A pesar da propaganda o paro apenas cede. Segundo o último informe de ABANCA sobre a Economía galega, para baixar do 10 por cento de paro, teríamos que medrar 16 puntos máis. Coa súa política non parece probable. No último ano medramos medio punto, a terceira parte da media española.

A cántos anos fían a recuperación Sr. Feijoo?

Vostedes mentiron gravemente. Prometeron que a reforma laboral remataría coa precariedade. Foi o revés. Os novos contratos son case sempre precarios. A duración media é de 54 días. A cuarta parte duran menos dunha semana. A metade dos xóvenes que traballan están en precario. A metade dos asalariados galegos teñen un salario menor de mil euros e un terzo gañan menos do salario mínimo.

Pode facerse unha idea das dificultades no día a día de tantísimas familias?

PENSIÓNS EN RETROCESO

Eses niveis salariais e de precariedade terán consecuencias nas pensións. Están liquidando o Fondo de Reserva mentres baixan os ingresos por cotizacións. Non é difícil prever cara onde nos levan. Temos as pensións máis baixas do Estado, as conxelaron por lei e as desvincularon do IPC, restando poder adquisitivo. Os emigrantes pensionistas son un exemplo extremo de insensibilidade. Tiveron que protestar durante dous anos para que o goberno comezara a corrixir actuacións inxustas e desproporcionadas. E aínda quedan miles de casos sen resolver.

CRISE DAS PRESTACIÓNS SOCIAIS

Gastamos menos en dependencia ca maior parte das comunidades e temos unha lista de espera maior, 27.000 persoas. Só neste ano, mil persoas co dereito recoñecido, morreron antes de recibir prestacións. Reduciron a demanda revisando de oficio os beneficiarios   e creando un labirinto burocrático para desanimar ós solicitantes.

Recortaron 800 empregos en centros sociais, baixaron orzamentos e subiron taxas,   obrigando a moitas persoas a abandonar residencias e centros de día. Favorecen a privatización, concentrada en catro empresas, mentres dificultan que as entidades de iniciativa social poidan xestionalas. As ratios de prazas residenciais para persoas discapacitadas, centros de día, residencias de maiores, son peores ca media do Estado.

Son algúns datos da situación social. O   gasto social baixou 1.150 millóns de euros anuais. Por iso moitos galegos votan cos pes, marchando do país. Fundamentalmente persoas novas e cualificadas, agravando a sangría demográfica. Vostede quere freala recuperando un cativo cheque bebé.

Lembra as súas críticas contra Zapatero?

FISCALIDADE REGRESIVA

O Partido Popular é abandeirado da desigualdade. É o seu sinal de identidade. Fixeron unha reforma fiscal regresiva, á medida das rendas máis altas. En Galicia as rendas baixas e medias pagan máis impostos ca media estatal mentres as clases altas pagan menos ca media.

Agora baixarán dous puntos no IRPF,

Da totalidade da declaración ou dos doce mil primeiros euros? , Linealmente, para os que máis gañan e para os que menos?.

E nada para os que non tributan por renda pero soportan taxas, copagos, novos impostos na factura da luz e do gas, da auga e do lixo, nos combustibles, nos medicamentos e nos servizos sanitarios ou sociais e dúas subas do IVE?

Noutras Comunidades faise de xeito progresivo, Andalucía por exemplo rebaixará dous puntos a tódalas rendas inferiores a 60000 euros e adaptará os tramos para manter a progresividade. Vostede sempre afondando na desigualdade.

Será porque hai eleccións ou porque non necesitan ingresos?

Pode explicar cantos médicos deixarán de contratar con ese aforro ou cantas prazas en centros de día deixarán de atender?

Por certo debería de explicar como cadran as contas si aumentan gastos, reducen ingresos e non poder emitir débeda.

Fiscalmente, ademais de inxustos son erráticos. Aumentaron a fiscalidade sobre a vivenda, eliminaron a desgravación por compra e incrementaron o valor catastral revisando valores e con tipos máximos. A súa política fiscal resúmese en dureza cos honrados, asalariados e pensionistas e benevolencia para os defraudadores que son amnistiados.

CONTRA DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

Non cren na igualdade de oportunidades. A terceira parte das persoas de 25 a 34 anos só teñen estudos primarios ou de ESO. Poucos países presentan datos peores. Para converxer cos países punteiros precisariamos arredor de 250.000 novos empregos de técnicos e profesionais con nivel de bacharelato ou formación profesional superior. Sen embargo non   aproveitan o elevado paro para incrementar a cualificación. Optan por algo máis fácil e menos útil, a LOMCE, unha lei ideolóxica na que evitaron discutir problemas e solucións e rexeitaron consensos sociais ou políticos. Implantaron o que non existe en Europa, reválidas selectivas temperás e obviaron o que alí funciona, orientación ó éxito das persoas.

Crearon a Formación Profesional Básica sen un euro para equipamento ou material e sen regular o título final, asumindo que non vale para nada. A FP Dual galega representa menos do 1% de España. Canto ó ensino de idiomas, os últimos datos do Ministerio son desoladores para esta Comunidade.

Temos o dobre de abandonos escolares prematuros que na maioría dos países avanzados, menos que nas Comunidades con inmigración pero moitos máis que nas comunidades referentes en educación. Temos o tripla de fracaso escolar que na OCDE. Ademais de despilfarrar recursos, estamos abandonando a un elevadísimo numero de estudantes, que, non é casual, proceden dos niveis socioeconómicos máis febles. É falso que debamos optar entre equidade e excelencia. Podemos e debemos ofrecerlles mellores oportunidades de igualdade coas medidas probadas noutros países.

O mellor indicador da igualdade de oportunidades é o número de becas. Co goberno Zapatero o número de becas medrou un 76%. Co goberno Rajoy as becas estatais en Galicia baixaron un 21% en contía e un 6% en bolseiros. E as becas galegas baixaron un 23% e a metade non se executa.

INEXISTENTE POLÍTICA EMPRESARIAL

As hemerotecas están cheas de declaracións súas e promesas de investimentos, de oportunidades económicas, de creación de emprego. Os datos publicados o deixan en mal lugar. No ano 2014 o investimento estranxeiro en Galicia baixou un 77%, descontando ás entidades de tenencia de valores ou instrumentais. Decimoterceira posición, en España, cun cativo 0´3%, mentres en España medraba case un 10%. Indica que dende fora temos pouco atractivo. No Índice de competitividade rexional da Unión europea estamos na posición 182. A 60 postos nada menos dunha comunidade semellante en moitos aspectos como a Bretaña francesa.

A semana pasada un informe do Banco Mundial subliñaba que as facilidades para facer negocios en España son peores que en Macedonia e dentro das Comunidades Autónomas Galicia a que presenta máis dificultades.

De que serviron as leis que aprobaron desoíndo a demanda de rigor que faciamos dende a oposición?

Eses informes subliñan o que debemos facer, incrementar a penetración das novas tecnoloxías na produción, mellorar a calidade do mercado laboral e o esforzo en I+D. En lugar de seguir esas directrices europeas, contratan empresas para captar investimentos asumindo que os 18millóns de euros regalados á Confederación de empresarios sen concurso público foron un fracaso. En I+D, recortan, escandalosamente no senso contrario a Europa.

O exceso de propaganda vólvese contra vostedes. En colaboración co Ministerio de Industria, convocaron nos tres últimos anos 137 millóns de euros en axudas á industrialización das comarcas de Ferrol – Eume – Ortegal. Concederon 13 millóns de euros, o 10%. Si entramos no detalle, algunhas actuacións ilustran o chamado capitalismo de amiguetes.

Hai unha oportunidade que non deberiamos desperdiciar como país. A Comisión Europea prepara un Plan de Estímulo económico con 300.000 millóns de euros en tres anos, Aproximadamente corresponderán 1500 millóns de euros a Galicia. Fágolle unha proposta. Deseñemos, co concurso dos axentes sociais e dos expertos,   un Plan Global que defina prioridades e obxectivos, evitando os erros que denunciamos no Plan Estratéxico Galicia 2010 e que desgraciadamente foron confirmados logo.

POLÍTICA AGRARIA INÚTIL

Vostede acaba de asumir o fracaso da política agraria. Tardou anos en entendelo porque non lle gusta escoitar. O sector leva moito tempo dicindo que todos e cada un dos subsectores agrarios son hoxe menos competitivos, teñen menos emprego, e arrastran os mesmos problemas estruturais. E algo máis, que cando tiveron problemas conxunturais nunca contaron co apoio da Consellería, reducida a xestionar fondos europeos, sen ningún tipo de orientación estratéxica.

Defendemos o que vostede nega. Si temos máis da metade da produción, mais do 60% dos gandeiros, mentres España importa leite, temos que liderar unha estratexia de protección do noso mercado. Facelo co sector pero lideralo porque ademais do valor económico é o principal eixo de vertebración do mundo rural. Sabendo que para reducir custos de produción no sector leiteiro é imprescindible incrementar nun 50% a superficie agraria útil mediante arrendamentos, tardaron seis anos en aprobar aLei de Mellora da Estrutura Agraria. Non aceptaron ningunha aportación nin suxerencia. Nin fixeron nada para aplicala.

SEN POLÍTICA FORESTAL

Igual ocorre coa política forestal, subordinada cando non fagocitada polo dispositivo contraincendios, en prexuízo do sector produtivo. O 30% da superficie forestal é improdutiva. O minifundio da propiedade dificulta unha xestión eficiente. Así, fronte a outros países, temos unha taxa de certificación moi baixa. Faltan incentivos fiscais, préstamos para investimento, fondos de investimento forestal, servizos de apoio.

PESCA EN CRISE

Na pesca temos unha conflitividade sen precedentes en demanda de repartos máis xustos das escasas posibilidades de pesca. Os TAC´s e cotas son insuficientes para garantir a actividade da flota, do cerco ou volanteira. Os acordo con terceiros países derivaron na expulsión da flota de Mauritania e na imposibilidade de acudir a Marrocos.

No marisqueo, os episodios de biotoxinas provocan alertas sanitarias no sector do mexillón debido principalmente ós recortes en investigación. As autorizacións marisqueiras atópanse abandonadas. A falta de controis sanitarios sobre bivalvos importados, especies invasoras e parasitos provocan caídas da produción como acontece no mellor banco da Ría de Arousa, pechado nesta temporada. E as confrarías soportan o retraso no pagamento das axudas por vixilancia e a asistencias técnica.

Ningunha actuación de acuicultura en terra. No emprego, desapareceron a quinta parte dos afiliados ao Réxime do Mar e 600 mariscadoras.

XUNTA INEFICIENTE

O seu goberno funciona pouco e mal. Vostedes clamaban contra a débeda que herdaron. Eran 4.000 millóns de euros e a incrementaron un 250% ata dez mil millóns. Máis 1.500 millóns de euros do hospital de Vigo. A execución orzamentaria no pasado ano foi das peores de España, cinco puntos menos da media. Simplemente igualando esa media o PIB galego igualaría á media española. Non o fixeron e tivemos o peor dato de crecemento.

Levamos seis anos con investimento mínimo. Paralizaron todo tipo de proxectos en estradas. Unha lista interminable, en tódolos puntos cardinais. Se resume nun dato, baixaron un 93% en licitación. Esqueceron, unha vez publicitado, o Plan Move, no que prometeron investimentos e miles de empregos, como no concurso eólico. Respaldan a ralentización do AVE, que retrasa investimentos e segue con tramos indefinidos. Non avanzaron nos accesos ferroviarios ós portos de interese xeral. Os aeroportos seguen coa descoordinación habitual.

MOBILIDADE ABANDOADA

Logo de seis anos debería de explicar por qué temos os carburantes máis caros que no resto de España, consecuencia en parte do recargo da Xunta. Ou por qué as tarifas da autopista A-9 son das máis caras de España, para transportistas e para viaxeiros.

Para iso prorrogaron a privatización ata 2048?

Non están por mellorar as condicións de vida e de traballo das persoas. Suprimiron rutas e frecuencias no transporte publico, adiaron indefinidamente o metro lixeiro das cidades, paralizaron a intermodalidade. Non integraron liñas de transporte urbano e interurbano en ningunha área metropolitana, nin crearon estacións intermodais.

NIN URBANISMO NIN VIVENDA

Fixeron unha lei de estradas e o ano seguinte a cambiaron por completo. Aprobaron as Directrices de Ordenación do Territorio e tres anos despois non aprobaron ningún dos plans previstos, que nin están redactados. Propoñen unha lei do solo, totalmente insuficiente e que non arranxa a situación dos milleiros de persoas que viven nos núcleos costeiros tradicionais. O goberno Rajoy legalizou once áreas na costa española, mesmo algunhas dubidosamente históricas pero esqueceron tódalas galegas. Vostede aceptouno.

É difícil pensar que vostedes traballan para o interese xeral e non para a suma de intereses particulares. Nestes anos, 12.000 familias foron desafiuzadas por impagamento do aluguer. Vostedes non iniciaron ningún programa de construción Nin desenvolveron o Plan Nacional de vivenda. Mesmo abandonaron a rehabilitación do parque existente.

SANIDADE, MÁXIMO MALESTAR

O malestar coa política é constante. Multitude de protestas masivas como non se deron en ningún outro problema. Conflitos por recorte de dereitos, redución de medios humanos e clínicos, privatizacións. Cando vostedes chegaron había un sistema modélico a escala mundial. Totalmente sostible financeiramente. Empeñados en abrir portas ó negocio, o están transformando aceleradamente. Hoxe a sanidade é menos pública, menos universal, menos gratuíta. Consecuencia de suprimir máis de 400 millóns de euros anuais e reducir plantillas. De privatizar servizos a gran escala e introducir copagos. Mesmo restrinxiron o acceso a medicamentos imprescindibles para a hepatite ou as vacinas. Anuncian cheques para cueiros mentres eliminan pediatras.

Triplicaron o custo do hospital de Vigo, unha operación na que so gaña a empresa adxudicataria. Perden os doentes, os vigueses, os profesionais, a Administración. Din que tiveron un problema de comunicación en Vigo. Equivocase, os cidadáns entendérono perfectamente e por iso se manifestan. En cambio, a medicina privada vive un momento doce. Medra en pólizas e primas, crean novos servizos. Os cidadáns están asumindo que o sector público xa non cubre as súas necesidades.

Unha política alternativa na sanidade é posible. Recuperando o nivel de recursos económicos e humanos. Rematando coas privatizacións. Respectando aos profesionais. Asumindo o financiamento publico dos fármacos hospitalarios.

TRANSPARENCIA INSUFICIENTE

Na loita contra a corrupción necesitase máis que un cambio lexislativo. Deben cambiar as actitudes. Sobre a transparencia, escribiu Bentham, “canto máis te observo, mellor te comportas”. Aínda estamos agardando documentación ou explicacións de asuntos que afectan ó seu entorno persoal e ao Partido que dirixe. Asuntos que están en sumarios xudiciais cheos de declaracións sorprendentes.

Dicía Jefferson que a arte de gobernar redúcese á arte de ser honesto. Honestidade é tamén desvelar os intereses presentes na política sanitaria, por exemplo nos concursos dos hospitais ou das ambulancias. E os intereses das empresas adxudicatarias de obras e concesións coas que logo comparte mesa.

GALICIA MINÚSCULA

Un ano levan os seus pedíndolle que se presente de novo. E un ano leva vostede fuxindo do compromiso mentres se postula como sucesor de Rajoy en tertulias e tribunas. Hoxe abundou nesa ambigüidade. Comprendo a súa resistencia. Sabe mellor que ninguén as hipotecas enormes que deixa. O que non é comprensible e que elixira desempeñarse como xefe político antes que como Presidente. En cada problema onde as necesidades do país reclamaban solucións propias, vostede cedeu como si fora o Delegado do goberno e non o líder dun país. Na reforma eléctrica, no leite, na pesca do cerco, na lei de costas, abandonou os seus concidadáns para alinearse co seu grupo político. En ningún deses problemas intentou propoñer solucións, aunar vontades, prever o futuro.

É triste dicilo pero calquera dos Presidentes anteriores tiña unha idea máis clara do carácter singular da autonomía galega. Non abonda con chamarse nacionalidade histórica, hai que exercer como tal. Con vostede Galicia está en minúsculas dentro de España, ten un peso irrelevante no Goberno central.

ESPAÑA: SEN VISIÓN GLOBAL

Vostede é dirixente nacional do PP. A súa política territorial é acudir constantemente ó Tribunal Constitucional. O goberno Aznar foi o dobre de veces que o goberno Zapatero. En catro anos, o Goberno Rajoy xa foi máis veces que o anterior goberno en oito anos. É imposible que un Estado complexo e plural funcione nos Tribunais. Entendemos que é difícil entenderse con Gobernos empeñados na ruptura. Pero na medida en que están lexitimados polas urnas so caben solucións políticas baseadas no diálogo, na cooperación e no mutuo interese. Substituílas pola forza da lei exclusivamente, non é o mellor camiño. Lembre a Montesquieu, “unha cousa non é xusta polo feito de ser lei, debe ser lei porque é xusta”.

O rupturismo ven do Goberno catalán, non da sociedade. Unha comunidade que representa o 20% do PIB español e o 16 % da poboación merece algo máis que acoso institucional. Azaña, quen sabía do que falaban pois viviu sendas proclamacións de independencia de Macíá e de Companys, defendía que “unha política intelixente pode crear formas satisfactorias de convivencia nacional utilizando a razón creadora que non está reñida coa tradición española”. O PP optan por rachar pontes de diálogo que tiñan décadas e que agora, haberá que reconstruír nun escenario máis polarizado e con maior desconfianza como vén de dicir Pedro Sánchez. Coacción e ameazas nunca son solucións. Non abonda con explicar o frío de fora, hai que facer sentir o calor de dentro.

FINAL

Vostede leva moito tempo mirando cara atrás. Montaigne escribiu que “podemos lamentar non vivir en tempos mellores pero non podemos fuxir do presente”. O pasado é territorio da historia, a política faise no presente.

Vostede fala para os seus e para a minoría privilexiada da que quere formar parte. Nós non queremos esa sociedade.

Os socialistas defendemos unha política con prioridades distintas. Que non deixe a ninguén atrás.

Que acabe coa precariedade e a devaluación salarial, derrogando a reforma laboral.

Que apoie á industria, con máis financiamento e innovación para competir en valor engadido e non en baixos salarios.

Que compita en valor engadido, con máis gasto educativo, máis becas, mellor Formación Profesional, políticas de emprego máis eficaces e apoiando a reinserción laboral da mocidade.

Que devolva ós cidadáns en forma de servizos públicos e prestacións o que aportan en traballo e impostos.

Cunha reforma fiscal progresiva, sen amnistías.

Galicia necesita outra política. Hoxe quedou demostrado que con vostede nin foi nin será posible. É irrelevante que quede ou marche. Rematou o seu tempo. É momento de cambiar.{jcomments on}

Artículo Periodístico 1.829º: “Cuadernos, obra interactiva e hipertextual”.

Cuadernos o Cuadernos de la Mancha, es una obra interactiva e hipertextual, de creación y de investigación, que combina escritos...

NO EN ESTA OCASIÓN LOS PROCEDIMIENTOS DE INFRACCIÓN MÁS GRAVES DE LA COMISIÓN EUROPEA ACUSAN A ESPAÑA

PRÁCTICAMANTE LA TOTALIDAD DE LOS ESTADOS MIEMBROS, ADVERTIDOS DE INCUMPLIMIENTOS.PRÁCTICAMANTE LA TOTALIDAD DE LOS ESTADOS MIEMBROS, ADVERTIDOS DE INCUMPLIMIENTOS.

LABILIDAD FINANCIERA CONSISTORIAL

(Dícese de la falta de estabilidad o de firmeza) Qué aplicada histórica y financieramente a los Ayuntamientos de nuestra geografía, suele...

¿Quieres ser un ganador nato en CodyCross?

Existen portales web que te dan las respuestas para completar los crucigramas CodyCross pone a prueba tu capacidad de concentración y...

Te contamos los beneficios de los cursos homologados online

Durante los últimos años la calidad del empleo ha sufrido un cambio de paradigma. Tras la crisi económica han aparecido...

Así es como las apuestas online han conquistado España a través de Bet365 bono y Bet365 apuestas

Los Mejores Juegos de Bet365 bono y Bet365 de la generación actual online Os traemos los mejores juegos de apuestas online...

Estrella Galicia explota el potencial de la inteligencia artificial

El desarrollo de la Inteligencia Artificial (IA) toma cada vez más importancia en el mundo empresarial. Aunque a años de...

Artículo Periodístico 1.829º: “Cuadernos, obra interactiva e hipertextual”.

Cuadernos o Cuadernos de la Mancha, es una obra interactiva e hipertextual, de creación y de investigación, que combina escritos...

NO EN ESTA OCASIÓN LOS PROCEDIMIENTOS DE INFRACCIÓN MÁS GRAVES DE LA COMISIÓN EUROPEA ACUSAN A ESPAÑA

PRÁCTICAMANTE LA TOTALIDAD DE LOS ESTADOS MIEMBROS, ADVERTIDOS DE INCUMPLIMIENTOS.PRÁCTICAMANTE LA TOTALIDAD DE LOS ESTADOS MIEMBROS, ADVERTIDOS DE INCUMPLIMIENTOS.

LABILIDAD FINANCIERA CONSISTORIAL

(Dícese de la falta de estabilidad o de firmeza) Qué aplicada histórica y financieramente a los Ayuntamientos de nuestra geografía, suele...

lineaazul 1600

¿POR QUIÉN DOBLAN LAS CAMPANAS?

  “VIRIATOS ZAMORA” SE DESMARCA DE LA DERIVA POLÍTICA Y ECONÓMICA...

DEFICIENTES CONTROLES ESTATALES EN SUS PROPIOS MODIFICADOS DE OBRAS ENTRE 2014-2016

 Preocupante el Informe nº 1328, del Tribunal de Cuentas, respecto...

Concierto benéfico "Música contra la Corrupción"

Ilmo Sr. D. Alfredo Canteli. Alcalde de Oviedo    Nos dirigimos a...

Inmigración ilegal, derechos humanos

Sánchez Fornet 28 de agosto de 2019 Un náufrago tiene que ser...

AEGC denuncia que los miembros de la Guardia Civil ya están hartos de que se les considere monigotes de feria a los que …

JOSÉ PIÑEIRO GONZÁLEZ  - 01 Sep 2019 - 21:23 CEST   Archivado en: Partidos Políticos | Política   ¿HASTA CUANDO TENEMOS...

La Audiencia ratifica la condena al alcalde a 4 años de inhabilitación

Eustaquio Castaño, alcalde de Sanlúcar la Mayor JORGE MUÑOZ08 Octubre, 2019...

Por amor a Gila de Rudy Chernicof en La Encina 4.9.19

RESEÑA en www.miguelgallardo.es/rudy-chernicof.pdf   Comentada en https://twitter.com/miguelgallardo/status/1180264934338416640 Quienes tuvimos la suerte de conocer...

¿POR QUIÉN DOBLAN LAS CAMPANAS?

  “VIRIATOS ZAMORA” SE DESMARCA DE LA DERIVA POLÍTICA Y ECONÓMICA...

APEDANICA pide al Ministerio de Defensa todo sobre el criptosistma TrueCrypt

CRIPTÓLOGO Dr. (PhD) Miguel Gallardo Tel.  902998352 Email apedanica.ong@gmail.com Asociación APEDANICA...

CNI e INCIBE deben publicar datos y costes de descifrar para el Juzgado

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

REVERENDO & THE NEW PREACHERS + LA GUERRERO en El Junco 5.9.19 RESEÑA en www.miguelgallardo.es/reverendo.pdf

Comentada en https://twitter.com/miguelgallardo/status/1169902496539561984 El Reverendo es…. inefable, es decir, que no...

DEFICIENTES CONTROLES ESTATALES EN SUS PROPIOS MODIFICADOS DE OBRAS ENTRE 2014-2016

 Preocupante el Informe nº 1328, del Tribunal de Cuentas, respecto...

GUÍA BÁSICA PARA ENTENDER LAS ELECCIONES MUNICIPALES EN MARRUECOS

El pasado 19 de Agosto el rey Mohamed VI, en su discurso con motivo del 62 aniversario de la Revolución del Rey y del Pueblo, incidió en la...
El Gobierno del PP y Mariano Rajoy indignan a los transportes pesados

  TOMADURA DE PELO AL TRANSPORTE PESADO GALLEGO. TRANSPORTISTAS 0 CONCESIONARIA DE AUTOPISTAS: 1 GOBIERNO? Tras las "negociaciones " llevadas a...
¿Segunda transición o vuelta a empezar? Por Luís Méndez

Telón de fondo. La mayoría de los libros de Historia, especialmente los más conservadores, reseñan fechas y hechos, pero nunca referidos a un...
Radicalidade democrática fronte a fundamentalismoultra-liberal

Entre as características máis específicas do actual proceso de mundialización capitalista e as principais claves da estratexia ultra-liberal...
LAS IDUS DE SEPTIEMBRE EN CATALUÑA (7-IX-2015)

Como vengo haciendo desde 1974, he pasado las vacaciones veraniegas con la familia en la deliciosa. Playa de los Eucaliptus en el Delta del Ebro y he...
LA CIENCIA ESPAÑOLA: ¿QUIÉN DIJO FÁCIL?

Si bien los presupuestos para 2016 muestran un tímido aumento del gasto en Investigación, desarrollo e innovación (I+D+i), considerando el...
La independencia catalana y el porcino

El sector porcino es uno de los que menos ruido mete en su devenir diario; es decir, no está en la agenda de temas de actualidad de los políticos,...
Detenida una ciudadana sexagenaria que tenía en su poder un amplio muestrario de tipos de drogas y sus precios

 Agentes de la Guardia Civil y funcionarios de la Agencia Tributaria, en el marco de la operación “GARPON2”, ha desarticulado una...
Artículo Periodístico 503º: “Día Mundial de la Poesía”.

0. ¿Por qué la Unesco ha puesto un día mundial de la poesía…? ¿Es necesaria la poesía, la belleza, la búsqueda de la realidad más profunda...
El coruñés Juan de Soto, un héroe en Panzacola en 1781 Por Julio Fernández-Sanguino Fernández

Recientemente, la figura de Bernardo de Gálvez ha sido resaltada por el apoyo del militar español a la independencia de los Estados Unidos,...
La sentencia del Supremo sobre la financiación del bono social deja en evidencia el fracaso del modelo energético del Gobierno

FACUA considera que la decisión del alto tribunal vuelve a poner de manifiesto la inseguridad de un sistema continuamente cuestionado, en el que los...
Intriga na costa

Unha mañá o cadáver de Justo Castelo, un mozo mariñeiro, aparece na beira do mar, na praia de Panxón. Leva as mans atadas cunha brida e, nun...
La Agencia EFE, se lleva una tajada de dinero público que sacaría el hambre infantil durante varios años: 196 millones a dedo para que solo emitan comunicados del PP en el Gobierno.

200 millones de euros adjudicados a la Agencia Efe, de los cuales 196 millones son a dedo. ¡¡¡ 53.5 millones de euros más adjudicados a dedo!!!...
Clonación de los comportamientos de @XulioFerreiro @MareaAtlántica y los Buitres al descubierto en un estudio universatario de Viena (Austria)

Una investigación de la Universidad de Viena en Austria  pone al descubierto los comportamientos dentro de los individuos que componen A Marea...
Pablo Kuczynski, intentó justificar esta noche el indulto que otorgó al exgobernante Alberto Fujimori uno de los mayores genocidas del Siglo XXI

El presidente peruano, Pedro Pablo Kuczynski, intentó justificar esta noche el indulto que otorgó al exgobernante Alberto Fujimori, que desde...
Oferta de trabajo: un salario mensual de 2.500 euros por viajar regularmente por todo el mundo durante un año

Los fundadores de World Life Experience han publicado en su página web una apetitosa oferta de trabajo: un salario mensual de 2.500 euros por los...
Los camiones de la muerte, convertidos en cámaras de gas

No lo he podido evitar. La noticia de los 71 cadáveres encontrados en el interior de un camión abandonado en la autopista que une Viena con...
CONVERSACIONES CON MANUEL

Dicen que cuando cae una bomba atómica, lo mejor es andar hacia el centro del impacto (el hongo ayuda a no perderse). No sé yo, si cuando un avión...
FACUA denuncia a Vodafone por activar un servicio a sus usuarios de móviles sin su consentimiento

La asociación recuerda que dar un servicio por el que se requiere un pago sin petición previa está expresamente prohibido por la Ley General de...
Quienes Somos Xornal Galicia En línea desde el año 2002

Xornal Galicia quere ser un diario accesible e relevante en calquera parte do mundoXornal Galicia iniciou a súa guerra particular no ano 2002, que...
Clavijo alerta de que Europa “no puede dar carpetazo” a la crisis de los refugiados

Un momento de la reunión entre Gobierno canario y Amnistía Internacional. El presidente del Gobierno de Canarias, Fernando Clavijo,...
O ronsel do catamarán polo canón do Sil

O outro antonte, aproveitando unha escapada á Ribeira Sacra, embarquei no catamarán que percorre o Sil dende a ponte de Paradela deica ao mosteiro...
BNG celebrará mañá unha asemblea informativa na Condesa para facilitar á veciñanza información sobre a gasolineira que se está construír na avenida Fraga Iribarne

A xuntanza informativa, prevista para mañá ás 21 h, está acompañada dunha edición especial do boletín informativo do BNG para o barrio onde as...
DÍA TRISTE PARA CORUÑA por José Navas

Hoy era el día en que se abría en la ciudad el Certamen estival de Casas Regionales; pero, por primera vez en diecinueve años, los coruñeses y...
Al servicio no de los ciudadanos

A contracorriente                     Enrique Arias...
Valenciano: La UE antes de dar lecciones debe dar ejemplo

El 10 de diciembre se conmemora la adopción en 1948 de la Declaración Universal de los Derechos Humanos de Naciones Unidas. Firmada tras la II...
The five steps the Irish government must take to help refugees

Dublin, Friday 4th September 2015   The five steps the Irish government must take to help refugees
El Barça y la independencia

A contracorriente El Barça y la independencia ...
UPYD lamenta que Aguirre “no haya pedido perdón a los madrileños por la corrupción”

La formación magenta se muestra muy crítica con la forma en la que la portavoz municipal del PP en Madrid ha dimitido. La...
A la sombra del narcotráfico: una mirada centrada en las personas

Nueva York, 12 de junio 2015 – El martes 16 de junio a las 7 pm el Instituto Cervantes Nueva York organiza un encuentro para debatir el incremento...
Mariña Denuncia o peche dun mínimo de 30 camas no Hospital da Costa este verán pola decisión que obedece só "á política do PP de desmantelar a sanidade pública".

CIG-Saúde A Mariña vén de denunciar publicamente a intención da Xerencia e da Consellaría de Sanidade de pechar camas no Hospital da Costa...
Sale la Revista de Febrero bajo el espectacular aumento de los lectores de Xornal de Galicia que ya supera los 300.000 accesos diarios

Todo lo relacionado con la la actualidad desde Galicia sin censuras queda reflejado en la revista Bimensual de Xornal Galicia a través de nuestros...
El anciano maltratado no valora la alimentación ni el aseo

El 15 de junio se celebra el Día Mundial de Toma de Conciencia del Abuso y Maltrato en la Vejez, un problema que afecta a la salud de las personas...
Houston Dynamo goleó hoy 5-1 a Toronto FC, campeón vigente de Liga norteamericana de fútbol profesional que sigue en el último lugar de la Conferencia del Este con solo tres puntos acumulados en cinco partidos.

El equipo de Texas, que tras haber disputado seis desafíos se ubica sexto en la Conferencia del Oeste, salió delante desde muy temprano y en el...
EL SECRETARIO GENERAL DEL INSTITUTO CERVANTES, NUEVO PRESIDENTE DE LOS INSTITUTOS CULTURALES EUROPEOS

 Rafael Rodríguez-Ponga, el primer español al frente de EUNIC, quiere convertirlo en “una red fuerte, útil y eficaz”
Miles de estudiantes asisten a la primera Feria Universitaria del Turismo

La primera edición de la Feria Universitaria del Turismo se ha cerrado con un gran éxito de participación de estudiantes de la Universidad de...
A Podemos le salen "enanos" por todas partes, ahora se les suma Baltasar Garzón.

Según el periodista José Manuel Martín Médem, fechas próximas a la cita electoral de las generales españolas pueden ser el momento clave para...
CUATRO ESCRITOS BREVES SOBRE POLÍTICA DE ESPAÑA.

El Senado emitió 494 noticias entre el 20N de 2011 y el 29 de julio de 2015 y en ocasión anterior demostramos que el eco mediático conseguido...
LOS pactos CONSUMADOS ENTRE MAYO- JUNIO DE 2015, VIOLENTARON La voluntad popular Y PUSIERON EN CUESTIÓN EL PRINCIPIO DEMOCRÁTICO DE LA SOBERANÍA CIUDADANA.

Por Antonio José Parafita Fraga, escritor y comentarista de temas sociales y políticos. Del Blog VERBO SUELTO del autor y del que se facilita el...
El telescopio Hubble descubre la estrella más lejana jamás observada

Un equipo internacional con participación del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) ha descubierto la estrella más distante...
La Jubilata´s Cup y BurrianaEspaiNáutic, preparados para soltar amarras

Hoy se han presentado los detalles de las dos actividades, que esperan concentrar a más de 60 competidores y a más de 3.000 personas
A Xunta cerra comedores escolares pero concede subvencións por máis de 1,5 millóns de € aos medios de comunicación galegos para autocomplacerse con publicidade institucional

A CIG-Administración denuncia que xa se concederan, con anterioridade, máis de medio millón de euros en forma de convenios de colaboración
El 'no pasarán' de Rajoy por Wifredo Espina

Es no conocer Catalunya. Es no conocer el nacionalismo catalán. Es no conocer la dialéctica práctica de los nacionalismos, que se retroalimentan.
Diario dun neno galego

De resultas do conxuro dos fados, xogando unha partida de fabas, pintas e brancas, estaba por ver, se merecía ou desmerecía nacer; e no caso de vir...
Nace en el muelle 9 del Puerto la primera Escuela Provincial de Jábega

El presidente de la Diputación, Elías Bendodo, ensalza el trabajo de la ART por mantener una tradición que es un símbolo...
Ricky Martin: Es romanticismo. Nostalgia. Seducción.

Con un álbum que hará historia, el mundialmente famoso cantante Ricky Martin presentó a los medios de comunicación ‘A quien quiera escuchar’,...
¡¡MARIANO, SE FUERTE!!

No es acertado ni oportuno el pretender vincular, como se está haciendo, la victoria del partido conservador en el Reino Unido, con los resultados...
INCLUSO RESTAURADOS, LOS ECOSISTEMAS SON MENOS DIVERSOS Y FUNCIONALES

La restauración ecológica se considera una herramienta clave para reconstruir la biodiversidad y la resiliencia en los ecosistemas que...
APEDANICA alerta en Argentina, Chile y Uruguay sobre especulativos proyectos de Google Ventures en Agricultura proponiendo proyectos internacionales de contrainteligencia agraria

  Tabaré Aguerre Lombardo MINISTRO de Uruguay y SUBSECRETARIO Enzo Benech Ministerio de Ganadería, Agricultura y Pesca Carta...
Registro Usuarios

    Suscripciones Donación 6 Euros 12...
HOMBRES. demasiado tarde

 Cuando las puertas no lleven cerrojos habrá hombres buenos     Hay gustos que merecen palos  vuestro gusto por la...
¿E as responsabilidades políticas?

Este 8 de xunio comenzó un dos xuízos máis esperados contra os antigos directivos das caixas galegas. A Audiencia Nacional tomará...
El cólera, una crisis más olvidada en África

En los últimos meses, varias regiones de Kenia han sufrido diversos brotes de cólera que alertan sobre la situación de emergencia que vive la...
Secciones

Xornal Galicia Inicio Portada Actualidad Comunicados Galicia Noticia destacada de Galicia Municipios de Galicia Cloacas A Coruña Marea Atlántica...
ACERCA DEL IMPUESTO POR INCREMENTO DE VALOR DE TERRENOS DE NATURALEZA URBANA

En los últimos años de la crisis económica las ventas de bienes inmuebles en nuestro país han disminuido de forma muy elevada.
O SLG chama á unidade no sector lácteo contra o PP que pretende a ruína de miles de familias gandeiras mentres eles andan en cohes oficias que pagan eses gandeiros arruiados

O Sindicato Labrego Galego levou a cabo hoxe, 22 de maio, unha concentración de protesta diante da factoría de Logística Alimentaria en Outeiro de...
La Asociación Convocatoria Cívica, presidida por Baltasar Garzón, impulsa una campaña de recogida de firmas en la plataforma Change.org.

Demostrada la falsedad de la información sobre los censos de las elecciones generales del 20D de 2015 que proporciona el Ministerio del Interior en...
Mar
Pide a la Ministra García Tejerina que en las negociaciones del nuevo reglamento de pesca de profundidad apoye y proponga medidas que minimicen el impacto ambiental sobre los ecosistemas marinos

Diario Marítimo ; 30 Agosto 2015 : Portada En el fondo del mar, a varios cientos de metros de profundidad, se encuentran algunos de los ecosistemas,...
EL MISTERIO DE LUZ EGIPCIO Autor: Miguel Ángel Delgado González

Cuando, hace quizá varios millones de años, y después de una mutación psíquica que no podemos explicar, el hombre se separó del resto de los...
Leticia Eguiraun examina el efecto de la dieta sobre el desarrollo de tumores

‘Alimentación y cáncer: Dime qué comes y te diré cómo te sienta’ es el nombre del Trabajo Fin de Grado (TFG) de Leticia Eguiraun, graduada...
La hora

Ha llegado la hora de los verdaderos líderes mundiales Las piernas me tiemblan. Acabo de encender la televisión y de conocer la noticia. Las ondas...
JUECES PARA LA DEMOCRACIA RECLAMA LA CREACION DE MIL JUZGADOS PARA PONER AL DÍA LA JUSTICIA

1.- Hasta que comienza en España la Gran Recesión de 2008 la Administración de Justicia venía incrementando su tamaño regularmente. Desde...
Los españoles ya perdimos el miedo a la amenza política del Partido Popular ante los nuevos retos del Siglo XXI

Mariano Rajoy ya no mete miedo a nadie que no sea de su propio partido con las amenzas reiteradas de que "cuaidado viene el terror y el fin de los...
Duro informe libertad de prensa en España retroceden 1960 etapa Franco

El Venezolano MADURO un verdadero aprendiz al lado de losque sucede en españa con el recorte de libertades, censura y impunidad de la corrupción....
CRTVG se hizo cargo en sus cuentas de 248.000 EUROS que fueron entregados a un programa contratado por el mismo ente autonómico y DIRIGIDO POE EL PRESIDENTE DEL TRIBUNAL DE LAS OPOSICIONES

Pladesemapesga esta valorando poner los hechos en conocimiento del Juzgado de Guardia por las presuntas evidencias de delito de presunta corrupción.
Un caso de 47 multas y 47 procesos contencioso-administrativos

Un hecho que se pudo conocer a causa de los medios de comunicación que difundieron la noticia es el relativo al ciudadano al que le impusieron 50...
Una subida de la luz que preocupa de cara al invierno ante un gobierno de Rajoy preocupado por los ricos de Cataluña y en absolver a los corruptos del PP

    En la tarde de ayer asistimos, con cierta perplejidad, a un hecho poco común: en un periodo del año marcado por un consumo moderado...
DEBATE DO ESTADO DA AUTONOMIA 14-10-2015. Intervención de, José Luis Méndez Romeu

DEBATE DO ESTADO DA AUTONOMIA 14-10-2015 Intervención do portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Luis Méndez Romeu ESTE...

anunciacargosdeconfianzadelppdegenlaxuntadegalicia mariadelmarsanchezsierra


María del Mar Sánchez Sierra quiere meter  4 años y medio en la cárcel y le "exige" 50.000 euros al periodista Miguel Delgado por reproducir información pública de las webs institucionales publicada por la Xunta..+  y de la que es responsable como alto cargo del PPdeG..+Retegal.+, AMTEGA..+, Secretaría de Medios..+, EXPOURENSE-FORO DE LA COMUNICACIÖN..+, CONSELLO ASESOR AUDIOVISUAL GALICIA..+, Porto de A Coruña...+, Directora de Comunicacion Partido Popular de Galicia..+, Fundación Camilo José Cela..+, ex-empleada de La Voz de Galicia..+, Norsan S.L..+  y responsable de la imagen de las webs www.ppdegalicia.com y www.feijoo.gal y del PP de Galicia..+ y ex del Instituto Gallego de Vivienda y Suelo, Complejo Hospitalario de Santiago de Compostela, Consejería de Sanidad, Ministerio de Sanidad, Correos, Consejería de Política Territorial, Obras Públicas y Vivienda etc.. “El comportamiento es un espejo donde cada Cual muestra su imagen”. J.W. von Goethe

Mar Sánchez Sierra CONVIERTE LA PRESIDENCIA DE LA XUNTA con su cargo y acciones en una pirámide de acoso judicial, persecución institucional, amenazas y coacciones utilizando altos cargos de la Xunta contra Miguel Delgado Director de Xornal Galicia y Presidente de Pladesemapesga.


esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi