Rolda de prensa Carballo xa está vestido coas galas do San Xoán, agardando pola semana grande, entre o 22 e 26 de xuño, que concentra a maior parte das citas, pero tamén cun mes cheo de actividades musicais, deportivas e culturais organizadas polo Concello e polo movemento asociativo do municipio. Nomes como Carlos Baute, Abborn -tributo a Abba chegado de Checoslovaquia-, Sex Museum, El Combo Dominicano ou o da pregoeira, a xornalista carballesa Edelmira Rodríguez Carracedo, son só algúns dos alicientes dun programa que, segundo explica a Concelleira de Festas, Mar Eirís, "pretende manter o atractivo e a calidade para que a xente veña a visitarnos", "que haxa diversión" e "fomentar a actividade económica" en Carballo.