Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Sicilia con nomesCarmen Gallego sinala que nunha delegación de 8 integrantes incluíron ao mozo e á filla de dúas concelleiras, á sobriña da secretaria da conselleira e dous representantes dunha organización hostaleira afín ao PP

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 16. A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe á actual conselleira de Medio Rural de ter organizado, como alcaldesa de Melide e coincidindo co seu nomeamento como conselleira, unha viaxe a Sicilia para afíns ao PP con cargo a fondos públicos. Gallego preguntou en Comisión parlamentaria por esta viaxe celebrada en outubro de 2015.

A deputada socialista criticou que a comitiva organizada para esta viaxe a gastos pagos, conformada por oito persoas, inclúe a seis que non tiñan “nada que ver” co obxectivo da viaxe, no marco dun programa europeo de acción local de voluntariado agás a súa relación estreita cos dirixentes do PP.

Explicou que na viaxe estaba un voluntario de Protección Civil si relacionado co voluntariado, e a concelleira de Xuventude e actual alcaldesa, Dalia García, en substitución de Ángeles Vázquez, daquela “centrada en organizar o seu traslado a San Caetano”.

Sen embargo si que se incorporou á viaxe un membro da Garda Civil mozo da concelleira, unha sobriña da secretaria da conselleira de Medio Rural e o presidente e un membro da Asociación de Hostalería a cargo de fondos europeos.

A viaxe, explicou, supostamente pretendía afianzar o irmandamento coas agrupacións de Voluntariado da vila siciliana de Santa Teresa di Riba, a letona de Amata, a francesa de Fuveau e a galega de Melide. Esta última incluíu unha delegación case na totalidade allea ao mundo do Voluntariado e excluíu aos 8 voluntarios da vila que participaron no verán de 2014 no programa de voluntariado Melide no Camiño.

Participación da Xunta

A deputada socialista preguntou pola relación do goberno galego, e en concreto da Dirección Xeral de Xuventude, coa organización da dita viaxe, tal e como explicaba o propio Concello de Melide en outubro de 2015 de cara aos medios de comunicación. Explicou que “aínda que a Xunta non cofinancie nada, si que xestiona ese tipo de fondos europeos”.

Gallego respondeu así aos denodados intentos da directora xeral de Xuventude por desvincularse da viaxe sen dar resposta ás preguntas dos socialistas, logo de que o Concello de Melide respondera con evasivas sen ofrecer ningún tipo de explicación e o propio goberno galego deixara sen responder as preguntas escritas presentadas polo Grupo Socialista.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..