Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Goretti Sanmartín, secretaria de Política MunicipalO BNG considera que o resultado da votación no Pleno da Deputación de Lugo confirma, “lamentablemente”, que tiña razón cando comunicou que o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, non era a persoa adecuada para presidir a institución, nun tempo en que a cidadanía esixe máxima exemplaridade dos cargos públicos.

“Non só era un candidato imputado senón que demostrou ser unha persoa capaz de antepoñer os seus intereses e ambición persoal aos da súa propia organización política e aos da propia institución provincial. É evidente, que o resultado do Plenario demostra que o señor Martínez non era a persoa acaida para presidir esa institución”, valorou a secretaria de Política Municipal, Goretti Sanmartin, nunha comparecencia de urxencia ante os medios.

BNG acertou de PLENO non apoiando a Martínez e pide retomar as negociacións sobre as deputacións canto antes...+

anunciobannerabogadoscontralacorrupcion2


esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi