O espírito da historia no litoral galego non deixa de buscar respostas de por que se deixa morrer as xentes no Mar, traspasou o submundo escrito contra as rocas e empezou a camiñar lentamente entre as pedras brancas que estaban distribuídas como ao azar, entre as lendas e mitos desde o principio dos tempos, pois xa no Imperio Romano era considerada o fin do mundo. Finisterre, ou `Finis Terrae´ supoñía para os romanos o fin da terra, onde o sol afundíase no extenso océano Atlántico..

Ese espírito que non cesa no alma dos que quedan non deixóu que os seus ollos pousásense como bolboretas en cada detalle dese paraíso multicolor.

Os seus ollos eran os dun soño que non comprende, e quizá por iso descubriu aquela inscripción sobre unha das pedras:

Jose Dos Atrancos, viviu 28 anos, 6 meses, 2 semanas e 3 días...Escrita coa visita de moitos días, moitas flores e moitos soños trucados tralas olas....

O espírito se sobrecolleu ao darse conta de que aquela pedra non era simplemente unha pedra: era unha lápida.

Mirando ao seu ao redor, o espírito deuse conta de que a pedra de á beira tamén tiña unha inscripción. Achegouse a lela. Dicía: A Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesquero de Galicia recorda aos defuntos no Día de Todos os Santos e pide a Rosa Quintana un cambio de rumbo.(+)