A portavoz nacional, Ana Pontón, pídelle ao presidente da Xunta que deixe de facer de pirómano no conflito laboral que ten a sector da Xustiza en folga xeral, e pase a ser parte da solución atendendo ás demandas dos e das traballadoras que reclaman melloras salariais e acabar cos recortes para conseguir unha Xustiza máis áxil e moderna.

 

Pero dada a reacción do xefe do Executivo, “da a impresión de que a Feixóo non lle interesa que haxa unha xustiza áxil que xulgue os casos de corrupción do PP e, se cadra, é iso o que explica que poña tantos focos en contra deste sector”, alegou Pontón, quen lembra que as persoas “non van a unha folga xeral por entretemento”.

A dirixente do Bloque insta ao presidente da Xunta “a deixar de tenta enfrontar a uns traballadores contra outros” ao tempo que se pregunta que está facendo Feixóo “polos problemas dos mileuristas”, en referencia ás críticas vertidas contra os e as traballadoras en folga por rexeitar a subida salarial que ofrecía o Goberno.

O BNG reclama diálogo: “Quen enquistou o conflito foi a Xunta dinamitando a mesa de negociación, así que pídolle a Feixóo que non bote máis gasolina ao lume e que pase a ser parte da solución. Para iso precísase diálogo, que se sente na mesa e que non se levante ata que haxa unha solución”, reclamou Pontón.

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi