Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

Esquerda Unida súmase e fai un chamamento á participación na manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, este domingo 4 de febreiro, a prol da defensa da nosa sanidade pública, contra a modificación da Lei de Saúde que pretende levar a cabo o PP e contra os recortes continuos da nosa sanidade pública por parte do goberno de Feijóo.

Dende Esquerda Unida facemos un chamamento á cidadanía para que se sume á manifestación, xa que os recortes impostos polo actual goberno poñen en perigo a atención sanitaria.

 

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea, xunto a membros da executiva de Esquerda Unida, acudirán á manifestación e dará declaracións ás 11:45 na entrada da Alameda.

Manifestación para defender a nosa

Sanidade Pública: “Non a esta lei de Saúde”

Data: Domingo, 4 de febreiro.

Hora: Declaracións ás 11:45 horas.

Lugar: Entrada da Alameda de Compostela.

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi