Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O primeiro sábado das festas de San Roque 2017 cotará con todo o colorido e diversión dos espectáculos internacionais do Festiclown e coa música tradicional dos grupos folclóricos e de gaitas de Cornazo e Cea. A oferta complétase coa feira de oportunidades Expoferta, cos campionato de vela e a exposición da sala Rivas Briones “Scenes At Arousa Bay”.

E o primeiro gran concerto das festas chegará ás 23:00 horas no Parque da Xunqueira coa actuación da cantante Bebe, que interpretará os temas do seu último disco “Cambio de Piel” así como outros éxitos.


AXENDA PARA O SÁBADO 12 DE AGOSTO
10:00 – 14:00 e 16:00 – 18:00 Auditorio Municipal- Formaclown
CURSO: CURANDO CO RISO

11:00 – 14:30 | 18:00 – 23:00 – Praza da II República- Expoferta Zona Aberta 2017
12ª FEIRA DE OPORTUNIDADES
Organiza: Asociación de comerciantes Zona Aberta

 

11:00 – Praza de España- Festiclown – Social
O MUNDO QUE QUEREMOS. OBRADOIRO DE RADIO COOPERATIVA

12:00 – Rúas de Vilagarcía- Festiclown – Desclowntrol nas rúas
TCHYMINIGAGUA “FUTURISMO GALÁCTICO”

12:30 - Pasacalle
GRUPO DE GAITAS LUMARADA DE CORNAZO

13:00 – Rúa Castelao- Festiclown – Superroquiños
NATALIA OUTEIRO “PAJARITO”, “A VIDA TOLA”

19:00 – Rúas de Vilagarcía- Festiclown – Desclowntrol nas rúas
TCHYMINIGAGUA “FUTURISMO GALÁCTICO”

20:00 – Rúa Rey Daviña, esquina Valentín Viqueira- Festiclown – Certamen Intergaláctico
NATALIA OUTEIRO “PAJARITO”, “A VIDA TOLA”

20:30 - Pasacalle
GRUPO DE GAITAS E BAILE S. PEDRO DE CEA

21:30 – Praza de Galicia- Festiclown – Mostra Internacional
COMPAÑÍA: VAQUES (Asturias)
ESPECTÁCULO: YE ORBAYU
“Acrobacias, mastro chinés e humor por milleiros, diso trátase e así nos deixamos levar nunha deriva humorística na que cosemos con fíos de carpa de circo todos estes anacos de nós en escena. Esperamos ser como o orbayu, liviáns, case imperceptibles, pero coa firme pretensión de calar ata os ósos.”

23:00 – Parque da Xunqueira - Concerto
BEBE
Recuperando a esencia do que un día lle valeu ser toda unha revelación da música popular, no seu cuarto álbum “Cambio de piel” ven da man de Carlos Jean, o produtor dos seus dous primeiros albumes. O resultado é un reencontro coa mellor Bebe, creativa e íntima, sensual e sincera. Un traballo moi persoal que nos ofrece a mellor colección de cancións imaxinables da artista.

Do 11 de Agosto ao 6 de Octubre. Sala Rivas Briones - Exposición “Scenes At Arosa Bay”
“Scenes at Arosa Bay: Vidas propias, miradas alleas”, é unha exposición realizada polo Concello de Vilagarcía coa colección de fotografías propiedade de Juan Carlos Porto e na que se fai un repaso pola Vilagarcía dos anos 20 do século pasado e que amosa a relación da vila coa Armada Inglesa. A mostra complétase cunha selección de auga tintas de Míriam Villaronga.
A inauguración da mostra, o venres 11 de agosto, ás 20:30 horas, contará coa actuación musical do grupo de acordeóns Arosa Bay.

Do 12 ao 15 de agosto - Campionato de Europa Junior de 49er e 49erFX
En augas da Ría de Arousa
Organiza: Federación Galega de Vela 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..