Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

Ante o feito de que o goberno de Feijoo, pretende modificar a Lei de Saúde de Galicia do ano 2008, dende a Plataforma SOS Sanidade Pública, queremos comunicar:

 

É sospeitoso e inaceptable, a publicación do anteproxecto en pleno verán (gran parte dos profesionais e cidadáns desfrutan de vacacións) para dificultar o seu coñecemento, tratando de ocultar os termos dunha lei difusa e permisiva.

 

 

As principais modificacións:

 

- A nova ordeación territorial, diminúe o número das Áreas Sanitarias, que se corresponderán cos 7 EOXIS existentes, e pola contra, recupera os distritos comarcais, suspendidos na lei anterior, sin explicar os motivos, que moito nos temenos, sexan recortar ata suprimir os hospitais comarcais. En todo caso, mantéñense as Xerencia Únicas Integradas (EOXI) que marxinan a AP ( sometida a xerencia hospitalaria) e por outra parte, o ámbito xeográfico de cada Área, queda pendente do mapa sanitario, que se aprobará por decreto.

 

- Outro dos obxectivos estratéxicos é a legalización da privatización da I+D+i do Sergas, dotando de personalidade xurídica propia e autonomía de xestión, aos organismos público-privados, que xa controlan por decreto a docencia, a investigación e a innovación, e que decidirán, xa lexitimados, o destino do 50% do gasto sanitario público.

 

A nova lei, aproba a creación dun Sistema de investigación independente do Sergas, vinculado ás universidades e a industria, que terá a súa disposición, os profesionais e pacientes, de tódolos centros de saúde e hospitais públicos, para os ensaios clínicos e a elaboración de patentes, co obxectivo confeso de que a investigación sanitaria, sexa un motor de desenvolvemento económico en Galicia e a actividade produtiva, como si o Sistema de Saúde non tivese outro fin primordial que fabricar e consumir tecnoloxías e fármacos, en vez de incrementar a saúde e mellorar a vida da poboación.

 

O goberno do PP, afirma apostar con esta nova lei, pola participación cidadá nas decisións en saúde. Ademáis dos sindicatos, dita lei centra a participación nas empresas privadas e nas asociacións de pacientes. Poñer as empresas privadas que xa controlan a docencia, a investigación e a innovación no consello asesor, reforzará aínda máis a privatización e a mercantilización do noso servizo de saúde, xusto o contrario do que necesitamos. Por outra parte, ainda que os pacientes son o suxeito fundamental do sistema sanitario, o obxectivo esencial das asociación de pacientes é a solución dos problemas das persoas cunha determinada enfermidade, polo que son necesarios tamén, a presenza doutros actores, como as asociaciones veciñais, de usuarios e profesionais, para garantir a equidade e a eficiencia, das decisión tomadas. Ademais, deberá esixirse unha declaración de conflito de interese, impedindo a participación de asociacións patrocinadas pola industria.

 

Con respecto a provisión de prazas no SERGAS, ademáis dos procedementos estatutarios de selección, promoción interna, mobilidade e reingreso ao servizo activo, a nova lei engade a libre designación, sin especificar o tipo de postos que poden ser cubertos desta forma, o que incrementará os contratos “a dedo” e a discrecionalidade, a inequidade e a dependencia dos profesionais do Sergas.

 

Por outra parte, a Xunta non aproveita a modificación da lei, para facer unha aposta pola carreira profesional dos médicos e dos outros profesionais sanitarios, lexitimando a inxusta situación actual, de forma que os médicos mais xóvenes e preparados, que levan boa parte do peso da actividade asistencial, non poden acceder a promoción profesional e retributiva, o que xenerará inequidade no trato, a pesar da “suposta boa marcha da nosa economía”, segundo o presidente Feijóo

 

 

 

Como única mellora, sinalamos o artigo sobre a promoción da saúde no ámbito educativo, aínda que a lei non traduce unha aposta clara e amplía pola epidemioloxía e a promoción da saúde

 

 

 

Como conclusión, as modificacións da Lei de Saúde de Galicia, do ano 2008, que non foi desenrolada no que atañe ós Consellos de Saúde de Área e o Consello de Saúde de Galicia (verdadéiros órganos de participación da cidadanía) son pouco claras, deixan decisións fundamentais para máis adiante, mediante decretazos, e non resolven os graves problemas plantexados na actualidade, cun incremento da carga de enfermidade da poboación, a pesar dun gasto desorbitado en fármacos e tecnoloxías. Polo contrario, a nova lei, legaliza a privatización do coñecemento, a investigación e a innovación, dirixe o I+D+i en saúde a produción de patentes, non aporta melloras e incrementa a discrecionalidade na contratación dos profesionais; centra a participación cidadá en determinados colectivos e as empresas do sector, esquecendo a asociacións vecinais e de usuarios, e asociación de profesionais sanitarios.

 

 

 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..