Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Audiencia Provincial de A Coruña en sentenza ditada hoxe, recoñece que berrar “A GARDA CIVIL TORTURA E ASESINA” NON É DELITO no contexto das accións PUBLICAS, LEXÍTIMAS E SOLIDARIAS de protesta realizadas pola familia e persoas solidari@s, nas que se clamaba xustiza pola morte de Diego Viña no Cuartel da Garda Civil de Arteixo (No que apareceu aforcado cos seus pantalóns no ano 2004 a idade de 22 anos).

 

 

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamañoCreado
Descargar este archivo (nota de prensa absolucion nais contra a impunidade.pdf)nota de prensa absolucion nais contra a impunidade.pdf 112 kB2017-08-02 07:41
Descargar este archivo (sentencia absolutoria 15 arteixo.pdf)sentencia absolutoria 15 arteixo.pdf 894 kB2017-08-02 07:41

 

Esta sentenza, ben a lexitimar a loita levada a cabo polos familiares, e persoas solidari@s nestes últimos 13 anos. Tempo no que permanentemente se mantivo a lexítima reivindicación do esclarecemento das “escuras” causas da morte de Diego viña no Cuartel da Garda Civil.

 

 

 

A sentenza ben tamén a recoñecer que había (e segue habendo) causas mais que sobradas, para por en tela de xuízo a versión oficial da morte de Diego. Xa que: apesares de que os intentos de depuración de responsabilidades xurídicas dos responsables levadas ao cabo pola Asociación Nais contra a Impunidade, nunha tortuosa peregrinación ante os xulgados de instrución, penal, contencioso administrativo, audiencia provincial, tribunal supremo, tribunal constitucional e tribunal europeo de dereitos humanos, foron quedando pouco a pouco enterrados por sentenzas e resolucións inxustas (as cales se limitaban a dar por boa a versión oficial, trasladándonos a carga de probar o que pasou nun calabozo, sen vixilancia, escuro e tétrico, dando vía libre a total impunidade).

 

 

 

E a pesar tamén de que como única resposta oficial obtivemos a apertura de procedementos sancionadores dirixidos contra os/as asistentes/as aos actos de protesta (sancionándose a mais de 24 persoas e impóndose cuantiosas multas económicas e embargos), e a incoación da causa penal que nos trae hoxe aquí na que incluso se chegou pola GC a denunciar a irmán do falecido xunto con 12 persoas solidarias e boas.

 

 

 

Pese a todo elo; hoxe a Audiencia nos absolve, “porque” por vez primeira recoñece a concorrencia de elementos fácticos de relevancia como son a desconexión das cámaras do calabozo onde estaba detido Diego e a desaparición posterior do pantalón co que din que se aforcou, lexitimando a nosa non aceptación da hipóteses oficial sobre o falecemento de Diego.

 

Con elo, non so se consegue a exoneración de responsabilidades penais graves, a restitución do honor do falecido, a finalización da criminalización da familia e dos movementos sociais que a apoiaron, senón que, ademais paradigmaticamente esta última sentenza ben a situarnos no punto inicial, no ultimo día da vida de Diego.

 

 

 

 

 

A versión oficial non encaixa; o que se berraba !si¡ “queremos saber como morreu Diego; non foi suicidado que foi asasinado” xa que estas expresións se manteñen segundo o Alto Tribunal “dentro del marco de la libertad de acción social y quedan fuera del tipo incriminado según la interpretación estricta que le corresponde” e segundo a xustiza social, como a expresión mais básica e animal da rabia, a impotencia e o dereito a loitar pola vida dos nosos seres queridos.

 

Dende a Asociación Nais Contra a Impunidade, queremos agradecer a infinidade de persoas solidarias, colectivos (asociacións, ateneos, radios, imprentas, grupos musicais etc) individualidades, que durante este proceso nos apoiaron, nos arrouparon e berraron con nos. Foron 7 anos de proceso, no que nos percorriamos o estado español (Vigo, Santiago, Lugo, Coruña, Ourense, Oviedo, Xixón, Castro Urdiales, Orozko, Bilbo, Barcelona, Lleida, Tarragona, Castellón, valencia, Sevilla, Cádiz, Málaga, Granada, Almería, Murcia, Albacete, Toledo, Madrid etc, etc), dando charlas, participando en debates, programas de radio, tv; explicando as nosas razóns, transmitindo a importancia da solidariedade, o terror da impunidade, a forza do común. En todos os sitios nos despediron cun abrazo e cun berro “si tocan as nais tocan a todas”.

 

Tamén agradecer ao colectivo xurídico (Grupo de Intervención Xurídico Social Asensu Contrario) pola labor de acompañamento, asesoramento e defensa da causa de Diego e dos xuízos represalia; onde as nosas razóns se fixeron súas .

 

Como non, as persoas solidarias xulgadas xunto a nos, e aos/as seus letrados/as polo respaldo, lealdade e valentía que mostraron.

 

 

 

Hoxe é un día alegre para nos; para Diego seguro que tamen.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..