Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A falta de menos dunha semana para a celebración da segunda edición do Festival Internacional Vilablues, a organización última os detalles para que todo estea a punto e Vilagarcía volva converterse na capital do Blues. A promoción intensifícase en puntos da xeografía galega poñendo as vimbias para que o evento se converta nunha cita ineludible no calendario dos amantes deste xénero. Unha proposta singular e orixinal na que os músicos se mesturan co público nunha fin de semana na que sen ningún lugar a dúbidas vívese unha experiencia única por esa conexión e proximidade que mostran os artistas que pasan polo festival co público.

 

O mércores comezará a montaxe dunha das actividades máis aplaudidas na programación cultural do ano pasado e que conservará o seu carácter gratuíto sendo así una das grandes apostas do concello. Con ela se pretende atraer a público chegado doutras localidades utilizando a cultura como un elemento dinamizador e de fomento turístico.

Será un fin de semana no que a música non parará de soar e que comezará o venres 7 ás 12,30 da mañá cando soarán os primeiros acordes na Baldosa coa Vilablues Band, a banda do festival que está composta por músicos importantes dentro da escena como Will Jackobs, Crish Rannenberg, Darryl Taylor -que repite participación- ou un batería de lenda como Julian Vaugh. Todo un luxo de banda que soará polos escenarios espallados polas rúas vilagarciás.

Será o comezo do festival onde música contará con actividades paralelas como talleres de baile, master class ou unha conferencia coloquio que se celebrará na Peixería, un espazo que se converterá así no centro de operacións do festival. De feito, no mesmo recinto celebraranse as jam sessions unha vez acabados os concertos do escenario principal que se situará na Alameda. Neste actuarán o saxofonista Bernard Anderson e o pianista Kenny “Blues Boss” Wayne , acompañado do arxentino José Luis Pardo, para abrir boca o venres. O sábado chegará a quenda da mítica banda Rede House e o show da dama de Chicago Angela Brown, que poñerá peche ao incrible cartel do escenario principal. O domingo a actividade centrarase de novo na Peixería cunha comida de confraternidade cos músicos do Vilablues , ademais doutras actividades como unha exhibición de baile e unha proxección do Cineclube Ádega, e coas actuacións do local Pablo Pérez & Os Chacales, que presentan disco.Ese mesmo día e no mesmo lugar, tocarán os Suitcase Brothers, que a pesar da súa bagaxe será a primeira vez que actúen en Galicia. Os mallorquinos Perigosos Gentlemen porán o peche do Vilablues 2017.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..