Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A COORDINADORA NACIONAL GALEGA DE EMIGRANTES RETORNAD@S, DA QUE A PLATAFORMA DE COMPOSTELA FAI PARTE, CONVOCA UNHA MANIFESTACIÓN NACIONAL PARA O MÉRCORES DÍA 26 DE ABRIL ÁS 11´30h. EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, QUE SAIRÁ DA PRAZA PRATERÍAS, CON REMATE NA RÚA DO HÓRREO, DIANTE DO PARLAMENTO DE GALIZA.

 

Dende a Plataforma de Emigrantes Retornados de Compostela facemos un chamamento a partidos políticos, sindicatos, inmigrantes e colectivos sociais e a sociedade galega en xeral, a participar na manifestación convocada, baixo o lema: XUSTIZA E IGUALDADE, que centrará as nosas reivindicacións na esixencia da paralización da lei Montoro e a urxente modificación das leis tributarias.

A EMIGRACIÓN GALEGA RETORNADA QUE VIMOS SUFRINDO O ESPOLIO DAS NOSAS PENSIÓNS POR PARTE DA FACENDA ESPAÑOLA, NON ACEPTAMOS ESTA INXUSTA E DISCRIMINATORIA SITUACIÓN E PIDE A SOLIDARIEDADE DE TODA A CIDADANÍA CON ESTE COLECTIVO DE MÁIS DE 250 MIL MULLERES E HOMES FORZADOS A EMIGRAR POLA DICTADURA FRANQUISTA CANDO ERAMOS MOZOS E ESTAFADOS E MALTRATADAS POLO REINO DE ESPAÑA O VOLTAR A TERRA, XA XUBILADOS.

No mes de setembro do ano 2013 O Pleno do Parlamento Galego aprobou por unanimidade dous puntos dunha moción do BNG que recollía ás propostas da Coordinadora de Plataformas de Emigrantes Retornad@s para por fin ao espolio tributario da Axencia Tributaria a conta das pensións de invalidez e das pensións de Alemaña. Hai un terceiro punto da moción do BNG que o PP rexeitou: a modificación da lei 35/2006, que é a clave para dar solución o noso problema. Dáse un pequeno paso e recoñécese que temos a razón, pero négasenos por parte do PP reparar a inxustiza e a discriminación que sufrimos miles de galegos e galegas. Até o día de hoxe nin o ministro de facenda Cristóbal Montoro, nin o goberno galego e español explicaron que actuacións van realizar para darlle cumprimento a estes acordos. Papel mollado. Porén, malia considerarmos un pequeno trunfo das nosas mobilizacións este posicionamento do Parlamento Galego, hai que recordar que fai apenas 3 anos e medio aínda eramos defraudadores sobre os que tiña que caer todo o peso da lei, e hoxe xa nos deron a razón en moitas das nosas posicións, lamentamos profundamente que o PP aínda non entre en razón e non acepte a modificación da lei 35/2006 para resolver de forma definitiva o problema da nosa tributación, de forma clara, e sobre todo xusta e equitativa e que tampouco acepte frear esta infamia á que lle chaman regularización e que nós rexeitamos.

Desde a Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornad@s, da que a Plataforma de Compostela fai parte, anunciamos que ademais de estarmos vixiantes para que se cumpran todos os acordos o antes posíbel e se devolvan todos os cartos cobrados indebidamente, e polo tanto espoliados, tamén seguiremos demandando e loitando na rúa pola modificación da lei, que é a chave para conseguirmos xustiza de trato nos nosos impostos. Reiteramos unha vez máis ás nosas demandas:

1. A modificar a maior brevidade posíbel a Lei 35/2006, garantíndolles unha tributación xusta e igualitaria ás pensións percibidas no estranxeiro e idéntica a do resto dos e das pensionistas, evitando a discriminación que supón o feito de ter dous pagadores e evitando prexuízos de dupla imposición. Establecendo un sistema claro e sinxelo e garantindo non se aplique con carácter retroactivo.

2. A axilizar a devolución de oficio de todos os cobros indebidos realizados até este momento a todos e todas as emigrantes retornados e singularmente a todas aquelas persoas que percibiron pensións procedentes de Alemaña, que con anterioridade ao ano 2013 estaban exentas de tributación no Estado Español segundo o artigo 19 do convenio hispanoalemán tal como acreditan numerosas sentenzas xudiciais do TXSG, sen que teñan que preitear individualmente para que se lles repare o seu dereito

3. O mesmo en relación coas persoas que acrediten ter unha declaración de incapacidade equiparábel á absoluta ou gran invalidez, exentas segundo o disposto no artigo 7 da Lei 35/2006, establecendo para tal acreditación un método áxil e eficaz. Que se resolvan, de inmediato, as centos de peticións presentadas nas oficinas da AT en Galiza por emigrantes retornad@s nas que solicitan que se proceda a reclamar do Instituto Nacional da Seguridade Social a realización do correspondente informe pericial sobre a correspondencia en grado da incapacidade laboral recoñecida ao interesado no país no que estivo emigrado.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..