Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 
Asisto atónito aos últimos movementos da esquerda Española e pregúntome como pretendemos cambiar nada se coas actitudes que se adoptan ofrécese un estado de inseguridade ao cidadán que se refuxia continuamente no menos malo antes de tentar cambiar as posibilidades da súa vida por medo a empeorar aínda máis 
 
Isto ocorre porque a imaxe de ruptura e a insensatez dalgúns personaxes políticos fan que a dereita sexa cada vez, e unha e outra vez, a única saída que se lle deixa ao cidadán, caendo ademais no erro de non facer autocrítica e despexar o erro sempre cara á cera de en fronte
 
Asistimos atónitos á crise radical de PSOE que veremos ata onde os leva, e se os ata agora incompetentes políticos da sua mesma franxa ideolóxica saben aproveitalo, moito témome que a estocada sexa de morte. Baixándoo  máis municipal vemos como un señor que se dedica a facer propaganda anti PP como é Abel Caballero deixa ao descuberto que as súas manifestacións son só iso, populismo e propaganda, posto que á hora da verdade termina apoiado e forma parte do sector do PSOE que quere pactar co PP...."ten que gobernar a lista máis votada"....chegou a dicir, sen establecer o máis mínima análise de cal é o tipo de democracia do noso país
 
O anterior dígoo porque debemos de lembrar que estamos nunha democracia parlamentaria, e non se elixe nin presidente, nin partido gobernante, elíxese un parlamento, e é despois ese parlamento electo quen elixe ao presidente e este ao seu goberno, o señor Caballero é un hipócrita e perdeu a pouca credibilidade que lle quedaba tras os casos de corrupción que lle axexan 
 
Outro caso para estudar é o dos parlamentarios electos  en Galicia de Podemos. Dinnos que deben integrarse na marea porque é o espazo electoral adecuado para botar ao PP, cuestión que non se consegue, e dandose o caso de que xa non é posible botar do goberno autonómico ao partido de dereitas nomeado, non toman a iniciativa de disolver o pacto de integración dentro de marea para facer visible ao partido e para propoñer as políticas do programa morado, resulta que agora din que o espazo político é o de marea para facer esas propostas, co que podemos Galicia de facto está desaparecido...o único que les importa e a sua cadeira 
 
Isto lévanos a que nos atopemos en Galicia nunha situación moi peculiar, o PSOE case non existe, Podemos Galicia está desaparecido, e as únicas forzas alternativas son o BNG coas súas formulacións ideolóxicas nacionalistas, e a Marea que resulta ser unha espazo pseudo-nacionalista igual ao que ocupaba AGE, sendo os seus líderes máis destacados Noriega Martiño militante de Anova (nacionalista), Xulio Ferreiro ex militante da parte máis radical do BNG nas súas mocidades, ou Luís Villares proveniente do mesmo espazo ideolóxico....¿e os votantes de esquerdas federalista?, ¿os Galeguistas non nacionalistas?, ¿os votantes dunha esquerda máis moderada?.....todos eses votantes que poden facer se o PSOE-PSdG e podemos Galicia neste momento non son referencia de nada....sen dúbida é hora de buscar solucións ou temos dereita para moitos anos
 
Carlos Gonzalez Armada
Voceiro de XUNTOS Podemos

Artículo Periodístico 1.272º: “Cuestiones sobre accidentes de tráfico, II”.

21-06-2018 Votos:27 jmm caminero Xornal de Galicia

Estimo que quizás, no todas las ideas o sugerencias que expongo tengan suficiente valor y verdad, muchas ya estarán aplicadas... .+

A contracorriente. ¿Qué está usted dispuesto a pagar?. Enrique Arias ­Vega

21-06-2018 Votos:32 Por Enrique Arias Vega Xornal de Galicia

Una noble ola de generosa solidaridad recorre España. Estamos dispuestos, en principio, a recoger a todos los inmigrantes que se... .+

DIOS NOS LIBRE DEL MINISTRO DEL INTERIOR ITALIANO

20-06-2018 Votos:38 Juan de Dios Ramírez Heredia Xornal de Galicia

Se veía venir. Más tarde o más temprano sabíamos que sucedería. Conocemos muy bien cómo se las gasta la Liga... .+

La medalla falsa de Iñaki y Cristina.

19-06-2018 Votos:40 Por Domingo Sanz Xornal de Galicia

Leo en la prensa de Mallorca que el Govern Balear ha decidido, por primera vez en la historia, retirar a... .+

CENAR EN EL MUSEO CON VARGAS LLOSA / JOAN LLOPIS TORRES

18-06-2018 Votos:129 Joan Llopis Xornal de Galicia

Para cuando al final de una comida en un restaurante adornado de lujos y cuadros caros, alfombras y personal dispuesto... .+

Un cambio que lo envuelve todo

18-06-2018 Votos:56 Opinión Xornal de Galicia

Hoy en día podemos encontrar todo tipo de alimentos frescos en cualquier momento del año en nuestro supermercado. La variedad... .+

“España, medios, lenguas, música, invitados Elvira Roca y JC Ortega, belleza, moda, praderita, racismo, narcisismo…”.

18-06-2018 Votos:62 Opinión Xornal de Galicia

Sra. Pepa Fernández, directora y equipo de "No es un día cualquiera", programa de Radio 1-Radio Nacional de España (RNE... .+

Artículo Periodístico 1.263º: “¿Idea posible para aumentar la seguridad en la ciudad?”.

14-06-2018 Votos:72 jmm caminero Xornal de Galicia

 Soy un lego en estos temas, por tanto, no sé si la siguiente cuestión tendrá algún valor o no. Pero... .+

Poco a poco hacia la República. Domingo Sanz

14-06-2018 Votos:79 Por Domingo Sanz Xornal de Galicia

Con una ignorancia casi olímpica constatamos que la prensa VIP responde a su obligación de informar sobre lo relevante cuando... .+

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi