INFRADEMOCRACIA

25 Julio 2018  Sección; Opinión 495 votos

Na súa obra " O Futuro da Democracia ", o gran xurista e pensador italiano Norberto Bobbio afirmaba que o principio máis importante nunha democracia non era o consenso senón o disenso, principio có cal estou totalmente dacordo porque é a mostra da pluralidade de pensamento e marca o paso previo ó axioma dialéctico hegeliano perfecionado por Marx. No sistema actual, o pensamento dominante impón unha post-verdade onde as relacións económicas e humanas se basean exclusivamente no consumismo e o radicalismo do libre mercado deshumanizando deste xeito ás persoas convertíndoas en meros seres consumistas. Este pensamento tivo o seu auxe nos anos oitenta nas políticas aplicadas por Ronald Reagan e Margaret Thatcher onde os verdadeiros " intelectuales " do chamado absolutismo liberal non foron outros que Milton Friedman, cabeza visible da chamada " Escola de Chicago ", Fukiyama coa súa obra " O fin da Historia " e Karl Popper có seu libro " A sociedade aberta e os seus enemigos ", autores que atacan sen piedade o intervencionismo do Estado na economía, abogando dende as súas teses polo coñecido como " Estado mínimo ".
 
Este modo de pensamento, que alardea de protexer a liberdade individual contra o despotismo do Estado, parte de premisas, dende o meu punto de vista, equivocada posto que a primeira na que se sustenta non é outra que nunha desregularización do mercado e na privatización de tódolos sectores económicos. Voltando a Bobbio, argumentaba que ainda que a Democracia era unha fórmula política imperfecta todavía estaba en construcción e era necesario profundizar nas súas contradiccións e sobre todo, neses espazos de sombra que o propio capitalismo e a súa ala radical que non é outra que o neoliberalismo se afana en implantar, desvirtuando a esencia do goberno do pobo polo goberno das élites económicas ( plutocracia ).
 
Non existe na actualidade un so estado que non posea poderes ocultos ao propio pobo no que se sustenta, non existe na actualidade ningún esta
do democrático que se vexa influenciado de xeito maximalista polas élites económicas globáis sempre de costas ao propio pobo onde reside a soberanía nacional. A transparencia, das tomas de decisión dos gobernos, a rendición de contas ante o corpo soberano debe ser un dogma irrefutable porque a democracia sen transparencia racha o contrato social entre gobernantes e gobernados. Ocultar a verdade por intereses carentes de ética humana é un ataque na línea de flotación da democracia, que aumenta xeométricamente a posibilidade da corrupción. Aqueles que dende a súa perspectiva neoconservadora do mundo predican contra as ideoloxías, fanno paradóxicamente dende unha forte carga ideolóxica e de pensamento único. Nos últimos anos temos acudido a unha crise económica global que, ao meu xuizo, foi deseñada polas élites económicas mundiáis para concentra.lo capital nesas propias élites que a causaron, profundizando na brecha distributiva da riqueza có fin de cristalizar ainda máis no control do poder económico e, por ende, político.
 
A día de hoxe existe un intento que cada vez máis está calando máis na opinión pública que non é outra de que os diferentes gobernos en tódolos ámbetos territoriáis deben ser meros xestores dos recursos existentes para maximizar os rendementos dos mesmos e aumenta-la productividade da sociedade. Isto zona ben nun principio pero a pregunta que xurde ante isto é o seguinte ¿ maximiza-lo rendemento e aumenta-la productividade para quén ? Unha democracia non é tal se non existe unha redestribución xusta da riqueza que evite oligopolios ou loobies que poidan ter maior influencia na política que o corpo soberano. Polo tanto, a democracia real está ligada e se vertebra dende a transparencia dos actos dos gobernos e da redistribución xusta da riqueza que redunde na máxima igualdade posible.
 
Non existe igualdade política ou xurídica sen igualdade económica, non existe democracia mentras o belicismo sexa a seña de identidade das grandes potencias porque as guerras provocan explotadores e explotados e evitan o avance político, social e económico nos países agredidos polo expolio dos seus recursos nacionáis e unha gran inestabilidade xeopolítica nas zonas de conflicto. O panorama global é bastante crítico debido a que as chamadas democracias avanzadas onde os cidadáns votan cada certo tempo  a unhos representantes determinados que transgreden moitas veces o pactado nos seus programas e aplican políticas contrarias ao mandatado polo corpo electoral lévame a pensar que nas constitucións modernas debe existir unha disposición revocatoria por estafa política, por incumprimento do acordado, así como a introducción na educación dunha asignatura de participación cidadá,
 
A democracia non soamente é votar cada certo tempo senón manter a tensión participativa e a fiscalización diaria por parte dos pobos dos actos políticos.
 
Quenes negan as ideoloxías son tamén ideólogos, quenes predican a tecnocracia reducen a res política a un grupo de expertos, xestores, científicos que ainda que semella unha idea suxestiva non deixan de ser seres humanos cós seus perxuizos e as súas ideoloxías. Que ninguén se esqueza que durante o Nazismo, foron os técnicos ( matemáticos, físicos, químicos, médicos,,, ) moitos deles premios nóbeles quenes se adheriron con gran  fervenza ao réxime xenocida mentras que os historiadores, literatos e filósofos quenes máis se opuxeron a dito réxime.
 
En democracia non todo vale, a liberdade, a fraternidade e a igualdade non se venden. Semella obvio pero a nosa realidade infrademocrática nos demostra o contrario :logo de máis de 200 anos despóis da Revolución Francesa seguimos pelexando por conquerir eses valores.Quen non se sinta un igual non sirve para gobernar, quen non sinta ao seu próximo un irmán non sirve para convivir, quen non crea na liberdade .e un escravo da súa intransixencia.
 
Xesus Carlos del Rio
Secretario Xeral de Actúa Galicia
(Xuntos Actúa)

El PSOE de Susana contra Pedro o como perder Andalucía.

Reconozco que he tardado varias horas en recuperar el equilibrio tras la ráfaga de desasosiegos que me tumbó cuando, sin...

¿PORQUÉ LLEGÓ VOX?

Vox no aparece por generación espontánea, no es un movimiento de la calle a causa de la crisis, no es...

A contracorriente A Vox le hacen la propaganda sola. Por Enrique Arias ­Vega

Sin quitar ningún mérito al equipo de comunicación de Vox, al partido de Santiago Abascal todos sus enemigos le han...

Artículo Periodístico 1.466º: “Academia de Poetas Americanos”.

Academy of American Poets o Academia de Poetas Americanos es una organización sin ánimo de lucro de apoyo a la...

La Justicia española es un peligro para la democracia.

Hablando de Justicia, asumo que el título pueda parecer injusto por generalizador, pero solo debería molestar a quienes tengan mala...

A contracorriente.... Los inmigrantes de Trump. Por Enrique Arias ­Vega

A partir del sábado, un nuevo presidente mexicano de izquierdas, Manuel López Obrador, se encontrará con el marrón de los...

Artículo Periodístico 1.457º: “¿Por qué el señor Iglesias va a ser presidente de gobierno dentro de cinco años?”. …

 Pronosticar un resultado sociopolítico para dentro de cinco o seis años, es decir, para dentro de dos legislaturas después de...

LAS LUCES DE ABEL

Los que critican a Abel Caballero por la luces de navidad, o por el bochornoso espectáculo del sabado, siguen sin...

Cien segundos de oro.

En ocasiones pasan cosas que consiguen que lo que vemos por la tele parezca de verdad. Nos ocurrió el tercer...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi