Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Onte dia 19 de abril naceu en Madrid a plataforma de opinion política ACTUA, encamiñada a ser un nexo de union entre todas as forzas políticas de esquerda para derrocar dunha vez por todas ao partido popular, niño de corrupcion e neo-liberalismo. 
 
Esta plataforma nace co impulso de personalidades como o xuíz Baltasar Garzón, que pretende liderar a batalla contra a corrupcion, acompañado de Gaspar Llamazares membro de Esquerda Unida e portavoz da corrente interna do devandito partido chamada Esquerda Aberta, tamén participan figuras destacadas como a avogada Cristina Almeida, ou o exdirector da Unesco, Federico Maior Zaragoza, tamen o escritor e excandidato de EU á Presidencia da Comunidad de Madrid Luís García Montero; ou a xornalista Teresa Aranguren. Por Galicia foron convidados a representar este espazo de rupturismo e unidade da esquerda o presidente de Ferrol en Comun Carlos Do Río, o portavoz de Xuntos Podemos Carlos Armada ou o destacado avogado ourensá e membro da comisión de garantias de Podemos Galicia Eladio Medel
 
Desde ACTUA a primeira cuestión que se expón de forma inapelable é a posibilidade de que "as forzas do cambio" fagan unha moción de censura contra o Goberno de Mariano Rajoy, xa que entende a plataforma que tras coñecerse que será chamado a declarar como testemuña no xuízo do caso Gürtel, o presidente do goberno xa non esta capacitado ética nin moralmente para dirixir un goberno, non tanto pola súa declaración como testemuña, xa que é tan só iso, unha testemuña, senón porque a acumulación de causas de corrupcion existentes no partido popular, a constancia reflectida nas declaracións dos propios fiscais deste caso que dan por certo de forma inapelable a existencia de caixa B do partido popular, e a situación global de España a nivel económico, non soportan que un presidente sexa nin tan sequera testemuña nun caso deste tipo, xa que o feito de ter que ser testemuña é que se presupón que coñece cuestións esenciais para a causa, e un presidente de goberno non pode estar implicado de ningún xeito nesta trama e menos coa bagaxe acumulada polo seu partido con anterioridade, e simplemente inadmisible....como dixo Llamazares, "agora que tanto se fala da trama, dentro da trama hai un nó, e o nó desta trama é o goberno de Rajoy e do PP".
 
En Actúa, hai un ardua traballo por diante. Actua é "un proxecto cívico, social e político que pretende compartir coas esquerdas unha alternativa ao escándalo" do PP e evitar a resignación e a decepción. A plataforma busca favorecer o diálogo na esquerda, unha esquerda (por certo) que non está nestes momentos moi sobrada de diálogo. Temos que deixar de mirarnos continuamente o embigo, temos que unirnos, cada un dentro da súa identidade e sen categorias, sen postular que un é mais de esquerdas que outro, ou que uns teñen mais dereitos ou privilexios que outros, temos que preservar o ben comun, o traballo polas necesidades dos de abaixo, e realizar políticas mais progresistas, e para iso é fundamental derrocar ao PP, e é necesario un espazo que favoreza ese dialogo, e é necesario que exista unha alternativa que poida funcionar como catalizador para todas estas preocupacións da sociedade
 
No ámbito galego, os que fomos convidados a participar neste lanzamento do dialogo social da esquerda buscamos crear un espazo onde de verdade exista dialogo sen necesidade de pelexas por posturas electorais, un espazo que se desvirtuou dentro de EnMarea desde o primeiro momento pola brusquidade de cada espazo propio de cada partido, que buscou mais o seu interese electoral que o ben comun....onde a unica persoa que cedeu das súas propias siglas e intereses, (aínda que o fixo dunha forma desafortunada que laminou dereitos e ilusións de moita xente), foi Pablo Igrexas, onde a loita polo poder instalouse claramente na nova concepción da Marea e desembocouna nun claro estado de descomposición que debe de ser rexenerado, debe de ser potenciado e ampliado, e debe de levar a que todas as forzas de esquerda únanse dunha vez por todas nun espazo comun que derroque á corrupta dereita.
 
 Actúa pode ser ese canalizador de dialogo e se Podemos realiza ben esta transición pode ser o catalizador electoral....haberá que ver que pasa co PSOE e como reacciona o noso partido. Veremos se de verdade e dunha vez por todas conséguese que a esquerda poida funcionar unida e fágao a nivel nacional, sen importar quen é quen, nin de onde vén quen, simplemente importando as políticas económicas e sociais que redunden nun maior benestar social, nunha melloría dos dereitos e as liberdades do pobo, e nunha maior igualdade e equidade social 

España y Pedro Sánchez

15-07-2018 Votos:35 Opinión Xornal de Galicia

Nunca hubo políticos tan mediocres en España, y los hubo felones, irresponsables, impresentables y traidores en la larga historia de... .+

SIN DEBATE, PABLO CASADO FRACASARÁ (De mi puño y tekla)

15-07-2018 Votos:21 Por José-Tomás Cruz Varela Xornal de Galicia

Difícilmente habremos leído una entrevista más insulsa que la publicada el pasado viernes, 13 en un diario de tirada nacional... .+

ALEMANIA DESCUBRE LAS VERGUENZAS DE LA JUSTICIA ESPAÑOLA

13-07-2018 Votos:31 Por Carlos Gonzalez Armada Xornal de Galicia

(Caso Puigdemont, Referendum 1-Oct, ni rebelión, ni sedición) La justicia prevé, en teoría, que cualquier ciudadano tenga las garantías de un... .+

“Hai mulleres”

13-07-2018 Votos:43 Por Julio Fernández-Sanguino Fernández Xornal de Galicia

Julio F-Sanguino Fernández El 10 de julio de 2018 se inauguró en la Capilla de Santa María de Lugo la exposición... .+

Artículo Periodístico 1.299º: “Cuestiones sobre accidentes de tráfico, V”.

13-07-2018 Votos:32 jmm caminero Xornal de Galicia

Un artículo se puede afrontar de muchas maneras y formas, ser más elevado o exquisito a nivel literario o periodístico... .+

¿QUE ES EL ESPACIO ACTUA?

12-07-2018 Votos:45 Por Carlos Gonzalez Armada Xornal de Galicia

Existen muchas dudas en muchas personas...electores, políticos, prensa, etc, de que es actua, o mejor dicho, que es el espacio... .+

Los gitanos. Hemos pasado de ser comparados con Dios a dirigir el Centro de Investigaciones Sociológicas

11-07-2018 Votos:43 Juan de Dios Ramírez Heredia Xornal de Galicia

¡Válgame Dios! En tan solo una semana la opinión publicada española se ha visto conmocionada porque Paula Echevarría ha dicho... .+

¿Un pacto para republicanizar España?

10-07-2018 Votos:44 Por Domingo Sanz Xornal de Galicia

El 16 de junio, es decir, ya sin Rajoy en La Moncloa, leí en LOC de El Mundo, esa “mierda”... .+

PRIMARIAS DEL PP, CONSECUENCIAS Y CACICADAS (De mi puño y tekla)

10-07-2018 Votos:41 Por José-Tomás Cruz Varela Xornal de Galicia

Tal como la mayoría esperaba, aunque por escasa diferencia, la ex vicepresidenta del Gobierno, Soraya Sáenz de Santamaría, ganó las... .+

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi