O alcalde de Ponte Caldelas afirma que só atopou partidismo, persoalismo e localismo diante da súa proposta de estudar a fusión con Cotobade

Ponte Caldelas, 6 de abril de 2016

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, lamenta a resposta partidista, localista e persoalista do seu colega de Cotobade, Jorge Cubela, despois da oferta lanzada para encargar conxuntamente á Deputación Provincial un estudo sobre a “fusión natural” dos municipios de Ponte Caldelas e Cotobade. Un proceso que, segundo a oferta formulada, debería comezar pola análise técnica de todos os factores que confluirían no nacemento dun municipio de máis de 10.000 habitantes para poder “xogar” na Primeira División do municipalismo provincial.

As declaracións que onte fixo o primeiro edil de Cotobade son, a xuízo de Andrés Díaz, “moi decepcionantes”. Diante dunha oferta para comparar tecnicamente os escenarios de fusión de Ponte Caldelas-Cotobade e Cotobade-Cerdedo, Cubela evidenciou a súa absoluta falta de argumentos. “O importante”, explica Díaz, “non é que diga que non se fía de min, o importante é que non se fía dunha institución como a Deputación Provincial e, sobre todo, que non quere que se faga un estudo serio que compare os escenarios de posibles fusións”. “Quere ocultarlle aos seus propios veciños a información que precisan para decidir se lles interesa fusionarse e, sobre todo, con quen lles interesa fusionarse”, conclúe.

O alcalde de Ponte Caldelas tira as seguintes conclusións das declaracións de Jorge Cubela: En primeiro lugar, vai seguir fuxindo cara adiante co seu proxecto de “fusión a cegas con Cerdedo”. En segundo lugar, admite que só unha vez fusionados barallarían unha unión con Ponte Caldelas, pero presentándoa como unha absorción en termos de superioridade, o que deixa claro que non fala en serio. A continuación aclara que está moi preocupado por que a capitalidade quede en Carballedo. E, non contento con isto, bota contas dos concelleiros que lle corresponderían ao PP para insinuar que él sería o alcalde.  En conclusión: un delirio de partidismo, localismo e persoalismo, todo en un.

Andrés Díaz quere deixar claro que en Ponte Caldelas só interesaría unha fusión se permite  superar os 10.000 habitantes, se é beneficiosa para os veciños e se é participativa e refrendada nas urnas nas próximas Eleccións Municipais.  E, aínda máis, se o proceso comeza coa elaboración de informes técnicos imparciais e rigorosos que acheguen os datos que permitan demostrar a mellora na prestación dos servizos municipais.

“Jorge Cubela é un alcalde democrático e non debería comportarse como un señor feudal que só busca acumular territorio aproveitando a xubilación do seu colega de Cerdedo”, declara Díaz. “Ao final terá que dar contas da súa xestión e as súas decisións unipersoais, pero se quere falar con Ponte Caldelas en serio debe cambiar de actitude”. “O seu estilo xa quedou en evidencia coa reacción da Plataforma veciñal pola mellora da estrada de Ponte Caldelas a Cotobade, que saíu publicamente a enmendarlle a plana por ter manipulado partidistamente os contidos e acordos da última xuntanza”. Unha crítica que Andrés Díaz considera moi merecida.

"A miña relación persoal con Cubela é  moi boa e non quero perxudicalo senón axudalo", manifesta o Alcalde de Ponte Caldelas.

 

ALCALDÍA

CONCELLO DE PONTE CALDELAS

Avda. de Galicia, 17

36820 Ponte Caldelas

Tlf. 986 75 00 01/13

El motivo de la bajada del límite de velocidad en las vías convencionales, Por Diego Fierro Rodríguez

Mediante el Real Decreto 1514/2018, de 28 de diciembre, por el que se modifica el Reglamento General de Circulación, aprobado...

Elecciones 1. El momento demoscópico de partida.

Convocadas las generales más inquietantes de esta monarquía con urnas que tenemos, no hay que dejarse nada en el tintero...

Inicio del juicio contra la Causa General catalana. La Monarquía, ¡al banquillo!

El 1 de febrero se realizará el traslado de los presos a Madrid y previsiblemente, el 5 se iniciará el...

CARMELA SILVA, EJEMPLO DE POLITICA ANTIDEMOCRATA, CORRUPTA Y MENTIROSA

Dice Carmela Silva que ella es una política ejemplar, sin tacha, que nadie puede decir nada de ella, que lo...

PROHIBIDO LEER EN LA TRIBUNA DEL CONGRESO DE LOS DIPUTADOS

Lo que les voy a contar forma parte de mis recuerdos más señalados de la maravillosa etapa que me todo...

“Amo a España”, dijo Junqueras.

“Y por eso defiendo la independencia de Catalunya”, siguió diciendo, mientras prestaba declaración en su juicio supremo tras cientos de...

Artículo Periodístico 1.554º: “¿Existe la belleza utilizada para el mal, V?”.

¿Podemos pensar que unir belleza, alta belleza, de frases o ideas o imágenes o música a un mensaje negativo, maléfico...

El juicio de los siglos y el día que no se imaginó.

Son las 04:30 a.m. del 14 de febrero de 2019 y no puedo dejar de pensar en el juicio más...

A contracorriente. La concentración de “las tres derechas”. Enrique Arias Vega

Me siendo incapaz de valorar el resultado numérico —y menos aún la incidencia política— de la concentración patriótica en Madrid...

Otros articulos relacionados.....