Esta é aquela canción tan pegadiza de Xuxa, que describe á perfección o que está acontecer nas configuracións das coalicións electorais para as eleccións europeas no marco de En Marea e compoñentes.

         Seguindo na similitude da canción, Villares quere bailar coa amiga Oltra que tamén é amiga de Podemos. Pero en Anova queren bailar con Otegui amigo de Pontón,  e Pontón  non quere bailar con Beiras, o mesmo tempo Martiño quere bailar con Ada Colau, e tristemente Errejón non quere bailar co amigo Pablo pero si con Carmena e Villares, que se cree bo mozo quere bailar con Más Madrid.  Ó final está claro, Uh Vaia lío, como dicía  a canción.

 

         Pode ser ata divertido, en Galicia gustamos de bailar nas verbenas pero o problema está en que estes todos queren bailar pero pouco pensan en Galicia que está na casa. Que beneficio terá Galicia en esta foliada de baile libre? Ningún, outra vez a Marea e o seu entorno traballando en prol do seu e non en prol do beneficio dos galegos e galegas, aínda que case é mellor que colocar a unha activista antivacinas en Bruxelas.

         O drama non remata no baile, logo de despexar as parellas podemos asistir a que na campaña electoral un candidato ás municipais do denominado espazo rupturista, teña que pedir o voto para papeletas diferentes, ou máis grave para papeletas contrapostas, ou membros da mesma lista dun Concello traballando activamente para candidaturas distintas en Europa, uh vaia lío.

         Mais a realidade é que non lles importa Europa, so no exótico de ir a ver a camaradas de fora de Galicia, porque alguén imaxina que sexan capaces dende En Marea de falar de Europa ou dos problemas da xente que afectan dende Estrasburgo  cando levan 4 anos falando de si mesmos e denunciándose entre eles, sen falar de Galicia?

         Contra esta ensalada de probas e egos, outras forzas están traballando na reedición de GALEUSCA como medio de reforzar a Europa dos Pobos, fronte a unha onda expansiva de recentralización de homoxeneización do discurso de dereita e extrema dereita de Europa ó que o estado español non é alleo. CxG, PNV  e PDeCAt poden reeditar unha fórmula de traballo, unha coalición que pense en Galicia e sitúe en Bruxelas problemas con nome e apelidos, como fixo estes últimos 5 anos co traballo de Izaskum Bilbao. Unha forza con presenza nos partidos europeístas e que queren bailar con Galicia o resto como di a canción é un lío.

         Piñeiro Docampo

Sº Xeral de CxG.

El motivo de la bajada del límite de velocidad en las vías convencionales, Por Diego Fierro Rodríguez

Mediante el Real Decreto 1514/2018, de 28 de diciembre, por el que se modifica el Reglamento General de Circulación, aprobado...

Elecciones 1. El momento demoscópico de partida.

Convocadas las generales más inquietantes de esta monarquía con urnas que tenemos, no hay que dejarse nada en el tintero...

Inicio del juicio contra la Causa General catalana. La Monarquía, ¡al banquillo!

El 1 de febrero se realizará el traslado de los presos a Madrid y previsiblemente, el 5 se iniciará el...

CARMELA SILVA, EJEMPLO DE POLITICA ANTIDEMOCRATA, CORRUPTA Y MENTIROSA

Dice Carmela Silva que ella es una política ejemplar, sin tacha, que nadie puede decir nada de ella, que lo...

PROHIBIDO LEER EN LA TRIBUNA DEL CONGRESO DE LOS DIPUTADOS

Lo que les voy a contar forma parte de mis recuerdos más señalados de la maravillosa etapa que me todo...

“Amo a España”, dijo Junqueras.

“Y por eso defiendo la independencia de Catalunya”, siguió diciendo, mientras prestaba declaración en su juicio supremo tras cientos de...

Artículo Periodístico 1.554º: “¿Existe la belleza utilizada para el mal, V?”.

¿Podemos pensar que unir belleza, alta belleza, de frases o ideas o imágenes o música a un mensaje negativo, maléfico...

El juicio de los siglos y el día que no se imaginó.

Son las 04:30 a.m. del 14 de febrero de 2019 y no puedo dejar de pensar en el juicio más...

A contracorriente. La concentración de “las tres derechas”. Enrique Arias Vega

Me siendo incapaz de valorar el resultado numérico —y menos aún la incidencia política— de la concentración patriótica en Madrid...

Otros articulos relacionados.....