ALGUÉN VIRÁ QUE BO ME FARA

24 Septiembre 2018 429 votos

     E moita a mitoloxía e a tradición que fala de guerreiros que vencen batallas despois de mortos, sen ir máis lonxe a batalla de Alcocer disque foi vencida polo Cid xa morto.

 

É un feito simbólico dedicado a unha vitoria de xente xa retirada de moitos dos eidos do día a día que consideran poden retornar co éxito renovado. Mais moi mal ten que estar a política dalgunha cidade galega, para que o actual e “renovado” PSOE recorra a esta práctica, con figuras importantes no seu día e coido eu xa amortizadas. Que se entenda ben que eu non digo que os señores Bugallo e Laxe sexan dous defuntos, non. Mais quizais si puideran ser uns zombies políticos. Bugallo leva 7 anos fora da acción política da Capital e Laxe pois o éxito relativo foi ven lonxe no século pasado entre 1987 e 1990. Os que nacían aquel ano xa teñen nas eleccións 29 anos, e votaron unhas cantas veces.

Esta é a renovación da que fala o PSOE de Galicia? Claro dirán experiencia, acaso non temos xente nova preparada? Ou  máis ben non ten o PSOE mellores cadros?

            O que realmente sorprende, e deixa bastante mal ós gobernos do “cambio”, é que poidan ter opcións de éxito contra aqueles que viñan a mudalo todo, case pode ser un fito de aquilo que di: alguén virá que bo me fará. É no fondo una situación que fala ás claras de que Galicia precisa outra cousa, as segundas partes xa se sabe o que din … e a maiores os actuais rexedores  xa vemos como son cando se pretende, con opción a, retraer a acción política a  moitos anos atrás valorando o éxito, algo da túa xestión falla.

            O problema de fondo non é outro que o PSOE está lonxe da realidade da xente e das cidades, lonxe dos obreiros e da clase traballadora, lonxe do progreso de Galicia, este é o síntoma claro, ou alguén pensa en que estas persoas  son portadoras de  novas ideas? As tutelas de Madrid marcan moito a acción de moitos partidos e confluencias, mais nada boas son para o avance de Galicia, precisamente o camiño ten que ser o contrario.

            De todos xeitos é de recibo desexar sorte a estes novatos da política galega e ver que aire fresco traen para os debates e a visión de futuro das cidades. Esta xente que non esta moi ó día de Facebook e Instagram, pero seguro aplicaran de bo grado as instrucións do líder madrileño Pedro Sánchez, convertido nunha sorte de Kenedy español, que pouco ou nada pensa en Galicia.

            Galicia precisa de menos espectáculo, e máis política galega, menos portadas e máis camiño galeguista, máis pisar País con pés na terra e xente nova.

Piñeiro Docampo

Sº Xeral de CxG

El motivo de la bajada del límite de velocidad en las vías convencionales, Por Diego Fierro Rodríguez

Mediante el Real Decreto 1514/2018, de 28 de diciembre, por el que se modifica el Reglamento General de Circulación, aprobado...

Elecciones 1. El momento demoscópico de partida.

Convocadas las generales más inquietantes de esta monarquía con urnas que tenemos, no hay que dejarse nada en el tintero...

Inicio del juicio contra la Causa General catalana. La Monarquía, ¡al banquillo!

El 1 de febrero se realizará el traslado de los presos a Madrid y previsiblemente, el 5 se iniciará el...

CARMELA SILVA, EJEMPLO DE POLITICA ANTIDEMOCRATA, CORRUPTA Y MENTIROSA

Dice Carmela Silva que ella es una política ejemplar, sin tacha, que nadie puede decir nada de ella, que lo...

PROHIBIDO LEER EN LA TRIBUNA DEL CONGRESO DE LOS DIPUTADOS

Lo que les voy a contar forma parte de mis recuerdos más señalados de la maravillosa etapa que me todo...

“Amo a España”, dijo Junqueras.

“Y por eso defiendo la independencia de Catalunya”, siguió diciendo, mientras prestaba declaración en su juicio supremo tras cientos de...

Artículo Periodístico 1.554º: “¿Existe la belleza utilizada para el mal, V?”.

¿Podemos pensar que unir belleza, alta belleza, de frases o ideas o imágenes o música a un mensaje negativo, maléfico...

El juicio de los siglos y el día que no se imaginó.

Son las 04:30 a.m. del 14 de febrero de 2019 y no puedo dejar de pensar en el juicio más...

A contracorriente. La concentración de “las tres derechas”. Enrique Arias Vega

Me siendo incapaz de valorar el resultado numérico —y menos aún la incidencia política— de la concentración patriótica en Madrid...

Otros articulos relacionados.....