Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

First dates 3Soy de derechas porque la derecha crea riqueza”: Así xustificaba récenteme o fillo dun empresario español, con todos os tópicos de afeccionado as touradas o Real Madrid e demais folclores, a súa ideoloxía nun coñecido programa de encontros en Cuatro Televisión, a unha posible parella que, indignada, lle espetou un: “¿La derecha qué ha hecho además de robar? ¿Crea riqueza? Riqueza para los ricos, porque a los pobres los tiene muertos de hambre.

 

O noso veciño Portugal pechou 2016 cun déficit orzamentario de 3.807 millóns de euros, equivalente a un 2,1% do PIB, o seu menor nivel desde o ano 1974 e por baixo do obxectivo do 2,5% acordado con Bruxelas, segundo o primeiro dato preliminar proporcionado polo Instituto Nacional de Estatística (INE) de Portugal. O dato de 2016 é 2,3 puntos porcentuais menor ao rexistrado o ano anterior e supón a primeira vez que o déficit luso sitúase por baixo do obxectivo do 3% fixado no Pacto de Estabilidade da Unión Europea. Para 2017, prevese un desequilibrio orzamentario do 1,6% do PIB.

Un acordo de goberno a tres partes do Partido Comunista de Portugal, o Bloco de Esquerda e o Partido Socialista portugués presididos por Antonio Costa conseguiu substituír ao conservador Pedro Passos Coelho grazas a un acordo que está a dobregar á Troika e as súas esixencias das pasadas dúas lexislaturas.

Os recortes salariais, devolveron as 35 horas semanais á xornada laboral dos funcionarios, creouse un imposto de patrimonio para vivendas de luxo de máis de 500.000 euros e suspendéronse os concertos do Estado con colexios privados en zonas onde existía un centro público, ademais de instaurar a gratuidade dos libros de texto nos primeiros cursos da educación básica.

A maioría destas medidas e outras que están en cernes non figuraban inicialmente no programa electoral dos socialistas, senón que foron arrincadas a Costa grazas ao cordo cos comunistas e o Bloco.

A este fillo de empresario “español y mucho español” apenas lle faltou concluír, aínda que seguro que o pensou e o pensa, que a esquerda xera inestabilidade, gasto inútil e desconfianza nos mercados, ó mais estilo cuñadista herdado do nacional-catolicismo dos filmes en branco e negro de Berlanga. Pois ben… o país da Eurocopa, do seu madridista Cristiano Ronaldo ou dos abusivos 758 puntos con que gañou o derradeiro festival de Eurovisión síguenos a dar datos recentes do contrario:

O 18 de Xaneiro deste mesmo ano 2017 o Tesouro portugués colocou 1.750 millóns de euros en obrigacións a seis meses e un ano, unha cantidade que superou as súas previsións e que en ambos os casos adxudicouse con intereses negativos. Segundo os datos divulgados pola Axencia de Xestión da Tesourería e da Débeda Pública (IGCP), os títulos a un ano, cos que se colocaron 1.400 millóns, adxudicáronse a un interese de -0,047 % e contaron cunha demanda que foi 1,6 veces superior á oferta. Na mesma poxa, a primeira deste ano no territorio luso, colocáronse 350 millóns de euros en obrigacións a seis meses, cun interese do -0,091 % e unha demanda que superou 3,5 veces a oferta. No caso das obrigacións a seis meses, a última poxa celebrouse tamén en novembro e naquela ocasión tivo un interese do -0,027 %.

A presión dos mercados sobre a débeda portuguesa é un indicador da confianza que xera o país, que progresou significativamente despois da recesión que viviu entre 2011 e 2013, coincidindo coa aplicación do programa de “asistencia financeira internacional”, da Troika.

Por se fora pouco onte, nunha mensaxe optimista a Comisión Europea propuxo pechar os procedementos por déficit excesivo a Croacia e Portugal, xa que ambos reduciron o buraco das súas contas públicas por baixo do 3% do PIB, límite fixado polas normas europeas.

"É un belo recoñecemento dos logros de croatas e portugueses para saír da crise, que tivo un impacto social forte", dixo o comisario de Asuntos Económicos, Pierre Moscovici. Se o Consello acepta esta recomendación, só Francia, España, Grecia e o Reino Unido manterán aberto o proceso de déficit excesivo, fronte aos vinte e catro países que en 2011 atopábanse nesa situación.

A inestabilidade, señor “fillo dun empresario español y mucho español” saiba vostede que é xerada pola mala xestión non pola ideoloxía, e a riqueza é un concepto que, como dicía o filósofo René Descartes sobre a razón e esta muller que tivo un encontro sentimental con vostede sobre como reparte a dereita, debería ser o ben mellor repartido entre as cidadás e os cidadáns, e isto último si que é ideoloxía, a ideoloxía do ben común e non a duns poucos.

Xabier Garaloces

Inscrito en Podemos Galicia

Membro de Podemos Vigo Oeste

Colaborador de Xuntos Podemos

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..